domingo, 25 de mayo de 2014

Cumples desta semana: Pablo F. e Rodrigo

Facía xa máis dun mes que non celebrabamos ningún cumple na clase dos caracois, e esta semana tocou festa por partida doble!!

Comezamos con Pablo Fasíl, quen cumpliu 6 anos o pasado luns día 19. E aínda que na foto sae un pouco serio, pasámolo moi ben na celebración do seu cumple, no que nos convidou a un biscoito riquísimo!! Moitas gracias, Pablo, e feliz cumple!!

PABLO F.



E para rematar a semana celebramos o cumple de Rodrigo, quen tamén cumpliu 6 anos, neste caso o mércores 21. Compartiu con nós unha tarta moi orixinal, onde había tantos caraois xogando ao fútbol coma nenos/as hai na clase, máis as profes!! Moitas gracias e moitas felicidades!!

RODRIGO


domingo, 18 de mayo de 2014

Cumples desta semana: Nekane e Enzo

Hai semanas que coincide que temos varios cumples que celebrar e hai outras que non hai nada de nada... e por fin esta semana volvemos a ter festa grazas á Nekane e Enzo.

Así é que hoxe toca felicitar a Nekane, da clase das tartarugas, que cumpliu 6 anos. Moitas gracias por convidarnos a ese biscoito tan rico e moitas felicidades!!

NEKANE


E tamén houbo festa na clase das xirafas, xa que celebramos o cumple de Enzo, quen cumpliu o domingo 18, pero xa o celebrou este pasado venres. Moitas gracias por compartilo con nós e moi feliz cumple!! 

ENZO


sábado, 17 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Coma tódolos anos, o 17 de maio homenaxeamos a un autor/a da literatura galega.
Este ano adicámoslle o día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro, sobre quen estivemos traballando estes días no cole. A continuación deixámosvos un vídeo elaborado polo equipo de Dinamización Lingüística do noso centro, o cal resume algúns dos aspectos máis salientables da vida deste autor.
Bo día das Letras Galegas!

lunes, 12 de mayo de 2014

Día da Pequeciencia

O vindeiro xoves 15 de maio animámosvos a que vos acheguedes ata o Paseo Fluvial entre as 17:00 e as 20:00 xa que se celebra o Día da Pequeciencia.

Levaranse a cabo actividades divertidas para os mais pequen@s que lles servirán para aprender ciencia xogando. Na zona do anfiteatro do Paseo Fluvial haberá unha carpa onde nenos e nenas poderán participar nun percorrido científico por laboratorios experimentais.


Ademais, esta será unha boa oportunidade para ampliar coñecementos sobre o proxecto no que estamos traballando: "O Universo" xa que neste Día da Pequeciencia colaborará a Agrupación Astronómica Ío, encargados de divulgar a ciencia astronómica entre cativ@s e maiores.


Animádevos a disfrutar deste día e a aprender ciencia xogando!!