Mostrando entradas con la etiqueta arteixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arteixo. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de agosto de 2014

TIBURÓN

Outra das pequenas sorpresas que vos tiñamos gardadas era esta: o baile do tiburón!!

Se na ocasión anterior botabamos a vista atrás para recordar a coreografía do curso 2012-2013, nesta ocasión amosámosvos a coreografía estrela do curso 2013-2014. Como poderedes comprobar, os cativos e cativas xa son uns profesionais do baile e desfrutan moito del!!

Deixámosvos cun videoclip conxunto das clases dos caracois, xirafas e tartarugas bailando a canción do tiburón. Esperamos que vos guste!!

(de novo recordamos que poderedes velo con maior calidade se en Youtube picades na roda da barra gris de abaixo e seleccionades 720p ou 1080p)




E se queredes descargar o arquivo para telo no voso ordenador, picade AQUÍ

sábado, 17 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Coma tódolos anos, o 17 de maio homenaxeamos a un autor/a da literatura galega.
Este ano adicámoslle o día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro, sobre quen estivemos traballando estes días no cole. A continuación deixámosvos un vídeo elaborado polo equipo de Dinamización Lingüística do noso centro, o cal resume algúns dos aspectos máis salientables da vida deste autor.
Bo día das Letras Galegas!

lunes, 12 de mayo de 2014

Día da Pequeciencia

O vindeiro xoves 15 de maio animámosvos a que vos acheguedes ata o Paseo Fluvial entre as 17:00 e as 20:00 xa que se celebra o Día da Pequeciencia.

Levaranse a cabo actividades divertidas para os mais pequen@s que lles servirán para aprender ciencia xogando. Na zona do anfiteatro do Paseo Fluvial haberá unha carpa onde nenos e nenas poderán participar nun percorrido científico por laboratorios experimentais.


Ademais, esta será unha boa oportunidade para ampliar coñecementos sobre o proxecto no que estamos traballando: "O Universo" xa que neste Día da Pequeciencia colaborará a Agrupación Astronómica Ío, encargados de divulgar a ciencia astronómica entre cativ@s e maiores.


Animádevos a disfrutar deste día e a aprender ciencia xogando!!

jueves, 3 de abril de 2014

Visita ao "Contacontos Biblioteca de Arteixo"

Como recordaredes, o curso pasado asistimos a unha sesión de contacontos na biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo e gustounos tanto que decidimos repetir este curso.
Así foi que durante a semana pasada repetimos a visita cunha nova sesión de contacontos os días 25 e 26 de marzo. Para ser exactos, foron dúas sesións, xa que a clase das tartarugas e das xirafas asistiron o martes e a dos caracois, o mércores. Pero tod@s o pasaron igual de ben!!
Da man de "Proxecto Bululú" @s cativ@s poideron disfrutar dos contos de "Capitán Calabrote" e do xa ben coñecido "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis".
Na presentación de fotos que vos deixamos a continuación recopilamos algún destes momentos do contacontos. É fermoso poder observar as súas caras de atención e sorpresa. E, ademais, resulta un pracer poder capturar para o recordo os momentos de risos e gargalladas dos pequenos e pequenas. Esperamos que vos guste!!

    

lunes, 24 de marzo de 2014

AVISO: Modificación provisional da entrada ao centro

A partires do mércores 26 de marzo modificarase a porta de entrada habitual ao centro debido ás obras do campo da festa.

Estes días en lugar de entrar pola porta frontal que servía de acceso normalmente, haberá que empregar unha porta traseira que se atopa próxima ao pavillón de deportes e á piscina.

A continuación deixámosvos unhas imaxes desta nova entrada provisional e tamén un plano da zona para que vos poidades ubicar mellor:



  


Para máis información podedes consultar a páxina web do concello picando na seguinte imaxe:

jueves, 28 de noviembre de 2013

Nadal Solidario

Queridas familias:

Tal e como xa vos informamos, un ano máis o noso colexio colabora no Nadal Solidario organizado pola Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Arteixo. Por iso estes días os cativos e cativas debuxaron e decoraron unhas postais navideñas que foron distribuídas polos comercios e locais hosteleiros de Arteixo.
Calquer veciño/a ou visitante pode recoller algunha destas postais solidarias, deixando a cambio alimentos non perecedoiros, que serán destinados a Cáritas de Arteixo.
As postais que realizaron os vosos fillos e fillas están expostas nos seguintes locais:

- Clase dos caracois: Bar Code
- Clase das xirafas: Librería Mina
- Clase das tartarugas: Cafetería O Rancho

Isto non implica que cada pai/nai teña que ir comprar a postal que elaborou o seu fillo/a.
Simplemente queríamos informarvos de que se atopan neses locais para que as persoas que se acheguen, e queiran colaborar, poidan "mercalas" a cambio de alimentos.


martes, 29 de octubre de 2013

Cabazas para o Samaín 2013

Hoxe queremos amosarvos as cabazas que elaboraron as familias do noso alumnado para o Samaín 2013 que se celebrará o día 30 de outubro no noso centro.

Queremos agradecervos a vosa colaboración e, sobre todo, felicitarvos polo voso marabilloso traballo. Noraboa, sodes uns artistas!!

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Mesa redonda sobre a LOMCE

O xoves 26 ás 19:00 horas no Auditorio do CCC de Arteixo terá lugar unha mesa redonda que pode resultar do voso interese, sobre a nova lei educativa: a LOMCE.


viernes, 26 de julio de 2013

Visita a Casas Novas

Unha das últimas saídas que fixemos no curso 2012-2013 foi para coñecer as instalacións de Casas Novas (Arteixo).
Alí aprendemos moitas cousas sobre os cabalos, os seus coidados, a súa alimentación...
Tivemos a oportunidade de coñecelos de primeira man, tanto aos cabalos como ós ponis.
Nestas presentacións de fotos poderedes ver cómo foi esta excursión, que tivo lugar en dous días diferentes: o 21 de maio foi a clase das xirafas e o 23 de maio, as clases dos caracois e das tartarugas.
Esperamos que vos guste!!

Clase das xirafas

Clases dos caracois e das tartarugas

jueves, 4 de julio de 2013

REVISTA REGO DA AUGA 2012-2013

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro edita todos os anos a revista "Rego da Auga", a modo recopilatorio do acontecido durante o curso.
Este ano, por primeira vez, esta revista edítase en formato dixital.
Se estades interesados/as en consultala, picando enriba da imaxe levaravos á páxina web do centro, onde atoparedes os enlaces para poder descargala.


lunes, 18 de marzo de 2013

DOUS AVISOS

Hoxe queremos informarvos de dúas cousas:

1- Hoxe, 18 de marzo, comeza o período de reserva ou renuncia de praza para o vindeiro curso escolar 2013-2014.
Os nenos e nenas que xa están matriculados durante este curso, xa teñen garantida a continuidade e non é necesario que fagan ningunha solicitude  (no caso de querer continuar no noso centro).
No caso de querer cambiar de colexio, en primeiro lugar deberán presentar unha renuncia por escrito no CEIP Arteixo e, a continuación, reservar praza no centro no que estean interesados en asistir o vindeiro curso.
Para máis información, pódese consultar a nota que o alumnado levou para casa clicando aquí ou ampliar a información aquí (Orde do 12 de marzo pola que se desenvolve o procedemento de admisión de alumnado).

2- Xa está dispoñible a programación da "Hora do conto" da Biblioteca Central Henrique Rabuñal para os meses de abril e maio:

domingo, 10 de marzo de 2013

Contacontos na Biblioteca de Arteixo

Como sabedes,  o pasado mércores 6 de marzo visitamos a Biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo para asistir a unha sesión de contacontos. Pasámolo fenomenal!!
Disfrutamos dos contos "Capitán Monstruito" e "¿No duermes osito?"; rimos un montón!!
Nesta presentación de fotos poderedes ver qué atentos/as estabamos, non quitábamos ollo do contacontos!!
Esperamos que vos guste:


E, para rematar, aquí tedes a cada unha das clases antes de marchar da biblioteca:








miércoles, 16 de mayo de 2012

Unidos somos máis fortes

A entrada de hoxe é un pouco diferente ás que facemos habitualmente pero a causa merece a pena.
Onte pola tarde celebrouse no salón de actos do noso cole unha charla para explicarnos ó profesorado e ás familias en qué consiste a doazón de médula ósea, xa que estamos a vivir no noso entorno varios casos de nenos/as afectados por leucemia, e desta forma podemos prestarlles axuda.
Nesta ocasión quixemos apoiar a Manu, un neno de 11 anos que padece esta enfermidade e que está buscando un doador que sexa compatible.

Aquí vos deixamos unha nova en La Voz de Galicia e outra no Ideal Gallego que tamén fan referencia ó mesmo:
Esta tarde explicóusenos detalladamente cómo é o proceso de doazón de médula ósea. Todas aquelas persoas que desexen entrar a formar parte do banco de doadores só precisan facer unha extracción de sangue para saber se existe algún receptor compatible. Se isto fose así, comezaría o proceso de doazón. Neste vídeo explícasenos con claridade en qué consiste todo isto:


Se clicades aquí poderedes visitar a web da Fundación Josep Carreras, onde atoparedes máis información sobre a doazón de médula ósea e sobre o REDMO (Rexistro de Donantes de Médula Ósea).

E se clicades aquí entraredes na páxina web de AEAL, a Asociación Española de Afectados de Leucemia.

Debemos reflexionar acerca do importante que é sensibilizarnos cara a doazón, tanto sexa de sangue, órganos ou, neste caso, a de médula ósea, xa que probablemente poucas veces nos paramos a pensar que temos nas nosas mans a posibilidade de darlle a outras persoas, coñecidas ou non, o regalo máis especial que se pode facer: a vida.

Mediante esta entrada do blogue queremos aportar un pequeno gran de area á causa de Manu e aproveitamos para enviarlle todo o noso apoio e cariño tanto a el como a súa familia e, por extensión, a todas aquelas familias que están pasando por unha situación semellante. 

Queremos rematar con enerxía positiva, así que vos deixamos a versión dunha canción actual, "What doesn't kill you makes you stronger" de Kelly Clarkson, realizada polos nenos e nenas da planta de oncoloxía do hospital de Seattle (Estados Unidos).
Todos somos Manu!!