domingo, 31 de marzo de 2013

LIBRO DOS ANIMAIS SALVAXES

Estamos xa quentando motores para comezar o terceiro trimestre.
Pero antes haberá que rematar o segundo como é debido!!
Para iso traémosvos nesta entrada unha mostra do traballo que os cativ@s fixeron durante este trimestre que acabamos de rematar. Como sabedes, estivemos a traballar sobre os animais salvaxes. Cada unha das clases elaborou, sobre este tema, un libro que cada neno/a poderá levar un día a casa para poder velo.
E aqueles que o queiran volver ver, poderán facelo neste blogue todas as veces que desexen.
A continuación amosámosvos unhas presentacións sobre os libros de cada unha das clases e, ademais, deixamos uns enlaces (debaixo de cada vídeo) para poder descargar o libro no voso ordenador.
Esperamos que vos guste!!

CLASE DOS CARACOIS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.




CLASE DAS XIRAFAS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.



CLASE DAS TARTARUGAS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.

lunes, 18 de marzo de 2013

DOUS AVISOS

Hoxe queremos informarvos de dúas cousas:

1- Hoxe, 18 de marzo, comeza o período de reserva ou renuncia de praza para o vindeiro curso escolar 2013-2014.
Os nenos e nenas que xa están matriculados durante este curso, xa teñen garantida a continuidade e non é necesario que fagan ningunha solicitude  (no caso de querer continuar no noso centro).
No caso de querer cambiar de colexio, en primeiro lugar deberán presentar unha renuncia por escrito no CEIP Arteixo e, a continuación, reservar praza no centro no que estean interesados en asistir o vindeiro curso.
Para máis información, pódese consultar a nota que o alumnado levou para casa clicando aquí ou ampliar a información aquí (Orde do 12 de marzo pola que se desenvolve o procedemento de admisión de alumnado).

2- Xa está dispoñible a programación da "Hora do conto" da Biblioteca Central Henrique Rabuñal para os meses de abril e maio:

domingo, 17 de marzo de 2013

PROXECTO: ANIMAIS SALVAXES

Este trimestre comezamos a traballar nun proxecto para o que vos pedimos a vosa colaboración e agora queremos amosarvos os resultados.
Trátase do proxecto sobre os animais salvaxes, co que pretendíamos que os cativ@s descubrisen novas cousas sobre os animais que viven en diferentes hábitats: a selva, a sabana, o deserto, o océano e o polo norte.
O resultado deste proxecto foi moi satisfactorio e temos varias cousiñas sobre el que vos imos ir amosando pouco a pouco.
A continuación deixámosvos cunha presentación de fotos onde poderedes ver cómo os nenos/as foron traballando para construír e recrear os diferentes hábitats de vida dos animais, ata que completamos, en cada unha das clases, o recuncho dos animais savaxes.

Esperamos que vos guste:

CLASE DOS CARACOIS



CLASE DAS XIRAFAS



CLASE DAS TARTARUGAS


miércoles, 13 de marzo de 2013

Proximamente... Visitamos o Aquarium Finisterrae!!

Para rematar co traballo que estamos levando a cabo sobre o tema dos animais salvaxes (do que pronto vos ensinaremos moitas cousas) ao inicio do terceiro trimestre iremos de excursión ao Aquarium Finisterrae de A Coruña.
Para iso, esta semana os nenos/as levaron para casa unha autorización que é preciso que traian cuberta antes de que marchemos de vacacións (22 de marzo).
A saída está programada para o xoves 4 de abril en horario lectivo.
Xa tod@s están moi ilusionad@s con poder ver ao tiburón Gastón en vivo e en directo!!!

domingo, 10 de marzo de 2013

Contacontos na Biblioteca de Arteixo

Como sabedes,  o pasado mércores 6 de marzo visitamos a Biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo para asistir a unha sesión de contacontos. Pasámolo fenomenal!!
Disfrutamos dos contos "Capitán Monstruito" e "¿No duermes osito?"; rimos un montón!!
Nesta presentación de fotos poderedes ver qué atentos/as estabamos, non quitábamos ollo do contacontos!!
Esperamos que vos guste:


E, para rematar, aquí tedes a cada unha das clases antes de marchar da biblioteca:








martes, 5 de marzo de 2013

EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA DE ARTEIXO


O mércores 6 de marzo imos de excursión á Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo.
Esta saída realizarase a media mañá e non afecta en absoluto ó horario lectivo.
Vai ser moi divertido, xa vos contaremos qué tal o pasamos!!