miércoles, 30 de abril de 2014

Aviso: Venres 2 de maio, día non lectivo

Queremos recordarvos que este venres 2 de maio é un dos días non lectivos deste centro, polo que non haberá clase.
Iso sumado a que o 1 de maio é festivo implica que non teremos clase ata o luns 5 de maio.
Que disfrutedes destes días!!


(calendario elaborado por http://actividadesinfantil.com/)

domingo, 27 de abril de 2014

Cumples desta semana: Antía

Esta semana tan só celebramos un aniversario. Nesta ocasión foi na clase das xirafas, onde Antía celebrou os seus 6 anos. Convidounos a un biscoito moi rico e moi bonito, ata tiña unha princesa e todo!! Moitas grazas e moi feliz cumple, Antía!!

ANTÍA

miércoles, 23 de abril de 2014

UN DÍA NORMAL

Habitualmente amosámosvos neste blogue actividades que realizamos nun día especial ou diferente ao resto.
Pero hoxe decidimos facer o contrario: queremos que vexades cómo é un día normal e corrente nas nosas clases. Así que un xoves calquera fotografiamos diferentes momentos da mañá en cada unha das aulas e fixemos pequenos vídeos que recollen algúns anaquiños da nosa rutina escolar.

Sempre comezamos a mañá facendo a asemblea. Así que atoparedes, na presentación que deixamos a continuación, fotos e vídeos de diferentes momentos desta actividade. Empezamos na clase dos caracois pasando lista. A continuación veredes a clase das xirafas escribindo "a palabra máxica" e, despois, a clase das tartarugas poñendo a data.

Avanza a mañá e chega a hora do traballo na mesa. Voltamos de novo á clase dos caracois para velos recortar un marcapáxinas. Na clase das xirafas están aprendendo a facer un encrucillado. E na clase das tartarugas fan unha copia sobre o proxecto no que estamos a traballar.

Como o noso "día normal" era xoves, tanto xirafas como tartarugas tiñan clase de psicomotricidade. Así que poderedes ver a estas dúas clases disfrutando dalgúns dos seus xogos favoritos ("pato-pato-oca", "veneno", "oso goloso"), aprendendo a atar os amallós ou facendo ioga para relaxarse.

Para rematar a mañá, despedímonos na clase dos caracois e vemos cómo recollen e fan as autoavaliacións do seu comportamento durante a xornada.

Esperamos que vos guste este resumo de cómo é un día calquera no noso cole.

viernes, 11 de abril de 2014

Os Bolechas en Marineda City


Como sabedes, este curso participamos nun concurso de debuxo cos Bolechas. Pois ben, agora estes persoaxes visitarán o centro comercial Marineda City para coñecer aos nenos/as que ata alí se acheguen.


Será o vindeiro sábado día 12 dende as 18h. Poderedes atopalos por ali bailando, xogando e facendo fotos cos pequen@s.

domingo, 6 de abril de 2014

Cumples desta semana: Ximena, Matías, Antía e Vero

Rara é a semana na que non celebramos algún aniversario. E nesta semana tivemos que celebralos nas tres clases xa que dúas xirafas, unha tartaruga e unha caracol cumpliron os 6 anos. Así que ímos felicital@s!!

Comezamos pola clase das xirafas, xa que o xoves día 3 festexamos dous cumples de forma simultánea: Ximena e Matías, ademais de compartir clase, comparten data de nacemento. Vaia coincidencia!! E esta semana celebramos isto como é debido: biscoito e monedas de chocolate para todas as xirafas!! Moitas grazas a Ximena e a Matías, e moitas, moitas felicidades!! 

MATÍAS e XIMENA


Na clase das tartarugas e dos caracois ocorre o mesmo: dúas nenas comparten día de nacemento: o 5 de abril. Pero como este día é sábado e non hai cole, celebramos os seus respectivos aniversarios o pasado venres.

Así que na clase das tartarugas festexamos por todo o alto que Antía cumpliu 6 anos. Ela convidounos a un saboroso biscoito de chocolate do que non quedaron nin as migallas... qué rico estaba!! Moitas grazas, Antía!! E moitas felicidades!!

ANTÍA


E, para rematar... festa na clase dos caracois!! Vero celebrou o seu cumple cos compis da clase cunha tarta moi orixinal en forma de caracol!! E ademais de bonita, estaba moi boa!! Mil grazas a Vero e moi feliz cumple!!

VERO



jueves, 3 de abril de 2014

Visita ao "Contacontos Biblioteca de Arteixo"

Como recordaredes, o curso pasado asistimos a unha sesión de contacontos na biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo e gustounos tanto que decidimos repetir este curso.
Así foi que durante a semana pasada repetimos a visita cunha nova sesión de contacontos os días 25 e 26 de marzo. Para ser exactos, foron dúas sesións, xa que a clase das tartarugas e das xirafas asistiron o martes e a dos caracois, o mércores. Pero tod@s o pasaron igual de ben!!
Da man de "Proxecto Bululú" @s cativ@s poideron disfrutar dos contos de "Capitán Calabrote" e do xa ben coñecido "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis".
Na presentación de fotos que vos deixamos a continuación recopilamos algún destes momentos do contacontos. É fermoso poder observar as súas caras de atención e sorpresa. E, ademais, resulta un pracer poder capturar para o recordo os momentos de risos e gargalladas dos pequenos e pequenas. Esperamos que vos guste!!