domingo, 31 de marzo de 2013

LIBRO DOS ANIMAIS SALVAXES

Estamos xa quentando motores para comezar o terceiro trimestre.
Pero antes haberá que rematar o segundo como é debido!!
Para iso traémosvos nesta entrada unha mostra do traballo que os cativ@s fixeron durante este trimestre que acabamos de rematar. Como sabedes, estivemos a traballar sobre os animais salvaxes. Cada unha das clases elaborou, sobre este tema, un libro que cada neno/a poderá levar un día a casa para poder velo.
E aqueles que o queiran volver ver, poderán facelo neste blogue todas as veces que desexen.
A continuación amosámosvos unhas presentacións sobre os libros de cada unha das clases e, ademais, deixamos uns enlaces (debaixo de cada vídeo) para poder descargar o libro no voso ordenador.
Esperamos que vos guste!!

CLASE DOS CARACOIS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.




CLASE DAS XIRAFAS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.



CLASE DAS TARTARUGAS

Para descargar o libro no ordenador, clicar AQUÍ.

lunes, 18 de marzo de 2013

DOUS AVISOS

Hoxe queremos informarvos de dúas cousas:

1- Hoxe, 18 de marzo, comeza o período de reserva ou renuncia de praza para o vindeiro curso escolar 2013-2014.
Os nenos e nenas que xa están matriculados durante este curso, xa teñen garantida a continuidade e non é necesario que fagan ningunha solicitude  (no caso de querer continuar no noso centro).
No caso de querer cambiar de colexio, en primeiro lugar deberán presentar unha renuncia por escrito no CEIP Arteixo e, a continuación, reservar praza no centro no que estean interesados en asistir o vindeiro curso.
Para máis información, pódese consultar a nota que o alumnado levou para casa clicando aquí ou ampliar a información aquí (Orde do 12 de marzo pola que se desenvolve o procedemento de admisión de alumnado).

2- Xa está dispoñible a programación da "Hora do conto" da Biblioteca Central Henrique Rabuñal para os meses de abril e maio:

domingo, 17 de marzo de 2013

PROXECTO: ANIMAIS SALVAXES

Este trimestre comezamos a traballar nun proxecto para o que vos pedimos a vosa colaboración e agora queremos amosarvos os resultados.
Trátase do proxecto sobre os animais salvaxes, co que pretendíamos que os cativ@s descubrisen novas cousas sobre os animais que viven en diferentes hábitats: a selva, a sabana, o deserto, o océano e o polo norte.
O resultado deste proxecto foi moi satisfactorio e temos varias cousiñas sobre el que vos imos ir amosando pouco a pouco.
A continuación deixámosvos cunha presentación de fotos onde poderedes ver cómo os nenos/as foron traballando para construír e recrear os diferentes hábitats de vida dos animais, ata que completamos, en cada unha das clases, o recuncho dos animais savaxes.

Esperamos que vos guste:

CLASE DOS CARACOIS



CLASE DAS XIRAFAS



CLASE DAS TARTARUGAS


miércoles, 13 de marzo de 2013

Proximamente... Visitamos o Aquarium Finisterrae!!

Para rematar co traballo que estamos levando a cabo sobre o tema dos animais salvaxes (do que pronto vos ensinaremos moitas cousas) ao inicio do terceiro trimestre iremos de excursión ao Aquarium Finisterrae de A Coruña.
Para iso, esta semana os nenos/as levaron para casa unha autorización que é preciso que traian cuberta antes de que marchemos de vacacións (22 de marzo).
A saída está programada para o xoves 4 de abril en horario lectivo.
Xa tod@s están moi ilusionad@s con poder ver ao tiburón Gastón en vivo e en directo!!!

domingo, 10 de marzo de 2013

Contacontos na Biblioteca de Arteixo

Como sabedes,  o pasado mércores 6 de marzo visitamos a Biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo para asistir a unha sesión de contacontos. Pasámolo fenomenal!!
Disfrutamos dos contos "Capitán Monstruito" e "¿No duermes osito?"; rimos un montón!!
Nesta presentación de fotos poderedes ver qué atentos/as estabamos, non quitábamos ollo do contacontos!!
Esperamos que vos guste:


E, para rematar, aquí tedes a cada unha das clases antes de marchar da biblioteca:








martes, 5 de marzo de 2013

EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA DE ARTEIXO


O mércores 6 de marzo imos de excursión á Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo.
Esta saída realizarase a media mañá e non afecta en absoluto ó horario lectivo.
Vai ser moi divertido, xa vos contaremos qué tal o pasamos!!

miércoles, 27 de febrero de 2013

CUMPLES DE FEBREIRO

É incrible o rápido que pasa o tempo: xa está rematando febreiro!!
E, como tódolos meses, toca felicitar aos nenos e nenas que cumpliron 5 anos durante o mes de febreiro.
Aló imos!! Moitas felicidades para...


- Claudia, Alejandro e Iria da clase dos caracois:

ALEJANDRO, IRIA E CLAUDIA



- Valeria da clase das xirafas:

VALERIA



- Carlos da clase das tartarugas:

CARLOS



Un pouco de música para os cumpleañeir@s!!

domingo, 24 de febrero de 2013

MÁIS ENTROIDO

Por fin temos listas todas as fotos e vídeos do entroido e cremos que a espera valeu a pena!! A continuación deixámosvos 3 vídeos: os dous primeiros son unha presentación de fotos e o último é un video-montaxe da festa de entroido. Desexamos que vos gusten!!

Comezamos coas imaxes do desfile de disfraces. Aquí podedes ver aos "Gatos con botas" desfilando e bailando ao ritmo de "Miau, miau, miau":



Continuamos cunha recopilación de imaxes de diferentes momentos da xornada: contemplando o desfile dos compañeiros, facendo o pasarrúas, comendo postres típicos de entroido (Que bos estaban!! Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!), ...




E rematamos con este vídeo-montaxe onde nos poderedes ver a todos e todas disfrutando a tope deste día:





NOTA: como xa saberedes, para poder publicar neste blogue as imaxes dos nenos e nenas é necesaria unha autorización específica por parte dos pais/nais/titores. Esa é a razón pola que intentamos evitar, cos medios que temos, que os nenos e nenas que non son de 5º de Edu. Infantil saian nestas fotos, xa que non temos a autorización expresa das súas familias. Por este motivo non podemos facer públicos, por exemplo, vídeos do desfile nos que se ven a outros nenos/as que non son de 5º de Edu. Infantil. 

jueves, 14 de febrero de 2013

O ENTROIDO DOS GATOS CON BOTAS


Como sabedes, todo o colexio nos disfrazamos coa temática dos contos clásicos. 
No noso nivel, 5º de Educación Infantil, fomos disfrazados do "Gato con botas".
Aquí vos deixamos un adianto das fotos deste entroido. Esperamos que vos gusten!!

Os "Gatos con botas" da clase dos CARACOIS


Os "Gatos con botas" da clase das XIRAFAS


Os "Gatos con botas" da clase das TARTARUGAS


Os "Gatos con botas" de 5º de Educación Infantil

viernes, 8 de febrero de 2013

AVISO

Despois deste día tan divertido recordámosvos que o luns, martes e mércores non haberá clase; polo tanto verémonos de novo o xoves 14 de febreiro.
Esperamos que disfrutedes deste días!! Vémonos á volta!!

jueves, 7 de febrero de 2013

Esta semana seguimos os mandatos do Meco...

Tal e como vos contamos na anterior entrada, durante esta semana cada día debíamos traer unha cousa diferente para disfrazarnos. A verdade é que foi unha semana moi divertida e este foi o resultado:
CARACOIS


XIRAFAS


TARTARUGAS


E como mañá disfrazámosnos do "Gato con Botas" deixámosvos esta canción para ir abrindo boca... 

martes, 5 de febrero de 2013

MANDATOS DO MECO

O entroido está chegando e cada día desta semana o Meco daranos unha consigna para vir disfrazados/as. Así que para saber o que toca cada día, consultade este taboleiro:


domingo, 3 de febrero de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Como xa sabedes, o mércores 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz.




Todos os nenos e nenas do colexio xuntámonos para celebrar este día.
Como podedes ver na presentación de fotos, reunímonos no pavillón do colexio para que cada ciclo cantase unha canción da Paz. O ciclo de Educación Infantil interpretamos a "Cantarela dos nenos".


Ademais, durante toda a semana, elaboramos unha serie de normas de convivencia dentro do centro, que servirán para que a paz non sexa cousa só dun día, senón para que estea presente sempre. En Educación Infantil traballamos sobre qué normas debemos seguir cando imos polos corredores do cole. O resultado foi este:

 
 

E, para rematar, tal e como prometéramos, realizamos entre todos un enorme lazo da paz:


miércoles, 30 de enero de 2013

CUMPLES DE XANEIRO

Aquí están o neno e a nena que primeiro cumpliron os 5 anos. Qué maiores son!!
Xaneiro remata mañá, pero como estes nen@s xa celebraron o seu cumple, xa podemos amosarvos as súas fotos.
Neste caso trátase dun caracol e dunha tartaruga. As xirafas tardarán un pouquiño máis en comezar a cumplir 5 anos.
Dende aquí queremos felicitar a Alex da clase dos caracois:

ALEX

E moitas felicidades tamén para Lamiae Z. da clase das tartarugas:

LAMIAE Z.

Un bico moi grande para os maiores das nosas clases!!
Rematamos bailando un pouco...

domingo, 27 de enero de 2013

PETICION DE COLABORACIÓN ÁS FAMILIAS

Durante a pasada semana os nenos/as levaron para casa unhas notas (que podedes consultar aquí) para pedir a colaboración das familias na celebración do día da paz e no entroido. Tamén queremos utilizar este blogue como medio para pedirvos o mesmo, unha vez máis.

DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz. Entre outras actividades, sairemos ao patio para cantar cancións sobre a paz e para formar xuntos, todos os nenos e nenas do colexio, un gran lazo da paz, do que procuraremos sacar unha imaxe "dende arriba".

Esta fotografía do CEIP El Sol, pode darvos unha idea do que pretendemos facer (só que no noso caso, a figura que formaremos será un lazo da paz).

Para que isto sexa máis vistoso, procuraremos ir vestidos todos iguais: cunha camiseta branca.
Por iso vos pedimos que colaboredes enviándolle aos vosos fillos/as unha camiseta branca metida dentro dunha bolsa (a bolsa deberá ir marcada co nome do neno/a). Para realizar esta actividade, ese día poñerémoslles a camiseta por riba do mandilón.


DÍA DO ENTROIDO

O venres 8 de febreiro celebraremos o entroido no noso colexio. Este ano, os diferentes niveis irán disfrazados de diversos contos populares. No noso caso, o nivel de 5º de Educación Infantil, disfrazarémonos do "Gato con botas"

Nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que ese día os nenos e nenas veñan todos vestidos de negro e cunhas botas; a poder ser, botas de caña alta e lisas (sen debuxos nin estampados), por exemplo, unhas botas de auga.

Para o resto dos complementos do disfraz, xa estamos traballando na súa elaboración nas clases.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!



martes, 22 de enero de 2013

Excursión ao cine

Como sabedes, o 11 de xaneiro fixemos a nosa primeira excursión deste ano: fomos todos xuntos ao cine. Tiñamos moitas ganas de facer esta saída xa que, por cuestións metereolóxicas, tivera que ser adiada. E a espera valeu a pena; os nenos e nenas difrutaron un montón da película "Brave". A continuación deixamos unha presentación de fotos que vos amosa este día. 
Esperamos que sexa do voso agrado.

domingo, 20 de enero de 2013

E por fin... Festival de Nadal!!

Estivemos recopilando as fotos que fixemos o día do festival de Nadal para poder facer unha montaxe e amosarvos o ben que o pasamos ese día. E, por fin, aquí temos o resultado!!
Visita do paxe real, ao que lle dimos as nosas cartas, merenda con produtos navideños e o festival propiamente dito... todo isto formou parte dunha mañá moi divertida.
Aquí vos deixamos o vídeo que fixemos coas fotos, esperamos que vos guste:

viernes, 11 de enero de 2013

DESPEDIDA DE NOELIA

Este primeiro trimestre a clase das tartarugas tivo como titora á profe Noelia.
Agora que neste segundo trimestre se reincorporou a súa profe Salvia, as tartarugas tiveron que despedirse de Noelia.
Dende aquí queremos enviarlle unha aperta e un bico moi grande!!
Ata sempre, Noelia!!

miércoles, 9 de enero de 2013

NOVA DATA EXCURSIÓN AO CINE: 11 DE XANEIRO

Como recordaredes, o pasado 14 de decembro tiñamos prevista a primeira saída do curso. Por mor da alerta laranxa que houbo ese día, a consellería de educación suspendeu todas actividades que tivesen que ser realizadas no exterior do centro e vímonos na obriga de ter que pospoñer esa saída.
Xa temos nova data para realizala: será o vindeiro venres día 11.

O horario das clases será o mesmo de sempre, a saída non o modificará en absoluto.
Ademais, podemos adiantarvos que a película que veremos no cine (Espacio Coruña) será "Brave (Indomable)".
Deixámosvos aquí a súa banda sonora para que poidades ir abrindo boca.

martes, 8 de enero de 2013

CUMPLES DE DECEMBRO

Despois dun longo descanso retomamos a actividade poñéndonos as pilas.

Para comezar, o primeiro que vos imos amosar son as fotos dos cumpleañeir@s de decembro. É dicir, eses nenos e nenas que foron os últimos en cumplir os 4 anos.
Agora sí que podemos dicir que as clases dos caracois, xirafas e tartarugas son as clases de 4 anos xa que por fin todos e todas os cumplimos!!

En concreto nesta ocasión hai que felicitar a...

- Ricardo da clase dos caracois
RICARDO


- Adrián e Alberto da clase das xirafas
ADRIÁN e ALBERTO


- Lola e Iván da clase das tartarugas
LOLA e IVÁN


Moitísimas felicidades a tod@s!!

E, para non perder o costume, dedicámosvos unha canción para mover o esquelete!!

jueves, 27 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS

Desexamos que esteades pasando estas festas o mellor posible.
Á volta das vacacións poñerémonos ao día e ensinarémosvos as fotos do festival de Nadal. Pasámolo estupendamente!!


Recordade, vémonos o día 8 de xaneiro.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Preparando o Nadal

Xa non queda nada... O Nadal xa case está aí!!
O próximo venres día 21 celebraremos o festival de nadal no cole, xunto co resto dos nosos compañeir@s.
Estamos a preparar unha actuación que vos vai deixar coa boca aberta do ben que o facemos.
Aquí tedes a música, por se queredes ensaiala na casa...


Ademais, queríamos pedirvos a vosa colaboración xa que para ese día gustaríanos que os nen@s levasen posto algo navideño, tipo gorro de papá noel ou algo semellante que teñades na casa.
Moitas grazas!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

ATENCIÓN: EXCURSIÓN SUSPENDIDA

Vémonos na obriga de suspender a excursión programada para mañá debido á alerta metereolóxica anunciada. 

Na páxina web da Consellería de Educación podemos ler o seguinte (se picades na imaxe, levaravos ao enlace):


Polo tanto, para evitar posibles perigos, A EXCURSIÓN POSPOÑERASE ATA NOVO AVISO.

Informaremos próximamente de cando poderemos levala a cabo.



miércoles, 12 de diciembre de 2012

Axudemos a Rodolfo!!

Esta semana recibimos unha noticia que nos ten moi preocupad@s.
Rodolfo (Rudolf en inglés), o reno de Papá Noel ao que lle adicamos a canción do nadal pasado, ten un problema: mancou unha pata!!!
Pobre Rodolfo...
Vimos esta mensaxe de Papá Noel na que nos di que este ano lle pidamos pouquiños regalos para que así o trineo pese menos e poidan levalos a tod@s os nen@s.



Ánimo Rodolfo!! Esperamos que te recuperes axiña!!

martes, 11 de diciembre de 2012

Presentámosvos a Laila

Xa fai uns días que na clase dos caracois temos unha nova compañeira e hoxe aproveitamos para presentárvola: aquí tedes a Laila.


LAILA

Esperamos que estea moi contenta con nós, tanto coma nós estamos con ela.
Benvida, Laila!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Días non lectivos

Recordámosvos que o xoves 6 é festivo por ser o Día da Constitución e que o venres 7 é un dos días escollidos como non lectivos neste centro.
Así que nin o xoves, nin o venres haberá clase.
Vémonos de novo o luns.


sábado, 1 de diciembre de 2012

CUMPLES NOVEMBRO

Hoxe comeza decembro e, polo tanto, no cole tocou celebrar a festa de cumpleanos de tod@s @s que cumpliron 4 anos en novembro.
Este mes pasado tivemos 6 cumpleañeir@s en total, que foron @s seguintes:

Da clase dos caracois...

LUCÍA, ÁFRICA e TRIANA


Da clase das xirafas...

ALÉN e VÍCTOR


Da clase das tartarugas...

PAULA


Moitísimas felicidades a todos e todas!!

E agora, como sempre, un pouco de música para celebralo!!

jueves, 29 de noviembre de 2012

Seguimos precisando cartóns de ovos

Decembro vai comezar e o nadal xa se achega.
Fai uns días que vos pedimos se podiades contribuir cuns cartóns de ovos, xa fosen de ducia ou media, para axudarnos a facer a decoración de nadal do colexio. A vosa resposta foi moi positiva e dende aquí volo queremos agradecer.
Pero aínda seguimos a precisar máis cartóns e queremos desvelarvos para qué.
Este curso decidimos facer os adornos de nadal con material reciclado ou reutilizado.
En internet atopamos esta imaxe dunha árbore de nadal...

(os dereitos desta imaxe non pertencen ao noso blogue)

... e puxémons mans á obra para poder reproducila e así decorar os nosos corredores.
Como estades a ver, precisamos moitos cartóns de ovos, así que agradeceríamos se poidésedes continuar enviando algún que teñades pola casa.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

martes, 27 de noviembre de 2012

MANDALAS DE OUTONO

Esta entrada é froito da petición popular. Nas clases estivemos traballando con mandalas e os nenos/as pedíronnos se podíamos poñer algunha máis no blogue para que as poidesen facer dende a casa. E aquí están!!

En primeiro lugar, imos comezar por explicarvos brevemente que son as mandalas e para que serve traballar con elas. As mandalas son figuras de disposición circular orixinarias das culturas orientais. Son moitos os beneficios que obtemos cando as coloreamos: melloran a concentración, a memoria, a creatividade... favorecen o reequilibrio persoal e a harmonización colectiva, axudan a combatir a fatiga e o estrés... E como éstas, aínda máis cousas.

Así foi que coa chegada do outono coloreamos nas clases algunha mandala de esta temática. Se picades aquí poderedes descargar estas mandalas que vedes a continuación, que son unha pequena recopilación das que atopamos en internet que están relacionadas co outono:

 


Para conseguir a relaxación e concentración mentres as coloreamos acompañamos esta actividade con música que contribúe a tal fin. Se buscades en youtube "música para mandalas" atoparedes infinidade de resultados. Moitos deles, con vídeos de imaxes caleidoscópicas, que case nos deixan hipnotizados cando as miramos, xa veredes....


Así que se vos animades a traballar na casa coas mandalas, xa nos contaredes qué tal foron os resultados da experiencia!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Esta fin de semana... entrada gratuíta aos museos coruñeses

Xa vos anunciamos que a semana pasada podíase entrar de forma gratuíta ao Aquarium Finisterrae, á Casa das Ciencias e á Domus.
Pois ben, o sábado 24 e o domingo 25 a entrada volve ser gratuíta con motivo da XXV entrega dos Premios Prismas.
Para máis información, picade na imaxe.


Boa fin de semana!!