Mostrando entradas con la etiqueta youtube. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta youtube. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de agosto de 2014

TIBURÓN

Outra das pequenas sorpresas que vos tiñamos gardadas era esta: o baile do tiburón!!

Se na ocasión anterior botabamos a vista atrás para recordar a coreografía do curso 2012-2013, nesta ocasión amosámosvos a coreografía estrela do curso 2013-2014. Como poderedes comprobar, os cativos e cativas xa son uns profesionais do baile e desfrutan moito del!!

Deixámosvos cun videoclip conxunto das clases dos caracois, xirafas e tartarugas bailando a canción do tiburón. Esperamos que vos guste!!

(de novo recordamos que poderedes velo con maior calidade se en Youtube picades na roda da barra gris de abaixo e seleccionades 720p ou 1080p)




E se queredes descargar o arquivo para telo no voso ordenador, picade AQUÍ

lunes, 10 de marzo de 2014

Proxecto "Universo": O ceo de marzo

Como sabedes, este trimestre comezamos a traballar no proxecto do "Universo". É un tema moi amplo e interesante que, de momento, está motivando moito a cativos e cativas.
Esta entrada de hoxe é un pouco diferente ás outras que vimos publicando. Nesta ocasión non vos imos amosar cómo están a traballar @s nen@s no proxecto (iso farémolo próximamente), se non que queremos aproveitar para amosarvos ás familias un vídeo que hai colgado en youtube e que pensamos que pode resultar útil para que tod@s aprendamos un pouquiño sobre o universo.
Polos contidos que trata, quizá pode resultar un pouco denso e complicado para os nosos cativ@s, pero esperamos que véndoo en familia vos resulte interesante.
Decidimos publicalo hoxe porque xusto esta noite (10 de marzo) poderedes ver cómo a Lúa vai acompañada no seu paseo nocturno por un punto moi cercano a ela e moi brillante, que non se trata dunha estrela, neste caso é o planeta Xúpiter. É unha boa ocasión para que aquelas persoas que non están moi iniciadas no tema da astronomía poidan localizar con facilidade este planeta no ceo nocturno.
Este é só un dos datos que se describen no vídeo. Ademais fala das constelacións que este mes podemos ver no ceo e, tamén, de cómo o día 20 de marzo comezará a primavera.
Esperamos que vos guste!!

sábado, 24 de agosto de 2013

FIN DE CURSO 2012-2013

Quedan poucas semanas para dar comezo a un novo curso académico pero, mentres tanto, seguimos botando atrás a ollada para recordar algúns momentos do curso que xa rematou.

Nesta ocasión queremos amosarvos unha montaxe de fotos da actuación de fin de curso.

Tamén temos gravado un vídeo do baile para que poidades ver qué ben o fixeron os cativos e cativas, pero por motivos de privacidade non o podemos publicar neste blogue (xa que non temos a autorización de todos @s menores que se poden ver nel). Polo tanto, se algunha familia está interesada en ver de forma privada este vídeo, que se poña en contacto coa titora cando comece o curso.

Mentres tanto, para ir abrindo boca, aquí tedes estas imaxes da actuación.
Esperamos que vos guste!!

viernes, 14 de junio de 2013

BELELLE: vídeo dos mellores momentos

Aínda nos quedaba unha última cousa que amosarvos sobre a excursión a Belelle: trátase dun vídeo que recopila algúns dos momentos da viaxe. Lamentamos non poder ter gravado a tod@s os nen@s en todos os obradoiros, pero aínda non dispoñemos dos suficientes "medios técnicos" para facelo... De todas formas, parecíanos que estaría ben amosarvos estes anacos de vídeo que temos, xa que pode ser un bonito recordo. Esperamos que disfrutedes e que vos guste!!

lunes, 10 de junio de 2013

BELELLE: outros momentos da excursión

Rematamos as entradas sobre Belelle coa última entrega sobre a excursión de fin de curso.
Xa vos amosamos o que fixeron os nenos e nenas nos diferentes obradoiros dos que disfrutaron durante a mañá e, nesta ocasión, traemos imaxes doutros momentos da xornada: a chegada á granxa, a hora da comida, o camiño de volta, as siestas no bus...
Esperamos que vos guste este vídeo e que tanto este coma os demais axuden aos cativ@s a recordar qué ben o pasamos aquel día:

viernes, 26 de abril de 2013

Concerto "Los colores de las cuerdas" de Arcos Iris

A semana pasada tivemos a oportunidade de gozar no colexio dunha actividade diferente e moi enriquecedora. O grupo Arcos Iris, formado por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia deleitounos co seu espectáculo "Los colores de las cuerdas".
Foi un concerto marabilloso, onde nenos e nenas poideron familiarizarse cos instrumentos da familia da corda e descubrir pezas musicais clásicas dunha forma divertida.

A continuación deixámosvos unha presentación de imaxes da actividade, cunha base musical de varias pezas que os nenos/as poideron escoitar ese día.



E, para rematar, aquí tedes este vídeo recompilatorio de pequenos fragmentos dalgunhas das obras que interpretaron os integrantes de Arcos Iris.



Esperamos que vos gusten!!

domingo, 31 de marzo de 2013

LIBRO DOS ANIMAIS SALVAXES

Estamos xa quentando motores para comezar o terceiro trimestre.
Pero antes haberá que rematar o segundo como é debido!!
Para iso traémosvos nesta entrada unha mostra do traballo que os cativ@s fixeron durante este trimestre que acabamos de rematar. Como sabedes, estivemos a traballar sobre os animais salvaxes. Cada unha das clases elaborou, sobre este tema, un libro que cada neno/a poderá levar un día a casa para poder velo.
E aqueles que o queiran volver ver, poderán facelo neste blogue todas as veces que desexen.
A continuación amosámosvos unhas presentacións sobre os libros de cada unha das clases e, ademais, deixamos uns enlaces (debaixo de cada vídeo) para poder descargar o libro no voso ordenador.
Esperamos que vos guste!!

CLASE DOS CARACOIS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.




CLASE DAS XIRAFAS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.



CLASE DAS TARTARUGAS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.

domingo, 24 de febrero de 2013

MÁIS ENTROIDO

Por fin temos listas todas as fotos e vídeos do entroido e cremos que a espera valeu a pena!! A continuación deixámosvos 3 vídeos: os dous primeiros son unha presentación de fotos e o último é un video-montaxe da festa de entroido. Desexamos que vos gusten!!

Comezamos coas imaxes do desfile de disfraces. Aquí podedes ver aos "Gatos con botas" desfilando e bailando ao ritmo de "Miau, miau, miau":



Continuamos cunha recopilación de imaxes de diferentes momentos da xornada: contemplando o desfile dos compañeiros, facendo o pasarrúas, comendo postres típicos de entroido (Que bos estaban!! Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!), ...




E rematamos con este vídeo-montaxe onde nos poderedes ver a todos e todas disfrutando a tope deste día:





NOTA: como xa saberedes, para poder publicar neste blogue as imaxes dos nenos e nenas é necesaria unha autorización específica por parte dos pais/nais/titores. Esa é a razón pola que intentamos evitar, cos medios que temos, que os nenos e nenas que non son de 5º de Edu. Infantil saian nestas fotos, xa que non temos a autorización expresa das súas familias. Por este motivo non podemos facer públicos, por exemplo, vídeos do desfile nos que se ven a outros nenos/as que non son de 5º de Edu. Infantil. 

jueves, 7 de junio de 2012

Lista de reproducción en youtube

Moi boas!!
Hoxe traémosvos algo distinto. Decidimos crear en youtube unha lista de reproducción recopilando os vídeos e cancións que máis lles gustan aos nos@s cativ@s para que, se queredes, poidades escoitalas tamén na casa.
Para ver esta lista de reproducción podedes buscar en youtube a nosa canle, ou podedes pinchar directamente neste enlace:
http://www.youtube.com/playlist?list=PL65863E578EB35CC5&feature=plcp
Un dos últimos vídeos que engadimos a esta lista foi este que lles axuda aos pequenos/as a repasar o nome das cores.
Procuraremos ir engadindo periódicamente novas cancións ou vídeos cos que traballemos nas clases.
Esperamos que vos guste!!