lunes, 19 de marzo de 2012

Festa das flores

A primavera está a piques de chegar, mañá mesmo xa a teremos aquí!!
No cole estamos preparándonos para darlle a benvida como é debido.
Entre outras actividades, a semana pasada fixemos un obradoiro cunha monitora que nos ensinou cómo facer unha maceta e plantar nela un caravel.
Mirade, mirade... cómo celebramos esta "Festa das flores" en cada clase:

Na clase dos caracois...


Na clase das xirafas...


Na clase das tartarugas...



Pronto poderemos levar as macetas para casa para continuar coidando os nosos caraveis e poder ver cómo crecen.

sábado, 17 de marzo de 2012

Fotos de grupo

Nas presentacións de fotos da anterior entrada había unhas de grupo que creemos que vos poden gustar, así que decidimos poñelas aquí para que poidades velas con mellor detalle.
Así que aquí vos deixamos a clase dos caracois:
A clase das xirafas....
 E a clase das tartarugas...

miércoles, 14 de marzo de 2012

Concerto Mamá Oca

Temos pendientes varias cousiñas que contarvos.
Entre outras, queremos ensinarvos a nosa primeira excursión.
Estábamos todos e todas moi emocionados e nerviosos, pero portámonos estupendísimamente!!
Encantounos ir en bus, chegar ao Palacio da Ópera (había unha cascada chulísima que nos deixou abraiados), entramos no auditorio e vimos moitos, moitíiiisimo instrumentos!!
Cando comezou o concerto estivemos moi atentos e atentas e escoitamos os contos que os músicos ían interpretando cos seus instrumentos.
A continuación vos deixamos estas presentacións de fotos para que poidades ver todo isto que vos estamos contando.



E aquí podedes vernos a todos no bus:



Xa temos ganas de facer outra excursión e dentro de pouco vos informaremos de cando será a proxima!!

sábado, 3 de marzo de 2012

Entroido

Xa fai uns días que pasou... pero agora é cando temos recopiladas todas as fotos dos nosos disfraces de pitufos!!
Así que vos deixamos dúas presentacións de fotos: unha, onde nos podedes ver desfilando, xogando, comendo orellas, filloas, rosquillas... E outra, onde nos podedes ver un pouquiño máis de cerca. 
Esperamos que vos gusten!!