sábado, 30 de noviembre de 2013

25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado luns 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Nas clases traballamos sobre o importante que é non utilizar a violencia e sobre qué outras conductas de respeto e cariño cara os demais debemos amosar.
Na entrada do colexio colocouse un gran cartel ao que cada unha das clases fomos facendo a nosa propia achega.
Aquí tedes unha mostra de todo isto:









viernes, 29 de noviembre de 2013

Bolechas: Debuxa o teu cole

Os cativos/as de 6º de Educación Infantil do C.E.I.P. Arteixo participamos no concurso "Os Bolechas: Debuxa o teu cole".
Cada neno e nena elaborou un debuxo sobre como el ou ela ve o noso colexio.
Para ver as bases deste concurso ou, inclusive, para poder participar dende a casa, podedes clicar aquí

Estes son algúns dos debuxos que enviamos ao concurso:


Clase dos caracois (código 1577)




Clase das xirafas (código 1578)




Clase das tartarugas (código 1579)


A ver se temos sorte!!

jueves, 28 de noviembre de 2013

Nadal Solidario

Queridas familias:

Tal e como xa vos informamos, un ano máis o noso colexio colabora no Nadal Solidario organizado pola Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Arteixo. Por iso estes días os cativos e cativas debuxaron e decoraron unhas postais navideñas que foron distribuídas polos comercios e locais hosteleiros de Arteixo.
Calquer veciño/a ou visitante pode recoller algunha destas postais solidarias, deixando a cambio alimentos non perecedoiros, que serán destinados a Cáritas de Arteixo.
As postais que realizaron os vosos fillos e fillas están expostas nos seguintes locais:

- Clase dos caracois: Bar Code
- Clase das xirafas: Librería Mina
- Clase das tartarugas: Cafetería O Rancho

Isto non implica que cada pai/nai teña que ir comprar a postal que elaborou o seu fillo/a.
Simplemente queríamos informarvos de que se atopan neses locais para que as persoas que se acheguen, e queiran colaborar, poidan "mercalas" a cambio de alimentos.


martes, 26 de noviembre de 2013

Petición de material para que poidamos elaborar un adorno de nadal

Cada vez falta menos para que chegue o nadal e nós xa estamos cos preparativos.
Desta vez queremos elaborar un adorno con material, en parte, reutilizado. Por iso a semana pasada vos enviamos unha nota para as familias (picar aquí para consultala). E hoxe empregamos este medio de comunicación para recordarvos esta petición, xa que necesitamos o material para este venres día 29.

En concreto, o que precisamos é o seguinte:

- Un bote de cristal (de tamaño mediano), que non teña papeis nin pegatinas pero sí con tapa de enroscar. As medidas (aproximadas) serían 9 cm de alto e 8 cm de diámetro. Podedes reciclar algún que teñades pola casa que se adapte a estas características.

- Un bote de purpurina con pegamento.

(para que vos fagades unha idea aproximada)



Graciñas pola vosa colaboración!!

domingo, 24 de noviembre de 2013

Cumples desta semana: Triana e Laila

Esta semana celebramos dous cumples na clase dos caracois: o de Triana e o de Laila, que cumpliron 5 anos.

Comezamos a festa o mércores, cando Triana compartiu con nós unha tarta. Moitísimas felicidades!!


TRIANA


E rematamos a semana coa festa de Laila, que tamén nos convidou a tarta. Moi feliz cumpleanos!!

LAILA

lunes, 18 de noviembre de 2013

Exhibición: Los Días de los Dinosaurios

A entrada de hoxe é para informarvos dun evento que nos parece interesante.
Como xa saberedes, durante este primeiro trimestre estamos a traballar no proxecto dos "Dinosaurios".
Consideramos que para complementar este tema sería enriquecedor, tanto para cativos/as como para adultos/as, ter a oportunidade de visitar a exhibición de "Los Días de los Dinosaurios".
Así que para aquelas familias que esteades interesadas (e teñades a oportunidade de poder achegarvos ata alí) informámosvos de que no recinto ferial IFEVI (Vigo) podedes disfrutar desta experiencia de revivir cómo era a Terra na época dos dinosaurios.


Se picades na imaxe de arriba, accederedes a máis información.
A exposición estará ubicada nese recinto vigués ata o 19 de xaneiro de 2014. 
Os horarios e tarifas son os seguintes:


Simplemente queríamos que tivesedes esta información por se poidese resultar do voso interese.

E se algunha familia se anima a ir, estaremos encantadas de que despois comparta a experiencia con nós!!

martes, 12 de noviembre de 2013

Celebración do Samaín e do Magosto

Tiñamos pendente por amosarvos cómo foi a celebración do Samaín e do Magosto no noso cole, e iso imos facer nesta entrada de hoxe.
Como xa sabedes, o pasado día 31 de outubro foi un día de troula no C.E.I.P. Arteixo xa que celebramos de forma conxunta as dúas festas populares máis importantes do outono: o Samaín e o Magosto.
Foi unha mañá chea de actividade. 
Comezamos vendo unha película "de medo" da man de Dora a Exploradora e de Caillou.
Máis tarde realizouse un obradoiro de maquillaxe, onde pintamos a cara dos cativos/as de forma terrorífica. Mentres tanto, Lidia, a profe de inglés, converteuse en bruxa e fixo un percorrido por todas as aulas amosándonos unha tradición inglesa de Halloween: Trick or treat.
Así foi avanzando a mañá ata que por fin chegou o ansiado momento de ir buscar as castañas do magosto para despois poder comelas entre xogos e risas.
E con isto aínda non terminara a xornada xa que, para rematar, todo o colexio bailou seguindo as instruccións de Nuria, a profe de música de Educación Primaria, quen coreografiou unhas cancións de medo!!
Foi unha mañá do máis completa e divertida!!

Recopilamos algunhas imaxes dese día e elaboramos esta presentación que podedes ver a continuación para que vos fagades unha idea de cómo foi todo isto.
Esperamos que vos guste e a disfrutedes!!

lunes, 11 de noviembre de 2013

Semana da Ciencia: Entrada gratuita aos Museos Científicos Coruñeses

Informámosvos de que esta é a semana da ciencia nos Museos Científicos Coruñeses e, para celebralo, a entrada aos mesmos será gratuíta.
Así que, se tedes oportunidade de achegarvos ata alí, poderedes entrar de forma gratuita na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae dende o luns 11 de novembro ata o domingo 17.
Para máis información sobre o programa de actividades que haberá durante esta semana en cada un dos museos, picade na imaxe.


domingo, 10 de noviembre de 2013

Cumples desta semana: Paula, Alén e Lucía

Retomamos esta semana a celebración dos cumpleanos xa que en cada unha das clases tivemos un cativo/a que cumpliu os 5 anos. Así que... comezamos coas felicitacións!!

A primeira en cumplir anos esta semana foi Paula da clase das tartarugas, que estivo de cumple o pasado 4 de novembro. Compartiu con nós unha tarta súper rica. Moitas grazas Paula!!

PAULA



O día 5 de novembro cumpliu 5 anos Alén da clase das xirafas.
Alén convidounos a un rico biscoito do que non quedaron nin as migallas!!
Feliz cumpleanos!!

ALÉN



Unha das máis cativas da clase dos caracois estivo de cumpleanos o 8 de novembro e celebrámolo por todo o alto cun biscoito de chocolate.
Moitas felicidades Lucía!!

LUCÍA


domingo, 3 de noviembre de 2013

Cumples desta semana: Ylenia

Esta semana, ademais do Samaín e do Magosto, a clase das xirafas celebrou outra festa: o cumpleanos de Ylenia.
Así foi que esta xirafiña cumpliu os 5 anos e, para festexalo, compartiu con nós unha tarta súper chula. 
Moitas grazas Ylenia!! E moi feliz cumple!!

YLENIA