Esta semana foi moi intensa en canto a excursións: o luns tocoulle á clase das xirafas, o martes á das tartarugas e o mércores á dos caracois.
Todos fomos de visita ao parque de Bombeiros. Pasámolo xenial!!
Poidemos ver un montón de camións de bombeiros, as súas luces e as súas sereas e incluso entramos dentro dun!! Despois baixamos pola cucaña, igual que fan os bombeiros de verdade. E, para rematar, deixáronnos probar o casco de bombeiros e comprobar cánto pesa a súa roupa. Foi una visita estupenda!!
Aquí tedes a demostración do que vos estamos contando.
Así foi a visita das xirafas:
Así foi a visita das xirafas:
O martes foi o turno da clase das tartarugas. Así foi a súa visita:
E, o mércores, os caracois tamén foron coñecer aos bombeiros:
Para rematar, queremos enviarlle de parte de todos os nenos, nenas e mestras de 4º de Educación Infantil do CEIP Arteixo unha aperta e un bico moi grande para o bombeiro Jose, que nos tratou xenial durante todas as visitas.
Un millón de gracias!!
