domingo, 30 de junio de 2013

CUMPLES XUÑO

Rematado xa o curso, non imos perder os bos costumes. Así que como hoxe remata xuño, toca felicitar aos nenos e nenas que cumpliron anos este mes, tal e como viñemos facendo ata o de agora.

Comezamos pola clase dos caracois, onde cumpliron anos Pablo B., Sabela F., Sabela F.F., e Jorge:
PABLO B., SABELA F., SABELA F.F. e JORGE



Da clase das xirafas cumpliron 5 anos Marco e Ariadna E.:
MARCO e ARIADNA E.



Da clase das tartarugas este mes estiveron de cumple Carlota e Anxo:
CARLOTA e ANXO



E, coma sempre, un pouco de música para festexar que os nosos cumpleañeiros e cumpleañeiras xa teñen 5 anos. Moitísimas felicidades!!!

viernes, 28 de junio de 2013

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

Queridas familias, lamentamos informarvos que hai un pequeno erro na lista de libros de texto que vos entregamos. Hai un número no ISBN do primeiro libro que non é correcto, por iso decidimos publicar aquí a lista correxida para evitar confusións.
Polo tanto, os libros de texto (cuadernillos) para o próximo curso 2013-2014 son:


NUBARIGENIOS MATEMÁTICAS EN ACCIÓN  (Editorial Edelvives)

PIENSA CON ARIS (3 TRIMESTRES)

1º trimestre - ISBN: 978-84-263-8830-8
2º trimestre - ISBN: 978-84-263-8831-5
3º trimestre - ISBN: 978-84-263-8832-2


Para descargar esta información para imprimir, picade AQUÍ

miércoles, 26 de junio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Si, estamos rematando xuño e a estas alturas temos pendiente amosarvos cómo foi a celebración das letras galegas, así que non imos demorar máis!!
Este ano adicouse esta celebración a Roberto Vidal Bolaño e, no noso centro, fixemos un acto no que os nenos e nenas fixeron lecturas sobre a vida e obra do autor e, a continuación, disfrutamos dunha actuación de pandeireta e baile galego. Aquí tedes algunhas imaxes:

sábado, 22 de junio de 2013

FELICES VACACIÓNS


O cole xa rematou pero en Cativadas aínda non poñemos o cartel de "pechado por vacacións".
Esperamos ter tempo estes días para amosarvos algunha cousiña que nos quedou pendente deste curso.
E, mentres tanto, esperamos que tanto nenos, nenas como familias teñades unhas moi felices vacacións!!


viernes, 14 de junio de 2013

BELELLE: vídeo dos mellores momentos

Aínda nos quedaba unha última cousa que amosarvos sobre a excursión a Belelle: trátase dun vídeo que recopila algúns dos momentos da viaxe. Lamentamos non poder ter gravado a tod@s os nen@s en todos os obradoiros, pero aínda non dispoñemos dos suficientes "medios técnicos" para facelo... De todas formas, parecíanos que estaría ben amosarvos estes anacos de vídeo que temos, xa que pode ser un bonito recordo. Esperamos que disfrutedes e que vos guste!!

miércoles, 12 de junio de 2013

PROXECTO PINTORES: Cadro colectivo

Xa vos contáramos que este trimestre estamos a traballar no proxecto dos pintores. A clase dos caracois está aprendendo cousas sobre Kandinsky, a clase das xirafas, sobre Andy Warhol e a clase das tartarugas sobre Joan Miró.
Fai varias semanas que pedimos colaboración das familias para facer entre todos/as un cadro colectivo sobre cada un dos pintores e, hoxe, imos amosarvos o resultado, que foi espectacular.
Queremos aproveitar dende aquí para felicitar a todos aqueles país, nais, tíos, tías, avós, avoas... que axudaron aos cativ@s a traballar na súa parte do cadro, xa que o nivel de implicación resultou maravilloso, o que contribuiu a que a actividade fose enriquecedora para todos e todas. E, como non, temos que agradecervos todo o voso traballo e colaboración para facer isto posible.
Así que agora toca ver as obras de arte... comezamos!!


Clase dos caracois: CÍRCULOS CONCÉNTRICOS (Kandinsky)


Mirade o proceso de elaboración:




Clase das xirafas: THE CAMPBELL'S SOUP (Andy Warhol)


Aquí vedes cómo se foi compoñendo esta "lata":





Clase das tartarugas: MUJER, PÁJARO Y ESTRELLA (Joan Miró)


A montaxe desta obra foi así:





lunes, 10 de junio de 2013

BELELLE: outros momentos da excursión

Rematamos as entradas sobre Belelle coa última entrega sobre a excursión de fin de curso.
Xa vos amosamos o que fixeron os nenos e nenas nos diferentes obradoiros dos que disfrutaron durante a mañá e, nesta ocasión, traemos imaxes doutros momentos da xornada: a chegada á granxa, a hora da comida, o camiño de volta, as siestas no bus...
Esperamos que vos guste este vídeo e que tanto este coma os demais axuden aos cativ@s a recordar qué ben o pasamos aquel día:

domingo, 9 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de peiteado de ponis

Nesta ocasión traemos o último dos obradoiros nos que participaron os nenos e nenas: o peiteado de ponis.
Durante a excursión non só tiveron a oportunidade de montar en poni, se non tamén de aprender qué coidados precisan. Entre eles, o peiteado diario, do que se encargaron os nosos cativ@s.
Aquí o podedes ver:

sábado, 8 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de mamíferos

Hoxe, de novo, voltamos con outra entrega sobre a excursión de fin de curso.
Nesta ocasión podedes ver canto disfrutaron os nenos e nenas no obradoiro de animais mamíferos.
Coñeceron a forma de vida de ovellas, años, vacas, tenreiros, coellos, cans, monos... un montón de animais que fascinaron aos cativ@s.
Aquí podedes ver cómo foi esta experiencia:

jueves, 6 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de horta

Aquí tedes outro capítulo máis sobre Belelle: o obradoiro de horta.
Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer cousiñas sobre como se cultivan diferentes tipos de plantas e incluso plantaron unha semente de chícharo para levar para casa.
A continuación deixámosvos con un resumo sobre cómo o pasaron neste obradoiro:

miércoles, 5 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de cociña

Traemos hoxe o segundo capítulo sobre Belelle: o obradoiro de cociña.
Os nenos e nenas aprenderon cómo se fai o pan e ata o amasaron eles mesmo/as.
Nesta presentación de imaxes podedes ver canto disfrutaron!!
 

martes, 4 de junio de 2013

CUMPLES DE MAIO

Levamos xa uns días de xuño e aínda non felicitamos aos cumpleañeiros/as do mes pasado, así que... mans á obra!!

No mes de maio cumpliron 5 anos: Pablo F. e Rodrigo da clase dos caracois, Enzo da clase das xirafas e Nekane e Alejandra da clase das tartarugas.

Moitísimas felicidades para todos e todas!!!





CLASE DOS CARACOIS
 PABLO F. e RODRIGO






CLASE DAS XIRAFAS

ENZO





CLASE DAS TARTARUGAS 
NEKANE e ALEJANDRA





E, para non perder o costume, un pouco de música para celebrar os cumples!!