Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de junio de 2014

Celebración das Letras Galegas 2014

Como xa saberedes, tódolos anos no cole festexamos o Día das Letras Galegas.
Este ano estivo adicado a Xosé María Díaz Castro. Uns rapaces de primaria explicaron quen foi este autor e fixeron unha lectura dalgunha das súas obras. 
A continuación actuamos nós diante de todo o cole, interpretando unha canción que nos gusta moito: "Toxos e flores". Esta actuación témola gravada en vídeo pero, tal e como xa ocorreu noutras ocasións, non podemos publicala aquí xa que no vídeo pódense ver algunos nenos/as que non son de 6º de Infantil e, polo tanto, non temos a súa autorización para poñer neste blogue a súa imaxe. Pero se algunha familia está interesada en ver este vídeo de forma privada, pode enviar un correo a cativadas.arteixo@gmail.com e explicarémoslle cómo ten que facer. 
Despois da nosa actuación, chegou a quenda do grupo de baile galego do cole, onde participan varios nenos/as de 6º de Infantil.
Na presentación de fotos que vos deixamos a continuación, poderedes ver unha recompilación de todos estes momentos que comentamos. Esperamos que a desfrutedes!!


viernes, 10 de enero de 2014

Concertos en familia da Orquestra Sinfónica de Galicia: "Los clásicos"

Dentro da programación dos concertos en familia da Orquestra Sinfónica de Galicia para este curso 2013-2014 inclúese un módulo chamado "Los clásicos" que se desenvolverá o sábado 18 de xaneiro ás 12:00 no Pazo da Ópera da Coruña.
Por qué salientamos este concerto? Pois porque, entre outros clásicos como Beethoven, Bach, Rossini, Chaikovski..., interpretaranse pezas de Vivaldi e Mozart, dous dos autores que xa traballamos cos cativos/as.
Por iso vos informamos deste concerto, xa que consideramos que pode resultar do voso interese.
Para coñecer máis detalles, podedes clicar na imaxe.

domingo, 15 de diciembre de 2013

Canción do outono

Está a piques de comezar o inverno, pero nestes últimos días do outono vimos amosarvos unha canción que aprendimos durante esta estación e que resultou ser todo un éxito.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!


Clase dos caracois interprentando a canción do outono



Clase das xirafas interpretando a canción do outono



Clase das tartarugas interpretando a canción do outono 

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Actuación musical gratuíta do grupo Arcos Iris

Lembrades que o curso pasado asistimos ao concerto do grupo Arcos Iris da Orquestra Sinfónica de Galicia? Se vos falla a memoria, podedes refrescala picando AQUÍ.

Pois nesta ocasión queremos informarvos dunha actuación pública que realizarán o próximo xoves 5 de decembro a partir das 17:00 no centro comercial Espacio Coruña.

Cremos que pode ser unha oportunidade enriquecedora para os cativos e cativas de poder disfrutar de novo dunha actuación deste quinteto de corda.


viernes, 26 de abril de 2013

Concerto "Los colores de las cuerdas" de Arcos Iris

A semana pasada tivemos a oportunidade de gozar no colexio dunha actividade diferente e moi enriquecedora. O grupo Arcos Iris, formado por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia deleitounos co seu espectáculo "Los colores de las cuerdas".
Foi un concerto marabilloso, onde nenos e nenas poideron familiarizarse cos instrumentos da familia da corda e descubrir pezas musicais clásicas dunha forma divertida.

A continuación deixámosvos unha presentación de imaxes da actividade, cunha base musical de varias pezas que os nenos/as poideron escoitar ese día.



E, para rematar, aquí tedes este vídeo recompilatorio de pequenos fragmentos dalgunhas das obras que interpretaron os integrantes de Arcos Iris.



Esperamos que vos gusten!!

domingo, 20 de enero de 2013

E por fin... Festival de Nadal!!

Estivemos recopilando as fotos que fixemos o día do festival de Nadal para poder facer unha montaxe e amosarvos o ben que o pasamos ese día. E, por fin, aquí temos o resultado!!
Visita do paxe real, ao que lle dimos as nosas cartas, merenda con produtos navideños e o festival propiamente dito... todo isto formou parte dunha mañá moi divertida.
Aquí vos deixamos o vídeo que fixemos coas fotos, esperamos que vos guste:

domingo, 16 de diciembre de 2012

Preparando o Nadal

Xa non queda nada... O Nadal xa case está aí!!
O próximo venres día 21 celebraremos o festival de nadal no cole, xunto co resto dos nosos compañeir@s.
Estamos a preparar unha actuación que vos vai deixar coa boca aberta do ben que o facemos.
Aquí tedes a música, por se queredes ensaiala na casa...


Ademais, queríamos pedirvos a vosa colaboración xa que para ese día gustaríanos que os nen@s levasen posto algo navideño, tipo gorro de papá noel ou algo semellante que teñades na casa.
Moitas grazas!!

martes, 27 de noviembre de 2012

MANDALAS DE OUTONO

Esta entrada é froito da petición popular. Nas clases estivemos traballando con mandalas e os nenos/as pedíronnos se podíamos poñer algunha máis no blogue para que as poidesen facer dende a casa. E aquí están!!

En primeiro lugar, imos comezar por explicarvos brevemente que son as mandalas e para que serve traballar con elas. As mandalas son figuras de disposición circular orixinarias das culturas orientais. Son moitos os beneficios que obtemos cando as coloreamos: melloran a concentración, a memoria, a creatividade... favorecen o reequilibrio persoal e a harmonización colectiva, axudan a combatir a fatiga e o estrés... E como éstas, aínda máis cousas.

Así foi que coa chegada do outono coloreamos nas clases algunha mandala de esta temática. Se picades aquí poderedes descargar estas mandalas que vedes a continuación, que son unha pequena recopilación das que atopamos en internet que están relacionadas co outono:

 


Para conseguir a relaxación e concentración mentres as coloreamos acompañamos esta actividade con música que contribúe a tal fin. Se buscades en youtube "música para mandalas" atoparedes infinidade de resultados. Moitos deles, con vídeos de imaxes caleidoscópicas, que case nos deixan hipnotizados cando as miramos, xa veredes....


Así que se vos animades a traballar na casa coas mandalas, xa nos contaredes qué tal foron os resultados da experiencia!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Obradoiro sobre Vivaldi

Como xa vos contamos, en música estamos traballando sobre Vivaldi e queremos informarvos, por se vos interesa, de que na Fnac de Coruña (Plaza de Lugo) este fin de semana teñen organizado un obradoiro para nen@s menores de 7 anos precisamente sobre este autor que estamos traballando.
Así que se non tiñades plans para este sábado ás 12:30, animámosvos a que vos acheguedes ata alí, xa que consideramos que pode estar interesante.

Resumindo:

Obradoiro sobre Vivaldi
Lugar: Fnac A Coruña (Plaza de Lugo)
Día: 20 de outubro 2012
Hora:12:30
Gratuíto
Para máis información, chamar ao teléfono 981 215 000

miércoles, 10 de octubre de 2012

Coñecendo a Vivaldi

Este curso imos ir aprendendo cousas sobre diferentes autores importantes na historia da música.

Como fai pouco que empezou o outono aproveitamos para coñecer cousas sobre o compositor que escribiu música para as catro estacións do ano: Vivaldi.

Así, en cada unha das clases, fomos apuntando qué cousas queremos saber, aprender, investigar... sobre Vivaldi.

Non fixemos máis que empezar con este proxecto, e imos ir pouquiño a pouco avanzando nel. Pero para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades qué queren descubrir os nenos/as de cada clase sobre Vivaldi.

Esto é o que queren saber os caracois:

 

Esto é o que queren saber as xirafas:

E esto é o que queren saber as tartarugas:


Comezamos a investigar sobre Vivaldi!!


lunes, 18 de junio de 2012

A Saia de Carolina

Moit@s de vós xa saberedes que unha das nosas cancións favoritas é A Saia de Carolina.
Traballamos con ela para a celebración do Día das Letras Galegas, pero a cousa non quedou aí xa que como resultou gustarnos tanto, decidimos facer a actividade que agora vos presentamos.
Buscamos uns pictogramas, coloreámolos, escribimos a letra da canción, cantámola e gravamos todo isto para que os demais poideses ver qué ben se nos da.
E aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!!

A Saia de Carolina interpretada pola clase dos CARACOIS:

A Saia de Carolina interpretada pola calse das XIRAFAS:

A Saia de Carolina interpretada pola clase das TARTARUGAS:

jueves, 7 de junio de 2012

Lista de reproducción en youtube

Moi boas!!
Hoxe traémosvos algo distinto. Decidimos crear en youtube unha lista de reproducción recopilando os vídeos e cancións que máis lles gustan aos nos@s cativ@s para que, se queredes, poidades escoitalas tamén na casa.
Para ver esta lista de reproducción podedes buscar en youtube a nosa canle, ou podedes pinchar directamente neste enlace:
http://www.youtube.com/playlist?list=PL65863E578EB35CC5&feature=plcp
Un dos últimos vídeos que engadimos a esta lista foi este que lles axuda aos pequenos/as a repasar o nome das cores.
Procuraremos ir engadindo periódicamente novas cancións ou vídeos cos que traballemos nas clases.
Esperamos que vos guste!!

jueves, 15 de diciembre de 2011

Música para o Nadal

A partir de hoxe engadimos un reproductor de música ao blog para amenizar un pouco as vosas visitas.
Estará de forma permanente na columna da dereita do blog. Ten este aspecto:
Tan só con clicar no play poderedes escoitar diferentes cancións que lles resultarán familiares aos nosos cativos e cativas.
Nesta ocasión deixámosvos a do famoso "Reno Rodolfo", "Mi burrito sabanero" (panxoliña que están preparando os de 4 anos) e "Llega la Navidad" (preparada polos de 5 anos).
Esperamos que vos guste!!

jueves, 24 de noviembre de 2011

Canción dos piratas

Dende comezo de curso aprendemos esta canción na clase de música e, pouco a pouco, foise convertendo nunha das nosas favoritas.
Así que decidimos gravala en vídeo para poder compartila con tod@s vós.
Esperamos que vos guste!!