miércoles, 29 de mayo de 2013

BELELLE: Obradoiro de montar en poni

Tal e como vos prometéramos, aquí temos as fotos de fin de curso.
Imos ir amosándovolas pouco a pouco. Foron moitas cousas as que fixemos aquel día, así que temos que ir por partes.
En cada entrada desta serie sobre Belelle poderedes ver cada un dos obradoiros nos que participamos (montar en poni, cociña, horta, mamíferos, aves e peinado de ponis), así como tamén outros momentos da excursión.
Hoxe comezamos por recordar unha das experiencias da que máis disfrutaron os nenos e nenas: montar en poni. Nesta presentación de imaxes poderedes ver a tod@s montados como xinetes!!


miércoles, 22 de mayo de 2013

Exercitámonos

Este mes puidemos disfrutar dentro do centro de dúas sesións de actividades e xogos psicomotores ofertadas polo concello. Trátase da actividade Exercitámonos.
Cada un dos grupos de 5º de E.I. tivemos a oportunidade de coñecer a maneira de exercitar o noso corpo partindo dun corto narrado. Foi moi motivador posto que tod@s eramos esquíos e gabeamos polas árbores, corrimos en crequenas buscando landras... Os xogos de colaboración entre equipos, os xogos de música, etc. serviron para que comprendéramos o importante que é exercitar e traballar o noso corpo.
Nestas dúas presentacións de imaxes podedes ver diferentes momentos das dúas sesións. Esperamos que vos guste!!

jueves, 16 de mayo de 2013

Día do libro: Elmer

Aínda non vos ensináramos o traballo que fixemos cando conmemoramos o día do libro, así que... imos aló!!
No nivel de 5º de Educación Infantil traballamos co conto titulado "Elmer" e elaboramos entre as tres clases este caligrama que agora está exposto na biblioteca do centro:





A continuación deixámosvos cunha presentación escaneda do libro, por se o queredes contar na casa:



E, para rematar, aquí tedes o conto narrado por uns nenos de outro cole, por se o queredes escoitar:


martes, 14 de mayo de 2013

Belelle

Hoxe traémosvos un adianto de todo o material que temos de Belelle. Aínda estamos en proceso de recopilar todas as imaxes e facer as montaxes das mesmas, pero queríamos ensinarvos estas fotos de grupo, xa que nos encantan!! 
Son unhas fotos que sacamos cando marchabamos da granxa-escola. Foi un día agotador e nalgunhas cariñas se lles nota... Pero o cansancio valeu a pena, xa que disfrutaron moitísimo!!


CLASE DOS CARACOIS
 

CLASE DAS XIRAFAS
 

CLASE DAS TARTARUGAS

Para poder ver o resto de imaxes e vídeos pedímosvos paciencia, xa que temos moito material e vainos levar tempo editalo. Graciñas pola vosa comprensión!!

domingo, 12 de mayo de 2013

PLANTAMOS

Continuando coa temática da primavera, nesta ocasión amosámosvos cómo plantamos sementes en cada unha das clases. Máis concretamente, plantamos lentellas (que como sabedes, xa as levaron os nenos e nenas para casa) e fabas (que xa están transplantadas no patio do colexio e continúan medrando). Nestas imaxes podedes ver cómo foi este proceso. Esperamos que vos guste!!

jueves, 9 de mayo de 2013

PRIMAVERA

Xa levamos máis dun mes de primavera e aínda non vos ensináramos cómo temos decoradas as clases e os corredores. Imos poñerlle solución a isto agora mesmo!!
Aquí tedes unhas imaxes do resultado do traballo dos nenos e nenas con motivos primaverais. Esperamos que vos guste!!

martes, 7 de mayo de 2013

PROXECTO: PINTORES

O trimestre pasado traballamos no proxecto dos animais salvaxes e este trimestre, como xa sabedes, estamos cun novo proxecto: os pintores.

Cada unha das clases está a traballar sobre un autor diferente, para así despois intercambiar información entre clases e facer a actividade máis enriquecedora.

A clase dos caracois está aprendendo cousas sobre Kandinsky.


A clase das xirafas está descubrindo quen era Andy Warhol.


E a clase das tartarugas está traballando con Joan Miró.


As imaxes que vos amosamos son só un anticipo de todo o que temos por diante. 
Pouco a pouco iremos amosando máis cousas, porque a verdade é que temos moito que amosar!! E isto é grazas a que as familias vos estades a implicar moitísimo con este traballo e está resultando unha experiencia moi motivadora para os nenos e nenas.
Por esta razón, queríamos aproveitar para agradecervos toda a vosa colaboración, dedicación e entrega co traballo dos vosos fillos e fillas. Dentro de pouco colgaremos máis fotos para que sigades comprobando cómo todo este traballo fai crecer os recunchos dos autores.

sábado, 4 de mayo de 2013

Detalles sobre a excursión a Belelle

Recordámosvos que esta semana terá lugar a excursión de fin de curso.

O próximo mércores día 8 de maio visitaremos a granxa escola de Belelle, en Neda.


Como sempre, as nenas e os nenos entrarán na súa respectiva aula ás 9:30 e a sairán do centro ás 9:45, polo que rogamos puntualidade. 
A hora de regreso prevista é ás 16:30. No caso de que nos retrasemos, poñerase un cartel na porta do centro para avisar da hora á cal se prevee a chegada. Por seguridade, a recollida do alumnado será na súa respectiva aula e NON na porta do bus.

Rogamos que ese día os nenos/as leven roupa cómoda e adaptada á climatoloxía. No caso de facer sol é moi recomendable que leven gorra. TODOS os enseres de cada neno/a han de vir marcados co nome para evitar que se extravíen (chaquetas, sudaderas, gorras, mochilas...).

Recomendamos que traian unha mochila dun tamaño non moi grande, dentro só é necesario que leven a comida e a bebida. Só realizarán a comida ao mediodía, non tomarán merenda. De ser posible, a comida será fácil de transportar, fácil de comer e que lles guste. Por seguridade, rogamos que ningún neno/a leve cartos.

Aqueles alumnos/as que non asistan á excursión quedarán atendidos polo persoal docente que queda no centro e terán o horario habitual de clases, de 9:30 a 14:30.

Para consultar calquera dúbida recomendamos poñerse en contacto coas titoras.


Vai ser un día memorable!!


miércoles, 1 de mayo de 2013

CUMPLES DE ABRIL

Comezamos un novo mes, o de maio, así que como de costume, toca felicitar a todos os e as que cumpliron 5 anos durante abril. Nesta ocasión 4 cativas e 1 cativo, imos aló!!

Da clase dos caracois, temos que felicitar a Vero:
VERO



Da clase das xirafas, hai que felicitar a Ximena, Matías e Antía:

XIMENA, MATÍAS e ANTÍA



Da clase das tartarugas, felicitamos a Antía:
ANTÍA



Moitísimas felicidades a tod@s!!! E, agora, un pouco de música para celebralo!!