Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de noviembre de 2012

Esta fin de semana... entrada gratuíta aos museos coruñeses

Xa vos anunciamos que a semana pasada podíase entrar de forma gratuíta ao Aquarium Finisterrae, á Casa das Ciencias e á Domus.
Pois ben, o sábado 24 e o domingo 25 a entrada volve ser gratuíta con motivo da XXV entrega dos Premios Prismas.
Para máis información, picade na imaxe.


Boa fin de semana!!


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Reunión coas familias

Como xa saberedes, hoxe tivemos a reunión inicial do curso coas familias.
Por se algún de vós non puido asistir, reproducimos a continuación a información que se comentou:




  • O horario das clases é de 9.30h-14.30h. (o alumnado de E. Infantil sairá 10 min antes que o resto). Rogamos puntualidade tanto na entrada como na saída.
  • Se é necesario entrar máis tarde ou saír antes, só se poderá facer na hora do recreo de 12:00-12:25, sempre avisando á titora previamente e cubrindo un xustificante.
  • Igual que o curso pasado, os nenos/as continúan precisando un mandilón de cadros vermellos e brancos que leve o seu nome e unha cinta de cor verde. É importante que teña unha cinta para colgalo.
  • Asimesmo é importante que cada neno/a teña unha gorra co seu nome marcado. Recomendamos que ademais lles enviedes unha muda, tamén co seu nome.
  • Continuamos co calendario de merendas do curso pasado. Recordade que cada día deberán traer unha bolsa de tea coa merenda que corresponda e unha botella de auga. Tanto a bolsa como a botella de auga tamén deben levar o nome do neno/a. A fruta deberá vir mondada e non deberá traerse nada que leve vidro.
  • O día que teñan clase de psicomotricidade  deberán traer chándal e tenis:
      • Clase dos caracois (5º A):  LUNS
      • Clase das xirafas (5º B): MÉRCORES
      • Clase das tartarugas (5º C): XOVES
  • A celebración dos cumpleanos será diferente este curso. O último venres de cada mes farase en cada clase unha celebración conxunta de todos os nenos e nenas que cumplisen anos ese mes (consultar folla adxunta para saber cales son). Para esta celebración deberedes poñervos de acordo coas demais familias dos nenos/as que estean de cumple. Como norma xeral, o que recomendamos que traiades será un biscoito para poder soplar a vela.
  • Libro das vacacións: faremos unha actividade conxunta para falar das nosas vacacións. Para iso pedímosvos que cada neno/a pegue 2 fotos das vacacións nun folio, que o decore e escriba un pequeno texto como máis vos guste. Desta forma lle servirá  para mostrar aos seus compañeiros/as qué foi o que fixo durante as vacacións. Antes de traer o folio á clase, falade na casa sobre qué cousas están pegadas, debuxadas ou escritas no folio para que, despois, llo poidan explicar aos demais compañeiros/as.


Por outra parte, aproveitamos para recordarvos que os libros que empregaremos durante este curso son os seguintes:

LECTOESCRITURA: LETRAS DE COLORES CON ENLACE INICIAL. (Editorial Santillana)

    •          Lectoescritura 2 (versión pauta). ISBN: 978-84-294-8782-4
    •      Lectoescritura 3 (versión pauta). ISBN: 978-84-294-9094-7
    •          Lectoescritura 4 (versión pauta). ISBN: 978-84-294-8902-6
MATEMÁTICAS: APRENDO MATEMÁTICAS ( Editorial Santillana)
    •           Primer trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8457-1
    •          Segundo trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8458-8
    •          Tercer trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8460-1

INGLÉS:  Oxford playschool. A class book. Editorial Oxford.  ISBN: 9780194734080


Ademais disto, precisamos pedirvos que cada neno/a traia o seguinte material:
    •       5 cartulinas tamaño A4 de cor branca
    •       2 paquetes de toalliñas húmidas
    •       2 rolos de papel de cociña
    •       3 caixas de panos de papel

Tamén queremos recordarvos que o horario das titorías é os luns de 16:00 a  17:00 e que é necesario pedir cita previa.  Para algunha consulta puntual que queirades facer, podedes empregar a dirección de correo cativadas.arteixo@gmail.com

Ademais dos festivos nacionais, non haberá clase o 2 de novembro de 2012 (Día do Ensino), 7 de decembro de 2012 e 20 de maio de 2013 (non lectivos neste centro) e os periodos de vacacións serán os seguintes:
  •       Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.
  •       Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.
  •       Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.


No caso de estar interesados en descargar esta información para imprimila en forma de díptico, tal e como se entregou na reunión, podedes picar aquí.


A parte disto, para poder consultar os cumpleanos e o horario de cada clase, picade onde corresponda: