domingo, 29 de junio de 2014

Cumples do verán: Javi, Uxía, Andrés, Óscar, Irene, Sofía, Diego, Lamyae S., Sara, Marta, Sofía, Fátima, Zoe

Durante o curso fomos felicitando semanalmente aos nenos e nenas que cumpliron anos. Pero tamén hai outros moitos que cumplen durante os meses nos que non hai clase, e algúns deles quixeron adiantar a celebración para poder festexalo no cole cos seus compañeiros e compañeiras.

Así que hoxe imos felicitar aos cumpleañeir@s que farán 6 anos durante o verán.

Da clase das tartarugas hai que felicitar a Javi (2 de xullo), Andrés e Uxía (8 de xullo), Óscar (17 de xullo), Irene (25 de xullo), Sofía (28 de xullo), Diego (23 de agosto), Lamyae S. (27 de agosto).

Da clase das xirafas, foi Sara (31 de xullo) quen adiantou a celebración do seu cumple.

E da clase dos caracois, xa felicitamos na entrada anterior a Sabela F.F. (23 de xullo), quen celebrou o seu cumple de forma conxunta con Pablo B.

Aquí os tedes!!

JAVI



UXÍA



ANDRÉS



ÓSCAR



IRENE



SOFÍA



DIEGO



LAMYAE S.



SARA



Ademais de todos estes, e aínda que non o celebraran no cole, tamén queremos felicitar a Marta (28 de xullo) e Sofía (25 de agosto), da clase das xirafas, e a Fátima (8 de agosto) e Zoe (27 de agosto), da clase dos caracois, xa que tamén cumplirán 6 anos durante as vacacións.

Moitas felicidades a todos e todas!!

MARTA



SOFÍA



FÁTIMA


ZOE

sábado, 28 de junio de 2014

Cumples de xuño: Carlota, Pablo B., Sabela, Jorge, Anxo.

Os últimos días de xuño foron realmente moi axetreados. Ademais de preparar todo para fin de curso, tamén celebramos moitos cumples. 
Nesta entrada amosámosvos aos cumpleañeiros/as do mes de xuño que aínda non felicitáramos. Imos aló!!

Comezamos felicitando a Carlota, da clase das tartarugas, quen cumpliu os 6 anos o día 18 de xuño. Se vos fixades no seu biscoito, non queda dúbida de cántos anos cumplia. Vaia chulada!! Moitas felicidades Carlota!!


CARLOTA



Un día despois, o 19 de xuño, foi Pablo B., da clase dos caracois, quen celebrou o seu cumple. E fíxoo acompañado de Sabela F.F., que cumple os 6 anos o 23 de xullo, pero que aproveitou para facer festa conxunta con Pablo B. E que ben o pasaron!! Moitas felicidades aos dous!!

SABELA F.F. e PABLO B.



Tamén na clase dos caracois houbo outra celebración conxunta: neste caso trátase de Jorge e Sabela F., que naceron os dous o 23 de xuño, vaia coincidencia!! E, como era de esperar, celebráronno por todo o alto!! Moi feliz cumple para os dous!!

JORGE e SABELA



E para rematar os cumples deste mes voltamos á clase das tartarugas, xa que temos que felicitar a Anxo que cumpliu 6 anos o 26 de xuño e, como non, tamén o festexou no cole cos seus amigos e amigas. Moitas felicidades, Anxo!!

ANXO

sábado, 21 de junio de 2014

Aínda non rematamos

Rematou o curso pero en Cativadas aínda non pechamos.
Temos reservadas unhas pouquiñas cousas máis que vos queremos amosar.
Pero hoxe queremos facer algo diferente, queremos pedirvos un favor a aquelas familias que asististes ao acto de graduación de 6º de Edu. Infantil.
Aquel día resultounos imposible facer fotos ou vídeos, así que dende aquí queremos facer un chamamento a aquelas familias que teñades fotos e as queirades compartir con nós: gustaríanos pedirvos o favor de que nos enviedes esas fotos á dirección de correo cativadas.arteixo@gmail.com
Moitas grazas!!


lunes, 16 de junio de 2014

Excursión de fin de curso: Zoo de Vigo

O pasado 2 de xuño realizamos a excursión de fin de curso ao Zoo de Vigo.
Nesta presentación de imaxes que vos deixamos a continuación poderedes ver algúns dos momentos desta viaxe.
Esperamos que vos guste!!

domingo, 8 de junio de 2014

Cumples desta semana: Ezequiel

Esta semana celebramos soamente un aniversario. Foi o de Ezequiel, da clase das xirafas.
É a primeira vez que celebra o seu cumple con nós e foi moi especial xa que a súa tarta era súper chula!!
Moitas gracias, Ezequiel, e moitas felicidades!!

EZEQUIEL

sábado, 7 de junio de 2014

Celebración das Letras Galegas 2014

Como xa saberedes, tódolos anos no cole festexamos o Día das Letras Galegas.
Este ano estivo adicado a Xosé María Díaz Castro. Uns rapaces de primaria explicaron quen foi este autor e fixeron unha lectura dalgunha das súas obras. 
A continuación actuamos nós diante de todo o cole, interpretando unha canción que nos gusta moito: "Toxos e flores". Esta actuación témola gravada en vídeo pero, tal e como xa ocorreu noutras ocasións, non podemos publicala aquí xa que no vídeo pódense ver algunos nenos/as que non son de 6º de Infantil e, polo tanto, non temos a súa autorización para poñer neste blogue a súa imaxe. Pero se algunha familia está interesada en ver este vídeo de forma privada, pode enviar un correo a cativadas.arteixo@gmail.com e explicarémoslle cómo ten que facer. 
Despois da nosa actuación, chegou a quenda do grupo de baile galego do cole, onde participan varios nenos/as de 6º de Infantil.
Na presentación de fotos que vos deixamos a continuación, poderedes ver unha recompilación de todos estes momentos que comentamos. Esperamos que a desfrutedes!!


domingo, 1 de junio de 2014

Cumples desta semana: Alejandra

Esta semana celebramos o cumple de Alejandra, da clase das tartarugas, máis coñecida como Álex.
Esta targaruguiña cumpliu 6 anos o pasado día 25 de maio e esta semana fixemos a festa na clase.
Convidounos a un saboroso biscoito do que non quedou nin unha migalla!!
Moitas gracias, Álex!! E moi feliz cumple!!!

ÁLEX