Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de marzo de 2013

Contacontos na Biblioteca de Arteixo

Como sabedes,  o pasado mércores 6 de marzo visitamos a Biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo para asistir a unha sesión de contacontos. Pasámolo fenomenal!!
Disfrutamos dos contos "Capitán Monstruito" e "¿No duermes osito?"; rimos un montón!!
Nesta presentación de fotos poderedes ver qué atentos/as estabamos, non quitábamos ollo do contacontos!!
Esperamos que vos guste:


E, para rematar, aquí tedes a cada unha das clases antes de marchar da biblioteca:








domingo, 4 de noviembre de 2012

E POR FIN... CELEBRAMOS SAMAÍN!!

Xa nos tardaba, pero por fin chegou o día!!
O pasado mércores 31, como indica a tradición, celebramos a festa do Samaín.
Houbo sorpresas terroríficas!! Profes e nenos/as caracterizados para a ocasión, contos de medo, cancións que asustan, películas de pantasmas...
E, a pesares de todo isto, foi un día moi divertido!!
Como mostra, deixámosvos estas fotos nas que saímos terroríficamente guap@s!!






E tamén vos deixamos un conto que lles gustou moito aos nen@s.
A celebración do Samaín ou Halloween sérvenos para traballar sobre os medos infantís e tratar de superalos. No colexio, fixemos unha sesión de contacontos con "O gato Guille e os monstros", que podedes atopar en calqueira libraría ou biblioteca. Unha versión deste conto é esta de youtube:


Ademais disto, atopamos uns contos nunha páxina de internet (que podedes consultar aquí) e escollemos para contarlles "El país de tus miedos" porque consideramos que pode axudar a vencer moitos dos temores que os nenos e nenas teñen a estas idades. Para levar a cabo esta actividade fixemos unha versión adaptándoa ao galego. Así que se queredes descargar e imprimir este conto titulado "O país dos teus medos", picade na imaxe.



Por último, durante a última semana vimos a pelicula de Casper, un fantasma bo. Se queredes, podedes ver online este clásico picando na imaxe.



Esperamos que disfrutárades desta ponte!!

lunes, 16 de abril de 2012

Cocicontos e Titiricontos


Recordámosvos que hoxe luns 16 e mañá martes 17 de abril son os últimos días para poder anotarse nas actividades que a Biblioteca Central Henrique Rabuñal oferta para este mes.
As actividades ás que podedes apuntar aos vosos fillos/as son:

-          Minicontos: actividade de cociña creativa con contos para nenos/as de entre 3 e 6 anos, que terá lugar o 23 de abril.

-        Titiricontos: actividade para nenos/as de entre 3 e 11 anos que terá lugar o 25 de abril.

O número de prazas é limitado, polo que aqueles que queiran asistir deberán anotarse na Biblioteca Central Henrique Rabuñal entre hoxe e mañá.

Aproveitamos para recordarvos que mañá martes 17 todas as clases de 4º de Infantil iremos de excursión á Biblioteca para coñecela mellor e escoitar un conto.
Próximamente poderedes ver que ben o pasamos!!

domingo, 15 de abril de 2012

"Cousas de avós": Carrapuchiña vermella.

"Cousas de avós" pertence a un proxecto de voluntariado desenvolvido polas persoas maiores de 60 anos que viven en Arteixo. Entre outras actividades, estes "avós" tratan de achegar á comunidade escolar as vivencias acumuladas ao longo de toda a súa vida.
Durante esta semana tivemos a ocasión de disfrutar deste proxecto no noso cole. Viñeron a contarnos o conto de Carrapuchiña vermella. Quedamos abraiados ao ver os personaxes en acción e despois tivemos a ocasión de xogar e cantar todos xuntos.
Pasámolo de marabilla!!
Deixámosvos unhas fotos da sesión do conto coa clase dos caracois e das tartarugas. Queremos pedir disculpas porque non temos fotos da sesión coa clase das xirafas debido a un problema técnico, pero podemos asegurarvos que tamén disfrutaron un montón.