Mostrando entradas con la etiqueta joan miró. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta joan miró. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de junio de 2013

PROXECTO PINTORES: Cadro colectivo

Xa vos contáramos que este trimestre estamos a traballar no proxecto dos pintores. A clase dos caracois está aprendendo cousas sobre Kandinsky, a clase das xirafas, sobre Andy Warhol e a clase das tartarugas sobre Joan Miró.
Fai varias semanas que pedimos colaboración das familias para facer entre todos/as un cadro colectivo sobre cada un dos pintores e, hoxe, imos amosarvos o resultado, que foi espectacular.
Queremos aproveitar dende aquí para felicitar a todos aqueles país, nais, tíos, tías, avós, avoas... que axudaron aos cativ@s a traballar na súa parte do cadro, xa que o nivel de implicación resultou maravilloso, o que contribuiu a que a actividade fose enriquecedora para todos e todas. E, como non, temos que agradecervos todo o voso traballo e colaboración para facer isto posible.
Así que agora toca ver as obras de arte... comezamos!!


Clase dos caracois: CÍRCULOS CONCÉNTRICOS (Kandinsky)


Mirade o proceso de elaboración:




Clase das xirafas: THE CAMPBELL'S SOUP (Andy Warhol)


Aquí vedes cómo se foi compoñendo esta "lata":





Clase das tartarugas: MUJER, PÁJARO Y ESTRELLA (Joan Miró)


A montaxe desta obra foi así:





martes, 7 de mayo de 2013

PROXECTO: PINTORES

O trimestre pasado traballamos no proxecto dos animais salvaxes e este trimestre, como xa sabedes, estamos cun novo proxecto: os pintores.

Cada unha das clases está a traballar sobre un autor diferente, para así despois intercambiar información entre clases e facer a actividade máis enriquecedora.

A clase dos caracois está aprendendo cousas sobre Kandinsky.


A clase das xirafas está descubrindo quen era Andy Warhol.


E a clase das tartarugas está traballando con Joan Miró.


As imaxes que vos amosamos son só un anticipo de todo o que temos por diante. 
Pouco a pouco iremos amosando máis cousas, porque a verdade é que temos moito que amosar!! E isto é grazas a que as familias vos estades a implicar moitísimo con este traballo e está resultando unha experiencia moi motivadora para os nenos e nenas.
Por esta razón, queríamos aproveitar para agradecervos toda a vosa colaboración, dedicación e entrega co traballo dos vosos fillos e fillas. Dentro de pouco colgaremos máis fotos para que sigades comprobando cómo todo este traballo fai crecer os recunchos dos autores.