domingo, 26 de enero de 2014

Excursión á Casa das Ciencias

O próximo luns 3 de febreiro visitaremos a Casa das Ciencias e o Planetario.
Esta excursión axudaranos a comezar a aprender algunhas cousas sobre o novo proxecto no que imos traballar.
A visita é gratuíta, pero hai que pagar 2 euros como gastos de transporte.
Non se modifica en absoluto o horario habitual de clases (de 9:30 a  14:30).
Pregamos que antes do mércores 29 de xaneiro os vosos fillos/as traian cuberta a autorización que se lles enviou a semana pasada (pódese consultar AQUÍ), tanto no caso de que vaian a ir á visita, como no caso de que non.

jueves, 23 de enero de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Por fin temos recopiladas e listas as fotos da festa de nadal.
Foi unha mañá estupenda: primeiro o festival, co seu correspondente desfile e actuacións, despois, merendola navideña e, para rematar, visita do paxe real e xogos.
Nesta presentación de fotos poderedes ver un resumo de cómo foron algúns destes momentos.
Queremos agradecer ás familias que nos achegaron as fotos que fixeron do festival xa que nós o que temos feito é un vídeo, pero que non podemos publicar aquí por temas de privacidade de imaxe. De todas formas, farémolo chegar de forma particular ás familias para que o teñades de recordo.
E, sen máis, deixámosvos coas fotos do festival. Esperamos que vos gusten!!

domingo, 19 de enero de 2014

Cumples desta semana: Lamiae Z.

Comezamos o ano celebrando o primeiro dos cumpleanos. Trátase da maior de tod@s @s cativ@s que forman parte deste blogue.
Estamos a falar de Lamiae Z., da clase das tartarugas, que cumpliu nada máis e nada menos que 6 anos o pasado luns 13 de xaneiro.
Sí, sí, xa 6 anos!! Está feita toda unha mociña!! 
E dende aquí queremos agradecerlle que nos convidase a unha tarta tan bonita e, como non, queremos desexarlle moitas, moitas felicidades!!

LAMIAE Z.

viernes, 10 de enero de 2014

Concertos en familia da Orquestra Sinfónica de Galicia: "Los clásicos"

Dentro da programación dos concertos en familia da Orquestra Sinfónica de Galicia para este curso 2013-2014 inclúese un módulo chamado "Los clásicos" que se desenvolverá o sábado 18 de xaneiro ás 12:00 no Pazo da Ópera da Coruña.
Por qué salientamos este concerto? Pois porque, entre outros clásicos como Beethoven, Bach, Rossini, Chaikovski..., interpretaranse pezas de Vivaldi e Mozart, dous dos autores que xa traballamos cos cativos/as.
Por iso vos informamos deste concerto, xa que consideramos que pode resultar do voso interese.
Para coñecer máis detalles, podedes clicar na imaxe.

miércoles, 25 de diciembre de 2013

BO NADAL

Tod@s @s que formamos Cativadas de Arteixo queremos desexarvos moi bo Nadal!!


CLASE DOS CARACOIS


CLASE DAS XIRAFAS



CLASE DAS TARTARUGAS

domingo, 22 de diciembre de 2013

Cumples desta semana: Ricardo, Alberto, Adrián, Lola e Iván

Esta última semana do ano e do trimestre tivemos moito que celebrar.
Ademais de festexar o nadal, estes días houbo varias festas de cumple en cada unha das clases.
Algúns nenos/as cumpliron esta semana e outros farano durante as vacacións, pero dende aquí queremos felicitalos a todos/as nesta ocasión. Así que imos aló!

Na clase dos caracois tivemos de cumple a Ricardo o día 17. O biscoito que compartiu con nós estaba tan rico, que non quedaron nin as migallas!! Felicidades!!

RICARDO


Na clase das xirafas celebramos dous cumples.

O cumple de Alberto foi o 19 e xa lle tardaba que chegase o seu día, estaba moi emocionado. Moitas grazas polo biscoito que nos trouxeches!!

ALBERTO


O cumple de Adrián celebrámolo durante esta semana, aínda que en realidade é o día 22. Convidounos a un biscoito súper chulo. Agora sí que xa lle podemos dar as felicidades por eses 5 anos!!

ADRIÁN


Na clase das tartarugas tamén houbo dous cumples.

Lola cumpliu o día 19 e convidounos a unha saborosa lapeira. Estaba toda contenta e non era para menos!! Moitas grazas e moitas felicidades!!

LOLA


E o pequeno de todos os cativos/as deste blogue cumple anos o día 28, pero como a data nos colle de vacacións, tamén o celebramos durante esta semana. Trátase de Iván, quen nos convidou a un biscoito moi orixinal. Feliz cumple, Iván!!

IVÁN


Moi feliz cumple a todos/as e que disfrutedes dos vosos 5 anos.

Agora sí que sí, xa todos os cativos e cativas teñen 5 anos!!

En nada comezarán a cumplir 6... cómo pasa o tempo!! Verdade?

sábado, 21 de diciembre de 2013

Unha proposta de ocio para estas vacacións: "Bacteria Mutante"

O planetario da Casa das Ciencias de A Coruña vén de estrear unha nova proxección que se poderá  ver durante estas vacacións.
Trátase do programa "Bacteria Mutante", unha historia que comeza nos confíns da nosa galaxia, a Vía Láctea, e na que unha morea de microorganismos vivirán un montón de aventuras.
Este programa pode resultar unha forma amena de introducir aos cativos/as no proxecto no que comezaremos a traballar á volta das vacacións, ou, simplemente, unha boa excusa para pasar un bo rato en familia.
As proxeccións realízanse todos os días ás 12:00 (en galego) e ás 17:00 (en castelán) no planetario da Casa das Ciencias.

Para máis información, clicade na imaxe.

martes, 17 de diciembre de 2013

Proxecto "Os dinosaurios": Rematamos co proxecto

A piques estamos de rematar o primeiro trimestre, así que rematamos tamén co primeiro proxecto no que traballamos este curso: "Os dinosaurios".
Xa vos amosamos anteriormente algunhas actividades que fomos realizando e, nesta ocasión, poderedes ver nas seguintes fotos cómo elaboramos dinos de plastilina, ovos con pasta de papel, fabricamos un volcán e fixémolo erupcionar, buscamos fósiles e "fabricamos" os nosos propios, construimos un T-rex... 
Este é un pequeno recopilatorio de tantas e tantas cousas que levamos feito durante estes primeiros meses de cole. Tantas e tantas foron, que non nos chegou cunha presentación de fotos, tivemos que facer dúas!!
Esperamos que vos guste e que disfrutedes véndoo tanto coma nós vivíndoo:

domingo, 15 de diciembre de 2013

Canción do outono

Está a piques de comezar o inverno, pero nestes últimos días do outono vimos amosarvos unha canción que aprendimos durante esta estación e que resultou ser todo un éxito.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!


Clase dos caracois interprentando a canción do outono



Clase das xirafas interpretando a canción do outono



Clase das tartarugas interpretando a canción do outono 

viernes, 13 de diciembre de 2013

Peticións varias e convite ao Festival de Nadal 2013

Queridas familias:

Tal e como vos comunicamos onte por medio de dúas notas que o alumnado levou para casa queremos, por unha parte, convidarvos ao "Festival de nadal 2013" de Educación Infantil que terá lugar o 20 de decembro ás 10:30 (consultar AQUÍ para máis detalles) e, por outra parte, precisamos pedirvos varias cousas para continuar traballando o nadal. Así que aproveitamos de novo este medio de comunicación para facer un recordatorio:

- Para a actuación do festival, necesitamos que o venres 20 os cativ@s veñan vestid@s de blanco pola parte de arriba, cun pantalón vaqueiro e cun gorro vermello de Papá Noel.

- Fainos falla, tamén, un selo de Correos para España (37 céntimos de euro)

- Precisamos unha actualización dos datos do alumnado, polo que teredes que cubrir o que se pide na nota enviada para casa (clicar AQUÍ para vela) e traelo de volta coa maior brevidade posible

Moitísimas grazas de novo pola vosa colaboración!! 




(as imaxes son orientativas)




miércoles, 4 de diciembre de 2013

Actuación musical gratuíta do grupo Arcos Iris

Lembrades que o curso pasado asistimos ao concerto do grupo Arcos Iris da Orquestra Sinfónica de Galicia? Se vos falla a memoria, podedes refrescala picando AQUÍ.

Pois nesta ocasión queremos informarvos dunha actuación pública que realizarán o próximo xoves 5 de decembro a partir das 17:00 no centro comercial Espacio Coruña.

Cremos que pode ser unha oportunidade enriquecedora para os cativos e cativas de poder disfrutar de novo dunha actuación deste quinteto de corda.


domingo, 1 de diciembre de 2013

Cumples desta semana: Víctor

Esta semana só houbo celebración na clase das xirafas, pero non por iso foi menos importante.
Víctor cumpliu 5 anos e festexouno cos seus compañeiros/as por todo o alto.
Aquí o tedes coa súa coroa de cumple.
Moi feliz cumple, Víctor!!

VÍCTOR

sábado, 30 de noviembre de 2013

25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado luns 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Nas clases traballamos sobre o importante que é non utilizar a violencia e sobre qué outras conductas de respeto e cariño cara os demais debemos amosar.
Na entrada do colexio colocouse un gran cartel ao que cada unha das clases fomos facendo a nosa propia achega.
Aquí tedes unha mostra de todo isto:









viernes, 29 de noviembre de 2013

Bolechas: Debuxa o teu cole

Os cativos/as de 6º de Educación Infantil do C.E.I.P. Arteixo participamos no concurso "Os Bolechas: Debuxa o teu cole".
Cada neno e nena elaborou un debuxo sobre como el ou ela ve o noso colexio.
Para ver as bases deste concurso ou, inclusive, para poder participar dende a casa, podedes clicar aquí

Estes son algúns dos debuxos que enviamos ao concurso:


Clase dos caracois (código 1577)




Clase das xirafas (código 1578)




Clase das tartarugas (código 1579)


A ver se temos sorte!!

jueves, 28 de noviembre de 2013

Nadal Solidario

Queridas familias:

Tal e como xa vos informamos, un ano máis o noso colexio colabora no Nadal Solidario organizado pola Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Arteixo. Por iso estes días os cativos e cativas debuxaron e decoraron unhas postais navideñas que foron distribuídas polos comercios e locais hosteleiros de Arteixo.
Calquer veciño/a ou visitante pode recoller algunha destas postais solidarias, deixando a cambio alimentos non perecedoiros, que serán destinados a Cáritas de Arteixo.
As postais que realizaron os vosos fillos e fillas están expostas nos seguintes locais:

- Clase dos caracois: Bar Code
- Clase das xirafas: Librería Mina
- Clase das tartarugas: Cafetería O Rancho

Isto non implica que cada pai/nai teña que ir comprar a postal que elaborou o seu fillo/a.
Simplemente queríamos informarvos de que se atopan neses locais para que as persoas que se acheguen, e queiran colaborar, poidan "mercalas" a cambio de alimentos.


martes, 26 de noviembre de 2013

Petición de material para que poidamos elaborar un adorno de nadal

Cada vez falta menos para que chegue o nadal e nós xa estamos cos preparativos.
Desta vez queremos elaborar un adorno con material, en parte, reutilizado. Por iso a semana pasada vos enviamos unha nota para as familias (picar aquí para consultala). E hoxe empregamos este medio de comunicación para recordarvos esta petición, xa que necesitamos o material para este venres día 29.

En concreto, o que precisamos é o seguinte:

- Un bote de cristal (de tamaño mediano), que non teña papeis nin pegatinas pero sí con tapa de enroscar. As medidas (aproximadas) serían 9 cm de alto e 8 cm de diámetro. Podedes reciclar algún que teñades pola casa que se adapte a estas características.

- Un bote de purpurina con pegamento.

(para que vos fagades unha idea aproximada)



Graciñas pola vosa colaboración!!

domingo, 24 de noviembre de 2013

Cumples desta semana: Triana e Laila

Esta semana celebramos dous cumples na clase dos caracois: o de Triana e o de Laila, que cumpliron 5 anos.

Comezamos a festa o mércores, cando Triana compartiu con nós unha tarta. Moitísimas felicidades!!


TRIANA


E rematamos a semana coa festa de Laila, que tamén nos convidou a tarta. Moi feliz cumpleanos!!

LAILA

lunes, 18 de noviembre de 2013

Exhibición: Los Días de los Dinosaurios

A entrada de hoxe é para informarvos dun evento que nos parece interesante.
Como xa saberedes, durante este primeiro trimestre estamos a traballar no proxecto dos "Dinosaurios".
Consideramos que para complementar este tema sería enriquecedor, tanto para cativos/as como para adultos/as, ter a oportunidade de visitar a exhibición de "Los Días de los Dinosaurios".
Así que para aquelas familias que esteades interesadas (e teñades a oportunidade de poder achegarvos ata alí) informámosvos de que no recinto ferial IFEVI (Vigo) podedes disfrutar desta experiencia de revivir cómo era a Terra na época dos dinosaurios.


Se picades na imaxe de arriba, accederedes a máis información.
A exposición estará ubicada nese recinto vigués ata o 19 de xaneiro de 2014. 
Os horarios e tarifas son os seguintes:


Simplemente queríamos que tivesedes esta información por se poidese resultar do voso interese.

E se algunha familia se anima a ir, estaremos encantadas de que despois comparta a experiencia con nós!!

martes, 12 de noviembre de 2013

Celebración do Samaín e do Magosto

Tiñamos pendente por amosarvos cómo foi a celebración do Samaín e do Magosto no noso cole, e iso imos facer nesta entrada de hoxe.
Como xa sabedes, o pasado día 31 de outubro foi un día de troula no C.E.I.P. Arteixo xa que celebramos de forma conxunta as dúas festas populares máis importantes do outono: o Samaín e o Magosto.
Foi unha mañá chea de actividade. 
Comezamos vendo unha película "de medo" da man de Dora a Exploradora e de Caillou.
Máis tarde realizouse un obradoiro de maquillaxe, onde pintamos a cara dos cativos/as de forma terrorífica. Mentres tanto, Lidia, a profe de inglés, converteuse en bruxa e fixo un percorrido por todas as aulas amosándonos unha tradición inglesa de Halloween: Trick or treat.
Así foi avanzando a mañá ata que por fin chegou o ansiado momento de ir buscar as castañas do magosto para despois poder comelas entre xogos e risas.
E con isto aínda non terminara a xornada xa que, para rematar, todo o colexio bailou seguindo as instruccións de Nuria, a profe de música de Educación Primaria, quen coreografiou unhas cancións de medo!!
Foi unha mañá do máis completa e divertida!!

Recopilamos algunhas imaxes dese día e elaboramos esta presentación que podedes ver a continuación para que vos fagades unha idea de cómo foi todo isto.
Esperamos que vos guste e a disfrutedes!!

lunes, 11 de noviembre de 2013

Semana da Ciencia: Entrada gratuita aos Museos Científicos Coruñeses

Informámosvos de que esta é a semana da ciencia nos Museos Científicos Coruñeses e, para celebralo, a entrada aos mesmos será gratuíta.
Así que, se tedes oportunidade de achegarvos ata alí, poderedes entrar de forma gratuita na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae dende o luns 11 de novembro ata o domingo 17.
Para máis información sobre o programa de actividades que haberá durante esta semana en cada un dos museos, picade na imaxe.


domingo, 10 de noviembre de 2013

Cumples desta semana: Paula, Alén e Lucía

Retomamos esta semana a celebración dos cumpleanos xa que en cada unha das clases tivemos un cativo/a que cumpliu os 5 anos. Así que... comezamos coas felicitacións!!

A primeira en cumplir anos esta semana foi Paula da clase das tartarugas, que estivo de cumple o pasado 4 de novembro. Compartiu con nós unha tarta súper rica. Moitas grazas Paula!!

PAULA



O día 5 de novembro cumpliu 5 anos Alén da clase das xirafas.
Alén convidounos a un rico biscoito do que non quedaron nin as migallas!!
Feliz cumpleanos!!

ALÉN



Unha das máis cativas da clase dos caracois estivo de cumpleanos o 8 de novembro e celebrámolo por todo o alto cun biscoito de chocolate.
Moitas felicidades Lucía!!

LUCÍA


domingo, 3 de noviembre de 2013

Cumples desta semana: Ylenia

Esta semana, ademais do Samaín e do Magosto, a clase das xirafas celebrou outra festa: o cumpleanos de Ylenia.
Así foi que esta xirafiña cumpliu os 5 anos e, para festexalo, compartiu con nós unha tarta súper chula. 
Moitas grazas Ylenia!! E moi feliz cumple!!

YLENIA

martes, 29 de octubre de 2013

Cabazas para o Samaín 2013

Hoxe queremos amosarvos as cabazas que elaboraron as familias do noso alumnado para o Samaín 2013 que se celebrará o día 30 de outubro no noso centro.

Queremos agradecervos a vosa colaboración e, sobre todo, felicitarvos polo voso marabilloso traballo. Noraboa, sodes uns artistas!!

domingo, 27 de octubre de 2013

Proxecto "Os Dinosaurios": Continuamos traballando

Hai uns días que vos ensinamos as primeiras cousiñas sobre o noso proxecto dos dinosaurios. Hoxe traemos unhas cantas fotos máis para que comprobedes cómo imos traballando e avanzando neste proxecto. Esperamos que vos guste!!

Clase dos caracois

Na clase dos caracois construiron un dino xigante en cartón que quedou chulísimo!! 
E teñen un recuncho con mooooitas cousas sobre dinos que os cativos/as trouxeron da casa.



Clase das xirafas

Na clase das xirafas tamén fabricaron o seu propio dino para ambientar o recuncho cos materiais que trouxeron da casa. E ata fabricaron un meteorito!! Coidado, non vos vaia extinguir!!



Clase das tartarugas

As tartarugas fixeron de detectives para atopar agochada a mascota do seu proxecto. E, ademais de construir o seu propio dino, tamén fabricaron un volcán que ata entrou en erupción!! Qué perigo!!


sábado, 12 de octubre de 2013

Proxecto "Os dinosaurios": comezando co proxecto

Xa sabedes que este primeiro trimestre estamos a traballar nun proxecto que nos axudará a aprender moitas cousas sobre os dinosaurios.
Como sempre, pedimos axuda ás familias para que aportárades o que tivesedes pola casa sobre este tema. E dende aquí queremos aproveitar para agradecervos a vosa colaboración e implicación.
Nesta entrada de hoxe empezaremos a amosarvos algunhas imaxes sobre cómo deu comezo este proxecto en cada unha das clases. En posteriores entradas poderedes ir vendo cómo avanzamos no noso traballo.
Esperemos que vos guste!!

Clase dos caracois



Clase das xirafas



Clase das tartarugas