Mostrando entradas con la etiqueta samain. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samain. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de noviembre de 2013

Celebración do Samaín e do Magosto

Tiñamos pendente por amosarvos cómo foi a celebración do Samaín e do Magosto no noso cole, e iso imos facer nesta entrada de hoxe.
Como xa sabedes, o pasado día 31 de outubro foi un día de troula no C.E.I.P. Arteixo xa que celebramos de forma conxunta as dúas festas populares máis importantes do outono: o Samaín e o Magosto.
Foi unha mañá chea de actividade. 
Comezamos vendo unha película "de medo" da man de Dora a Exploradora e de Caillou.
Máis tarde realizouse un obradoiro de maquillaxe, onde pintamos a cara dos cativos/as de forma terrorífica. Mentres tanto, Lidia, a profe de inglés, converteuse en bruxa e fixo un percorrido por todas as aulas amosándonos unha tradición inglesa de Halloween: Trick or treat.
Así foi avanzando a mañá ata que por fin chegou o ansiado momento de ir buscar as castañas do magosto para despois poder comelas entre xogos e risas.
E con isto aínda non terminara a xornada xa que, para rematar, todo o colexio bailou seguindo as instruccións de Nuria, a profe de música de Educación Primaria, quen coreografiou unhas cancións de medo!!
Foi unha mañá do máis completa e divertida!!

Recopilamos algunhas imaxes dese día e elaboramos esta presentación que podedes ver a continuación para que vos fagades unha idea de cómo foi todo isto.
Esperamos que vos guste e a disfrutedes!!

martes, 29 de octubre de 2013

Cabazas para o Samaín 2013

Hoxe queremos amosarvos as cabazas que elaboraron as familias do noso alumnado para o Samaín 2013 que se celebrará o día 30 de outubro no noso centro.

Queremos agradecervos a vosa colaboración e, sobre todo, felicitarvos polo voso marabilloso traballo. Noraboa, sodes uns artistas!!

lunes, 12 de noviembre de 2012

CABAZAS GAÑADORAS

Aínda non vos ensinamos as cabazas gañadoras de Educación Infantil, así que hai que poñer remedio a isto inmediatamente!!
En primeiro lugar, queremos felicitar a tod@s os participantes polo traballo feito e pola vosa implicación co que vos pedimos. Noraboa!! Mereciades gañar tod@s, pero non tiñamos premios para tantos... así que en cada ciclo houbo 4 cabazas premiadas, as de Educación Infantil foron as seguintes:
























As dúas cabazas de abaixo son obra de dúas cativas das nosas, así que dende aquí queremos felicitar a:

- Sabela Fr. da clase dos caracois pola cabaza de Chum-chum
- Loreto da clase das xirafas pola cabaza da bruxa verde

A continuación deixámosvos unhas imaxes do día da entrega dos premios. Na biblioteca do cole hai unha exposición coas fotos de todas as cabazas gañadoras e alá fomos para velas e para entregarlles o seu premio ás gañadoras.





Moitas felicidades a todos e todas os que participastes!!

domingo, 4 de noviembre de 2012

E POR FIN... CELEBRAMOS SAMAÍN!!

Xa nos tardaba, pero por fin chegou o día!!
O pasado mércores 31, como indica a tradición, celebramos a festa do Samaín.
Houbo sorpresas terroríficas!! Profes e nenos/as caracterizados para a ocasión, contos de medo, cancións que asustan, películas de pantasmas...
E, a pesares de todo isto, foi un día moi divertido!!
Como mostra, deixámosvos estas fotos nas que saímos terroríficamente guap@s!!






E tamén vos deixamos un conto que lles gustou moito aos nen@s.
A celebración do Samaín ou Halloween sérvenos para traballar sobre os medos infantís e tratar de superalos. No colexio, fixemos unha sesión de contacontos con "O gato Guille e os monstros", que podedes atopar en calqueira libraría ou biblioteca. Unha versión deste conto é esta de youtube:


Ademais disto, atopamos uns contos nunha páxina de internet (que podedes consultar aquí) e escollemos para contarlles "El país de tus miedos" porque consideramos que pode axudar a vencer moitos dos temores que os nenos e nenas teñen a estas idades. Para levar a cabo esta actividade fixemos unha versión adaptándoa ao galego. Así que se queredes descargar e imprimir este conto titulado "O país dos teus medos", picade na imaxe.



Por último, durante a última semana vimos a pelicula de Casper, un fantasma bo. Se queredes, podedes ver online este clásico picando na imaxe.



Esperamos que disfrutárades desta ponte!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Concurso de cabazas

Como ben sabedes, fai uns días pedimos a vosa colaboración para decorar na casa cos vosos fillos/as unha cabaza e traela ao cole para facer unha exposición con todas elas.
O resultado está sendo espectacular e dende aquí queremos darvos a noraboa polo voso traballo.
Este mércores 31 por fin se escollerá a cabaza gañadora do concurso que organizamos para este Samaín.
Para que vos fagades unha idea do difícil que o vai ter o xurado para escoller a mellor cabaza, aquí vos deixamos un vídeo con todas as que se presentaron para o concurso por parte do alumnado de Educación Infantil. 
Esperamos que o disfrutedes!!


viernes, 26 de octubre de 2012

Máis Samaín

Xa queda menos e xa case temos todo preparado.
Menos dunha semana para que chegue o Samaín!!
Moita xente pensa que estamos a copiar esta festa do Halloween dos americanos, pero en realidade case se podería dicir que o que ocorreu foi o contrario.
Os americanos festexan Halloween pola influencia dunha festa que antigamente celebraban os celtas, un pobo co que os galegos estamos moi relacionados.
Esta festa, precisamente, era o Samaín, ou a noite na que se cría que se abrían as portas do outro mundo e saían as pantasmas, esqueletes e bruxas, que os celtas trataban de asustar e espantar con cabazas que metían medo!!
Na nosa terra esta celebración estaba caendo no esquecemento, por iso tratamos de reavivala traballando sobre ela e ensinándolles aos nenos e nenas en qué consiste.
Unha das actividades que vimos realizando estes días é aprender esta canción do grupo Mamá Cabra. Deixámosvos a transcripción debaixo do vídeo para que vos resulte máis fácil aprendela.



Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a metros.

Óese dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo!!!

 Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

 Bailan, bailan as pantasmas,
 monstros, bruxas e curuxas.
 Bule, bule que aínda é cedo
 e hoxe toca pasar medo!!!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

MÁIS SAMAÍN...

Hoxe traemos unhas pouquiñas máis cousas sobre o Samaín.
Aquí vos deixamos unha presentación con máis imaxes sobre o que traballamos para esta celebración.
Podedes ver cómo baleiramos a cabaza, cómo decoramos as clases, maquillámonos, cantamos, bailamos...
Esperamos que vos guste!!


lunes, 31 de octubre de 2011

CHEGOU O SAMAÍN

Hoxe, 31 de outubro, celébrase o Samaín
No cole traballamos durante a semana pasada sobre esta celebración.
Na seguinte entrada atoparedes máis detalles sobre o que fixemos.


E para rematar... Unha das nosas cancións favoritas: El fantasma Manolín!!
Veña, todos/as a cantar: Uuhh-uuhh-uuhh!!