Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso 2013. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de agosto de 2013

FIN DE CURSO 2012-2013

Quedan poucas semanas para dar comezo a un novo curso académico pero, mentres tanto, seguimos botando atrás a ollada para recordar algúns momentos do curso que xa rematou.

Nesta ocasión queremos amosarvos unha montaxe de fotos da actuación de fin de curso.

Tamén temos gravado un vídeo do baile para que poidades ver qué ben o fixeron os cativos e cativas, pero por motivos de privacidade non o podemos publicar neste blogue (xa que non temos a autorización de todos @s menores que se poden ver nel). Polo tanto, se algunha familia está interesada en ver de forma privada este vídeo, que se poña en contacto coa titora cando comece o curso.

Mentres tanto, para ir abrindo boca, aquí tedes estas imaxes da actuación.
Esperamos que vos guste!!

viernes, 14 de junio de 2013

BELELLE: vídeo dos mellores momentos

Aínda nos quedaba unha última cousa que amosarvos sobre a excursión a Belelle: trátase dun vídeo que recopila algúns dos momentos da viaxe. Lamentamos non poder ter gravado a tod@s os nen@s en todos os obradoiros, pero aínda non dispoñemos dos suficientes "medios técnicos" para facelo... De todas formas, parecíanos que estaría ben amosarvos estes anacos de vídeo que temos, xa que pode ser un bonito recordo. Esperamos que disfrutedes e que vos guste!!

lunes, 10 de junio de 2013

BELELLE: outros momentos da excursión

Rematamos as entradas sobre Belelle coa última entrega sobre a excursión de fin de curso.
Xa vos amosamos o que fixeron os nenos e nenas nos diferentes obradoiros dos que disfrutaron durante a mañá e, nesta ocasión, traemos imaxes doutros momentos da xornada: a chegada á granxa, a hora da comida, o camiño de volta, as siestas no bus...
Esperamos que vos guste este vídeo e que tanto este coma os demais axuden aos cativ@s a recordar qué ben o pasamos aquel día:

domingo, 9 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de peiteado de ponis

Nesta ocasión traemos o último dos obradoiros nos que participaron os nenos e nenas: o peiteado de ponis.
Durante a excursión non só tiveron a oportunidade de montar en poni, se non tamén de aprender qué coidados precisan. Entre eles, o peiteado diario, do que se encargaron os nosos cativ@s.
Aquí o podedes ver:

sábado, 8 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de mamíferos

Hoxe, de novo, voltamos con outra entrega sobre a excursión de fin de curso.
Nesta ocasión podedes ver canto disfrutaron os nenos e nenas no obradoiro de animais mamíferos.
Coñeceron a forma de vida de ovellas, años, vacas, tenreiros, coellos, cans, monos... un montón de animais que fascinaron aos cativ@s.
Aquí podedes ver cómo foi esta experiencia:

jueves, 6 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de horta

Aquí tedes outro capítulo máis sobre Belelle: o obradoiro de horta.
Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer cousiñas sobre como se cultivan diferentes tipos de plantas e incluso plantaron unha semente de chícharo para levar para casa.
A continuación deixámosvos con un resumo sobre cómo o pasaron neste obradoiro:

miércoles, 5 de junio de 2013

BELELLE: Obradoiro de cociña

Traemos hoxe o segundo capítulo sobre Belelle: o obradoiro de cociña.
Os nenos e nenas aprenderon cómo se fai o pan e ata o amasaron eles mesmo/as.
Nesta presentación de imaxes podedes ver canto disfrutaron!!
 

miércoles, 29 de mayo de 2013

BELELLE: Obradoiro de montar en poni

Tal e como vos prometéramos, aquí temos as fotos de fin de curso.
Imos ir amosándovolas pouco a pouco. Foron moitas cousas as que fixemos aquel día, así que temos que ir por partes.
En cada entrada desta serie sobre Belelle poderedes ver cada un dos obradoiros nos que participamos (montar en poni, cociña, horta, mamíferos, aves e peinado de ponis), así como tamén outros momentos da excursión.
Hoxe comezamos por recordar unha das experiencias da que máis disfrutaron os nenos e nenas: montar en poni. Nesta presentación de imaxes poderedes ver a tod@s montados como xinetes!!


martes, 14 de mayo de 2013

Belelle

Hoxe traémosvos un adianto de todo o material que temos de Belelle. Aínda estamos en proceso de recopilar todas as imaxes e facer as montaxes das mesmas, pero queríamos ensinarvos estas fotos de grupo, xa que nos encantan!! 
Son unhas fotos que sacamos cando marchabamos da granxa-escola. Foi un día agotador e nalgunhas cariñas se lles nota... Pero o cansancio valeu a pena, xa que disfrutaron moitísimo!!


CLASE DOS CARACOIS
 

CLASE DAS XIRAFAS
 

CLASE DAS TARTARUGAS

Para poder ver o resto de imaxes e vídeos pedímosvos paciencia, xa que temos moito material e vainos levar tempo editalo. Graciñas pola vosa comprensión!!

sábado, 4 de mayo de 2013

Detalles sobre a excursión a Belelle

Recordámosvos que esta semana terá lugar a excursión de fin de curso.

O próximo mércores día 8 de maio visitaremos a granxa escola de Belelle, en Neda.


Como sempre, as nenas e os nenos entrarán na súa respectiva aula ás 9:30 e a sairán do centro ás 9:45, polo que rogamos puntualidade. 
A hora de regreso prevista é ás 16:30. No caso de que nos retrasemos, poñerase un cartel na porta do centro para avisar da hora á cal se prevee a chegada. Por seguridade, a recollida do alumnado será na súa respectiva aula e NON na porta do bus.

Rogamos que ese día os nenos/as leven roupa cómoda e adaptada á climatoloxía. No caso de facer sol é moi recomendable que leven gorra. TODOS os enseres de cada neno/a han de vir marcados co nome para evitar que se extravíen (chaquetas, sudaderas, gorras, mochilas...).

Recomendamos que traian unha mochila dun tamaño non moi grande, dentro só é necesario que leven a comida e a bebida. Só realizarán a comida ao mediodía, non tomarán merenda. De ser posible, a comida será fácil de transportar, fácil de comer e que lles guste. Por seguridade, rogamos que ningún neno/a leve cartos.

Aqueles alumnos/as que non asistan á excursión quedarán atendidos polo persoal docente que queda no centro e terán o horario habitual de clases, de 9:30 a 14:30.

Para consultar calquera dúbida recomendamos poñerse en contacto coas titoras.


Vai ser un día memorable!!


miércoles, 10 de abril de 2013

DETALLES SOBRE DÚAS ACTIVIDADES

Este trimestre temos previstas moitas actividades complementarias. Como sabedes, xa visitamos o Acuario Finisterrae e a próxima semana temos prevista a seguinte actividade.

Nesta ocasión non temos que desplazarnos, xa que a actividade vaise realizar no salón de actos do centro o vindeiro venres 19. Trátase dun concerto do grupo "Arcos Iris", formado por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Mediante o espectáculo que nos presentará este grupo os nenos/as disfrutarán dunha selección de pezas de distintos xéneros musicais e aprenderán aspectos relacionados cos instrumentos e o modo no que se tocan.
Lamentablemente, esta actividade non é gratuíta. Todos os que estean interesados en participar deberán facer unha aportación de 2,50€ para custeala. Evidentemente, é unha actividade voluntaria e os que non desexen asistir estarán debidamente atendidos polo equipo docente do centro.
Dende aquí queríamos animarvos a que non perdades a oportunidade de asistir a un espectáculo coma este, xa que consideramos que ten un alto valor educativo e didáctico.
Para que os vaiades coñecendo, a continuación vos deixamos cun vídeo deste grupo, "Arcos Iris":



A seguinte actividade da que vos queremos falar é a excursión de fin de curso
O ano pasado fomos ao parque natural de Marcelle e este curso visitaremos a Granxa Escola de Belelle
Está previsto que no noso nivel (5º de Educación Infantil) a excursión se realice o mércores 8 de maio
En Belelle os nenos e nenas participarán en diferentes obradoiros nos que poderán interactuar con aves e mamíferos da granxa; elaborarán pan; coñecerán diferentes tipos de flores e plantas, aprenderán como conservalas... e un montón de cousas máis!!
De novo temos que lamentar que a actividade non sexa gratuíta. O custo da entrada á granxa son 11€, ao que hai que sumar o prezo do bus. Éste variará en función de cantos nenos/as asistan, xa que o prezo total do mesmo dividirase entre todos os participantes. Para poder calcular isto de forma exacta e facer as pertinentes reservas, tanto do bus como da granxa, precisamos saber con antelación cantos alumnos/as estarían interesados en acudir. Para iso, durante esta semana enviamos para casa unha nota que podedes consultar AQUÍ, a modo de reserva de praza. 
O último día para poder reservar praza para a excursión de fin de cursó é o venres 12 de abril. Por iso rogámosvos encarecidamente que entreguedes a nota dentro de plazo, xa que despois dese día non se poderán facer máis reservas.
En canto teñamos o número exacto de participantes, calcularemos o importe total da excursión e volo comunicaremos. Somos conscientes de que vai supoñer un esforzo económico considerable, pero se vos propoñemos facer esta saída é porque estamos convencidas de que o valor educativo compensa o valor económico.
Se queredes coñecer un pouco máis cómo é esta granxa, podedes consultar a súa páxina web clicando sobre o logotipo:

No caso de que teñades algunha dúbida en relación a estas dúas actividades que acabamos de comentar, falade coas titoras. E, de novo, repetimos que lamentamos que o centro non poida custear este tipo de actividades e teñamos que pedirvos ás familias que fagades unha aportación económica para poder levalas a cabo. Pero, como tamén dixemos máis arriba, simplemente se tratan de oportunidades que vos ofrecemos para que os cativos e cativas aprendan cousas dunha forma diferente á que facemos todos os días na clase e, no caso daqueles que non cheguen a realizar as actividades, seguirán estando atendidos/as polo persoal docente do centro.