lunes, 31 de octubre de 2011

CHEGOU O SAMAÍN

Hoxe, 31 de outubro, celébrase o Samaín
No cole traballamos durante a semana pasada sobre esta celebración.
Na seguinte entrada atoparedes máis detalles sobre o que fixemos.


E para rematar... Unha das nosas cancións favoritas: El fantasma Manolín!!
Veña, todos/as a cantar: Uuhh-uuhh-uuhh!!

viernes, 28 de octubre de 2011

RECORDANDO OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE

Quen se acorda daqueles días de setembro nos que viñemos por primeira vez ao cole? 
Aquí vos quedan algunhas fotos deses días para que fagades memoria...





miércoles, 26 de octubre de 2011

CLASE DAS XIRAFAS



Aquí tedes as fotos da clase das xirafas. Tal e como sucedeu noutras aulas, dende os primeiros días de cole xa temos algunha nova xirafa na clase,a nosa familia foi aumentando pouco a pouco... E agora aquí estamos! Xa somos 24 xirafiñas!

lunes, 24 de octubre de 2011

CLASE DAS TARTARUGAS



Ola de novo a todos e todas!!
Hoxe estamos por aquí os nenos e nenas da clase das tartarugas para que nos coñezades un pouco mellor.
Dende que comezou o cole, incorporouse algunha tartaruga nova á clase e agora, por fin, xa temos aquí as fotos de todos/as para que nos coñezades mellor.
Esperamos que vos guste!!

domingo, 23 de octubre de 2011

CLASE DOS CARACOIS

Moi boas!!
Hoxe estamos aquí de presentación todos os nenos e nenas da clase dos caracois.
E vos deixamos as nosas fotos para que nos poidades coñecer un pouquiño mellor.
Esperamos que vos guste!!

jueves, 20 de octubre de 2011

PRESENTACIÓN




Benvidos e benvidas a este blogue dos alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil do C.E.I.P. Arteixo.
Queremos que este recuncho sexa unha forma de ensinarvos o noso traballo diario nas aulas.
E para comezar como é debido, primeiro hai que presentarse.
Somos 3 aulas con 23 alumnos/as cada unha. Na imaxe podedes ver a mascota que nos identifica a cada aula e que, ademais, servirá para que poidades identificar a qué clase se refire cada unha das entradas deste blogue.
A clase de 4º A son os caracois, a clase de 4º B son as xirafas e a clase de 4º C son as tartarugas.
Outro día vos presentaremos a cada unha das clases para que as poidades coñecer mellor.
Esperamos que nos visitedes moito!!