Mostrando entradas con la etiqueta merendas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta merendas. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de diciembre de 2011

Merenda de mañá venres: GALLETAS e ZUME

Os venres traemos para merendar galletas (ou similares) e zume.
Este tipo de alimentos son ricos en hidratos de carbono, que son os encargados de aportarnos enerxía para traballar toda a mañá.
Algunhas suxerencias para traer de merenda alimentos deste tipo poden ser os seguintes ou todos aqueles que se vos ocorran:

- Galletas de tódalas clases
- Picos de pan
- Barquillos
- Biscoitos
- Pan torrado
- Zumes de calquer tipo
- Etc.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Merenda de mañá xoves: LÁCTEOS

Os xoves tomamos de merenda produtos lácteos.
O leite, e todos aqueles produtos derivados del, son ricos en calcio.
O calcio axuda a que os nosos ósos crezan fortes.
Algunhas suxerencias para traer merendas deste tipo poden ser as seguintes:

- Liscas ou taquiños de queixo
- Queixo cremoso (pode ser acompañado de picos de pan)
- Queixo fresco
- Queixiños en porcións
- Iogures
- Iogures bebibles
- Batidos
- Natillas
- Leite callado
- Etc.

E todos aqueles outros productos derivados do leite que queirades.

martes, 29 de noviembre de 2011

Merenda de mañá mércores: BOCADILLO ou SÁNDWICH

Os mércores merendamos bocatas e sándwiches. 
É dicir, o que pretendemos é que os nenos e nenas tomen algo de fiambre ou embutido (tamén patés) acompañados dun pouco de pan.
 O fiambre e os embutidos, así como a carne en xeral, son alimentos ricos en proteínas, que son as que axudan a que medren os nosos músculos.
Por iso é importante tomar tamén este tipo de alimentos, xa que teñen os compoñentes axeitados para axudarnos a medrar fortes.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Merenda de mañá martes: FROITA

Os martes traemos froita para merendar.
A froita é un compoñente moi importante da dieta xa que, entre outras cousas, aporta vitaminas que axudan a crecer sans e fortes.
Tanto nenos como adultos deben tomar 5 racións de froita e verdura cada día.
Por iso, para axudar a conseguilo, os martes tomamos froita á hora da merenda.
Por cuestión de tempo e organización, ésta deberá vir xa lavada e mondada (no caso de que o neno/a non sexa capaz de mondala por sí mesmo).

Algunhas suxerencias para merendar froita poden ser as seguintes:

- Mazá ou pera (cortada, no caso de que o nen@ esté acostumado a comela así; podémoslle botar unhas pingas de zume de limón para evitar que se oxide)
- Plátano
- Uvas
- Mandarina
- Fresas
- Cereixas
- Sandía
- Macedonias (nun recipiente poden traer anaquiños de froitas diferentes para alternar sabores; ademais das que xa mencionamos, outras opcións poden ser: melocotóns, pexegos, kiwis, piña...)
- Cenoria (aínda que non sexa exactamente unha froita é unha opción compatible)
- Noces, améndoas, avelás... (tampouco son exactamente froitas, pero ocasionalmente podemos recurrir a elas, xa que se trata de froitos secos)

domingo, 27 de noviembre de 2011

Merendas

Ola familias!!
Hoxe vos traemos unha entrada un pouco distinta, xa que non vos imos ensinar o que traballamos no cole, senón que decidimos falarvos dun tema moi importante para os pequenos/as: a alimentación.
Como xa sabedes, este curso decidiuse establecer un calendario de merendas para que os cativos/as aprendan a comer de forma variada.
Tódolos días, a media mañá, tomamos un pequeno tentempé para coller forzas antes de sair ao recreo. Cada día da semana vos pedimos que os nenos/as traian un tipo de merenda diferente para que vaian comprendendo a importancia de tomar diferentes tipos de alimentos.
Tedes o calendario de merendas na columna da dereita de forma permanente, por se algún día queredes consultalo. Hoxe, volo deixamos aquí en grande para axudarvos a facer memoria:
Como xa sabedes, mañá luns é día libre e podedes traer a merenda que queirades xa que, despois da fin de semana, pensamos que vos pode resultar un pouco máis complicado ter na casa algo específico que toque para o día seguinte.
Así que mañá elexides vos. E para o resto dos días da semana imos ir dando suxerencias de qué cousas poden traer os nenos e nenas como merenda. Esperamos que vos sexa útil.