O pasado luns 21 de maio por fin chegou o ansiado día da excursión de fin de curso.
O ciclo de Educación Infantil tivemos a oportunidade de gozar dun día inesquecible todos xuntos.
Xogando e cantando no bus pasouse a viaxe bastante rápido e chegamos ao parque zoolóxico de Marcelle onde nos acompañou un día bastante bo para facer unha excursión.
Vimos moitos animais coñecidos e descubrimos outros moitos que non víramos nunca.
Encantounos comer no chiringuito e colorear debuxos dos animais que acabáramos de ver.
Na viaxe de volta estabamos agotadísimos/as e moitos/as de nós quedamos durmidos.
Se queredes ver un resumo de todo isto.... Aí vos queda este vídeo!!
Esperamos que vos guste!!




























