domingo, 30 de marzo de 2014

Cumples desta semana: Loreto e Jimena

Unha semana máis tivemos festa nalgunha das clases, xa que dúas cativas cumpliron 6 anos.


Comezamos a semana co cumpleanos de Loreto da clase das xirafas, que nos convidou a un biscoito decorado con cakepops de xirafas. Vaia chulada!!  Moitas grazas e moitas felicidades, Loreto!!!

LORETO




E o xoves 27 celebramos o cumple de Jimena na clase das tartarugas. Convidounos a un biscoito de chocolate con lacasitos.... mmmmm.... qué rico estaba!!! Gracias, Jimena e moi feliz cumple!!

JIMENA

jueves, 27 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014: Rockabilly

Pasaron xa algunhas semanas dende que celebramos o entroido este curso, pero non foi ata agora que conseguimos reunir e editar todas as fotos e vídeos. 
A temática dos disfraces nesta ocasión xirou en torno aos diferentes estilos musicais. Así foi que poidemos ver pequenos punkys, vaqueiros bailando country, mariachis, cantantes de soul e jazz, bailarins de salsa... e moito máis!!
Como esta festa celebrámola en conxunto co resto do colexio, foi necesario editar algunhas imaxes xa que non temos a autorización para publicar fotos de nenos/as que non pertenzan a 6º de Infantil. Por esta mesma razón, non podemos publicar aquí os vídeos do desfile. Se algunha familia da clase dos caracois, xirafas ou tartarugas estivese interesada en ver estes vídeos de forma privada, pode contactar con nós enviando un correo a cativadas.arteixo@gmail.com e informarémoslles de como poden facer. De todas formas, e como xa é costume, farémosvos chegar éste e outros vídeos e fotos cando finalice o curso académico.

Aínda así, non ides ter que esperar tanto para ver cómo foron o desfile de entroido e outros momentos da mañá. Aquí vos deixamos unha presentación de imaxes. Esperamos que vos guste!!


CLASE DOS CARACOIS



CLASE DAS XIRAFAS


CLASE DAS TARTARUGAS






lunes, 24 de marzo de 2014

AVISO: Modificación provisional da entrada ao centro

A partires do mércores 26 de marzo modificarase a porta de entrada habitual ao centro debido ás obras do campo da festa.

Estes días en lugar de entrar pola porta frontal que servía de acceso normalmente, haberá que empregar unha porta traseira que se atopa próxima ao pavillón de deportes e á piscina.

A continuación deixámosvos unhas imaxes desta nova entrada provisional e tamén un plano da zona para que vos poidades ubicar mellor:



  


Para máis información podedes consultar a páxina web do concello picando na seguinte imaxe:

domingo, 23 de marzo de 2014

Cumples desta semana: Xiana, Daniela e Jose.

De novo esta semana celebramos varios cumpleanos, nesta ocasión na clase dos caracois e das xirafas.

 Empezamos ben a semana grazas a Xiana, quen cumpliu 6 anos o pasado luns. A festa na clase dos caracois foi acompañada dun rico biscoito con xoaniñas, qué bonito era!! Moitas felicidades Xiana!!

XIANA


O cumple de Daniela foi o pasado día 15, pero no cole celebrámolo esta semana. Como sempre na clase dos caracois: música, baile e biscoito!! Moitas grazas Daniela e moitas felicidades!!

DANIELA


O último en cumplir anos esta semana foi Jose da clase das xirafas, o pasado xoves. Nesta ocasión convidounos a un súperbiscoito moi orixinal, cheo de decoracións espaciais. Felices 6 anos, Jose!!

JOSE

jueves, 20 de marzo de 2014

Proxecto "O Universo": Primeiros traballos

Como xa saberedes, neste trimestre comezamos a traballar no proxecto sobre o universo.
Continuaremos con este tema tamén no terceiro trimestre, xa que está dando moito xogo e resulta moi motivador para cativos e cativas.
Nesta entrada de hoxe queremos amosarvos cómo cada unha das clases comezaron a traballar neste proxecto: actividades, materiais e aportacións para o recuncho do universo, elaboración do mural do universo, decoración das aulas... éstas e outras moitas cousas resumen o traballo diario de caracois, xirafas e tartarugas.
A continuación deixámosvos cunhas presentacións de imaxes para que vos fagades unha idea de todo isto do que estamos a falar. Esperamos que vos guste!!




sábado, 15 de marzo de 2014

Cumples desta semana: Alain

Esta semana tan só celebramos o cumple dun cativo. 
Nesta ocasión a festa foi na clase dos caracois.
O xoves 13 Alain cumpliu 6 anos. 
Na clase pasouno fenomemal marcándose uns bailes e convidounos a unha tarta moi chula. 
Felicidades, Alain!!

ALAIN


lunes, 10 de marzo de 2014

Proxecto "Universo": O ceo de marzo

Como sabedes, este trimestre comezamos a traballar no proxecto do "Universo". É un tema moi amplo e interesante que, de momento, está motivando moito a cativos e cativas.
Esta entrada de hoxe é un pouco diferente ás outras que vimos publicando. Nesta ocasión non vos imos amosar cómo están a traballar @s nen@s no proxecto (iso farémolo próximamente), se non que queremos aproveitar para amosarvos ás familias un vídeo que hai colgado en youtube e que pensamos que pode resultar útil para que tod@s aprendamos un pouquiño sobre o universo.
Polos contidos que trata, quizá pode resultar un pouco denso e complicado para os nosos cativ@s, pero esperamos que véndoo en familia vos resulte interesante.
Decidimos publicalo hoxe porque xusto esta noite (10 de marzo) poderedes ver cómo a Lúa vai acompañada no seu paseo nocturno por un punto moi cercano a ela e moi brillante, que non se trata dunha estrela, neste caso é o planeta Xúpiter. É unha boa ocasión para que aquelas persoas que non están moi iniciadas no tema da astronomía poidan localizar con facilidade este planeta no ceo nocturno.
Este é só un dos datos que se describen no vídeo. Ademais fala das constelacións que este mes podemos ver no ceo e, tamén, de cómo o día 20 de marzo comezará a primavera.
Esperamos que vos guste!!

domingo, 9 de marzo de 2014

Cumples desta semana: Icía e Celia

Esta semana foi moi cortiña en días de clase, pero non tanto en celebracións. Tivemos nada máis e nada menos que dous cumples: o de Icía da clase das xirafas e o de Celia da clase dos caracois.

No caso de Icía,  o seu cumple foi o día 4 de marzo, pero como estabamos de vacacións, celebrámolo no cole este xoves pasado comendo un riquísimo biscoito. Moitas grazas e moitas felicidades, Icía!!

ICÍA


Celia cumpliu 6 anos o 3 de marzo, pero igual que sucedeu no outro caso, estabamos de vacacións, así que tamén o festexamos este pasado xoves, neste caso cunha tarta de queixo que estaba boísima. Moi feliz cumple, Celia!!

CELIA