Mostrando entradas con la etiqueta psicomotricidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta psicomotricidade. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de agosto de 2014

TIBURÓN

Outra das pequenas sorpresas que vos tiñamos gardadas era esta: o baile do tiburón!!

Se na ocasión anterior botabamos a vista atrás para recordar a coreografía do curso 2012-2013, nesta ocasión amosámosvos a coreografía estrela do curso 2013-2014. Como poderedes comprobar, os cativos e cativas xa son uns profesionais do baile e desfrutan moito del!!

Deixámosvos cun videoclip conxunto das clases dos caracois, xirafas e tartarugas bailando a canción do tiburón. Esperamos que vos guste!!

(de novo recordamos que poderedes velo con maior calidade se en Youtube picades na roda da barra gris de abaixo e seleccionades 720p ou 1080p)




E se queredes descargar o arquivo para telo no voso ordenador, picade AQUÍ

lunes, 25 de agosto de 2014

GANGNAM STYLE (curso 2012-2013)

Pensabades que isto xa rematara? Pois ainda non!!

Nesta última semana de agosto queremos traervos unhas pequenas sorpresas a modo de despedida.

E a primeira delas trátase destes vídeos, rescatados do curso 2012-2013, cando os nenos e nenas estaban en 5º de Educación Infantil.

Durante ese ano púxose de moda a canción "Gangnam style" e nas clases de psicomotricidade bailamos unha coreografía deste tema. Así foi que nalgunha desas clases gravamos uns fragmentos do baile, que hoxe traemos nesta entrada a modo de "videoclip". Desafortunadamente, durante o proceso de gravación, algún cativo/a estaba enfermo/a e non formou parte destes vídeos, aínda que esperamos que igualmente gosten de ver aos seus compañeiros/as e desfruten da coreografía (que de seguro aínda lembran!).

Ademais poderedes ver algúns nenos ou nenas que remataron o ciclo noutro colexio; é a nosa maneira de renderlles homenaxe a eses alumnos/as que tamén formaron parte de "Cativadas" no seu día.

Se nos axustes de Youtube subides a calidade do vídeo, poderedes velo mellor (na barra gris de abaixo, picar na roda e seleccionar calidad - 720p). Esperamos que vos guste!!











miércoles, 23 de abril de 2014

UN DÍA NORMAL

Habitualmente amosámosvos neste blogue actividades que realizamos nun día especial ou diferente ao resto.
Pero hoxe decidimos facer o contrario: queremos que vexades cómo é un día normal e corrente nas nosas clases. Así que un xoves calquera fotografiamos diferentes momentos da mañá en cada unha das aulas e fixemos pequenos vídeos que recollen algúns anaquiños da nosa rutina escolar.

Sempre comezamos a mañá facendo a asemblea. Así que atoparedes, na presentación que deixamos a continuación, fotos e vídeos de diferentes momentos desta actividade. Empezamos na clase dos caracois pasando lista. A continuación veredes a clase das xirafas escribindo "a palabra máxica" e, despois, a clase das tartarugas poñendo a data.

Avanza a mañá e chega a hora do traballo na mesa. Voltamos de novo á clase dos caracois para velos recortar un marcapáxinas. Na clase das xirafas están aprendendo a facer un encrucillado. E na clase das tartarugas fan unha copia sobre o proxecto no que estamos a traballar.

Como o noso "día normal" era xoves, tanto xirafas como tartarugas tiñan clase de psicomotricidade. Así que poderedes ver a estas dúas clases disfrutando dalgúns dos seus xogos favoritos ("pato-pato-oca", "veneno", "oso goloso"), aprendendo a atar os amallós ou facendo ioga para relaxarse.

Para rematar a mañá, despedímonos na clase dos caracois e vemos cómo recollen e fan as autoavaliacións do seu comportamento durante a xornada.

Esperamos que vos guste este resumo de cómo é un día calquera no noso cole.

sábado, 24 de agosto de 2013

FIN DE CURSO 2012-2013

Quedan poucas semanas para dar comezo a un novo curso académico pero, mentres tanto, seguimos botando atrás a ollada para recordar algúns momentos do curso que xa rematou.

Nesta ocasión queremos amosarvos unha montaxe de fotos da actuación de fin de curso.

Tamén temos gravado un vídeo do baile para que poidades ver qué ben o fixeron os cativos e cativas, pero por motivos de privacidade non o podemos publicar neste blogue (xa que non temos a autorización de todos @s menores que se poden ver nel). Polo tanto, se algunha familia está interesada en ver de forma privada este vídeo, que se poña en contacto coa titora cando comece o curso.

Mentres tanto, para ir abrindo boca, aquí tedes estas imaxes da actuación.
Esperamos que vos guste!!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Exercitámonos

Este mes puidemos disfrutar dentro do centro de dúas sesións de actividades e xogos psicomotores ofertadas polo concello. Trátase da actividade Exercitámonos.
Cada un dos grupos de 5º de E.I. tivemos a oportunidade de coñecer a maneira de exercitar o noso corpo partindo dun corto narrado. Foi moi motivador posto que tod@s eramos esquíos e gabeamos polas árbores, corrimos en crequenas buscando landras... Os xogos de colaboración entre equipos, os xogos de música, etc. serviron para que comprendéramos o importante que é exercitar e traballar o noso corpo.
Nestas dúas presentacións de imaxes podedes ver diferentes momentos das dúas sesións. Esperamos que vos guste!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

Xogando na clase de psicomotricidade

Un dos momentos favoritos da semana é a hora de psicomotricidade. Nesta clase aprendemos a mellorar as capacidades motoras do corpo (saltos, xiros, equilibrio...), facemos coreografías (coordinación, esquema corporal...) e tamén temos tempo para xogar. Un dos que máis lles gusta a todos é poder xogar cos diferentes tipos de "colchonetas" que temos. E aquí vos deixamos unha pequena mostra disto. Nestes collages de fotos podedes ver unha sesión de cada unha das clases xogando na aula de psicomotricidade.

CLASE DOS CARACOIS

CLASE DAS XIRAFAS

CLASE DAS TARTARUGAS