miércoles, 31 de julio de 2013

CUMPLES XULLO

Durante as vacacións non nos queremos esquecer de felicitar aos cativos e cativas que cumpliron anos durante este mes que hoxe remata, así que imos aló!!

Da clase das xirafas, cumpliu 5 anos Sara:


E da clase das tartarugas temos que felicitar a Irene, Sofía, Óscar, Javi e Uxía:


Moitísimas felicidades a todos e todas!!

Un pouquiño de música para celebralo!! 

viernes, 26 de julio de 2013

Visita a Casas Novas

Unha das últimas saídas que fixemos no curso 2012-2013 foi para coñecer as instalacións de Casas Novas (Arteixo).
Alí aprendemos moitas cousas sobre os cabalos, os seus coidados, a súa alimentación...
Tivemos a oportunidade de coñecelos de primeira man, tanto aos cabalos como ós ponis.
Nestas presentacións de fotos poderedes ver cómo foi esta excursión, que tivo lugar en dous días diferentes: o 21 de maio foi a clase das xirafas e o 23 de maio, as clases dos caracois e das tartarugas.
Esperamos que vos guste!!

Clase das xirafas

Clases dos caracois e das tartarugas

jueves, 4 de julio de 2013

REVISTA REGO DA AUGA 2012-2013

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro edita todos os anos a revista "Rego da Auga", a modo recopilatorio do acontecido durante o curso.
Este ano, por primeira vez, esta revista edítase en formato dixital.
Se estades interesados/as en consultala, picando enriba da imaxe levaravos á páxina web do centro, onde atoparedes os enlaces para poder descargala.