jueves, 27 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS

Desexamos que esteades pasando estas festas o mellor posible.
Á volta das vacacións poñerémonos ao día e ensinarémosvos as fotos do festival de Nadal. Pasámolo estupendamente!!


Recordade, vémonos o día 8 de xaneiro.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Preparando o Nadal

Xa non queda nada... O Nadal xa case está aí!!
O próximo venres día 21 celebraremos o festival de nadal no cole, xunto co resto dos nosos compañeir@s.
Estamos a preparar unha actuación que vos vai deixar coa boca aberta do ben que o facemos.
Aquí tedes a música, por se queredes ensaiala na casa...


Ademais, queríamos pedirvos a vosa colaboración xa que para ese día gustaríanos que os nen@s levasen posto algo navideño, tipo gorro de papá noel ou algo semellante que teñades na casa.
Moitas grazas!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

ATENCIÓN: EXCURSIÓN SUSPENDIDA

Vémonos na obriga de suspender a excursión programada para mañá debido á alerta metereolóxica anunciada. 

Na páxina web da Consellería de Educación podemos ler o seguinte (se picades na imaxe, levaravos ao enlace):


Polo tanto, para evitar posibles perigos, A EXCURSIÓN POSPOÑERASE ATA NOVO AVISO.

Informaremos próximamente de cando poderemos levala a cabo.



miércoles, 12 de diciembre de 2012

Axudemos a Rodolfo!!

Esta semana recibimos unha noticia que nos ten moi preocupad@s.
Rodolfo (Rudolf en inglés), o reno de Papá Noel ao que lle adicamos a canción do nadal pasado, ten un problema: mancou unha pata!!!
Pobre Rodolfo...
Vimos esta mensaxe de Papá Noel na que nos di que este ano lle pidamos pouquiños regalos para que así o trineo pese menos e poidan levalos a tod@s os nen@s.



Ánimo Rodolfo!! Esperamos que te recuperes axiña!!

martes, 11 de diciembre de 2012

Presentámosvos a Laila

Xa fai uns días que na clase dos caracois temos unha nova compañeira e hoxe aproveitamos para presentárvola: aquí tedes a Laila.


LAILA

Esperamos que estea moi contenta con nós, tanto coma nós estamos con ela.
Benvida, Laila!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Días non lectivos

Recordámosvos que o xoves 6 é festivo por ser o Día da Constitución e que o venres 7 é un dos días escollidos como non lectivos neste centro.
Así que nin o xoves, nin o venres haberá clase.
Vémonos de novo o luns.


sábado, 1 de diciembre de 2012

CUMPLES NOVEMBRO

Hoxe comeza decembro e, polo tanto, no cole tocou celebrar a festa de cumpleanos de tod@s @s que cumpliron 4 anos en novembro.
Este mes pasado tivemos 6 cumpleañeir@s en total, que foron @s seguintes:

Da clase dos caracois...

LUCÍA, ÁFRICA e TRIANA


Da clase das xirafas...

ALÉN e VÍCTOR


Da clase das tartarugas...

PAULA


Moitísimas felicidades a todos e todas!!

E agora, como sempre, un pouco de música para celebralo!!

jueves, 29 de noviembre de 2012

Seguimos precisando cartóns de ovos

Decembro vai comezar e o nadal xa se achega.
Fai uns días que vos pedimos se podiades contribuir cuns cartóns de ovos, xa fosen de ducia ou media, para axudarnos a facer a decoración de nadal do colexio. A vosa resposta foi moi positiva e dende aquí volo queremos agradecer.
Pero aínda seguimos a precisar máis cartóns e queremos desvelarvos para qué.
Este curso decidimos facer os adornos de nadal con material reciclado ou reutilizado.
En internet atopamos esta imaxe dunha árbore de nadal...

(os dereitos desta imaxe non pertencen ao noso blogue)

... e puxémons mans á obra para poder reproducila e así decorar os nosos corredores.
Como estades a ver, precisamos moitos cartóns de ovos, así que agradeceríamos se poidésedes continuar enviando algún que teñades pola casa.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

martes, 27 de noviembre de 2012

MANDALAS DE OUTONO

Esta entrada é froito da petición popular. Nas clases estivemos traballando con mandalas e os nenos/as pedíronnos se podíamos poñer algunha máis no blogue para que as poidesen facer dende a casa. E aquí están!!

En primeiro lugar, imos comezar por explicarvos brevemente que son as mandalas e para que serve traballar con elas. As mandalas son figuras de disposición circular orixinarias das culturas orientais. Son moitos os beneficios que obtemos cando as coloreamos: melloran a concentración, a memoria, a creatividade... favorecen o reequilibrio persoal e a harmonización colectiva, axudan a combatir a fatiga e o estrés... E como éstas, aínda máis cousas.

Así foi que coa chegada do outono coloreamos nas clases algunha mandala de esta temática. Se picades aquí poderedes descargar estas mandalas que vedes a continuación, que son unha pequena recopilación das que atopamos en internet que están relacionadas co outono:

 


Para conseguir a relaxación e concentración mentres as coloreamos acompañamos esta actividade con música que contribúe a tal fin. Se buscades en youtube "música para mandalas" atoparedes infinidade de resultados. Moitos deles, con vídeos de imaxes caleidoscópicas, que case nos deixan hipnotizados cando as miramos, xa veredes....


Así que se vos animades a traballar na casa coas mandalas, xa nos contaredes qué tal foron os resultados da experiencia!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Esta fin de semana... entrada gratuíta aos museos coruñeses

Xa vos anunciamos que a semana pasada podíase entrar de forma gratuíta ao Aquarium Finisterrae, á Casa das Ciencias e á Domus.
Pois ben, o sábado 24 e o domingo 25 a entrada volve ser gratuíta con motivo da XXV entrega dos Premios Prismas.
Para máis información, picade na imaxe.


Boa fin de semana!!


miércoles, 21 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

O pasado venres celebramos no cole a festa do magosto.
Un ano máis, vimos como se asan as castañas, utilizamos os nosos portacastañas para comelas e xogamos a xogos tradicionais.
Nesta presentación de imaxes podedes ver un resumo de como foi o día.

Encántannos estas celebracións e xa estamos a pensar na seguinte!!

lunes, 19 de noviembre de 2012

Despedida de Fredo

A semana pasada tivemos que despedir a un compañeiro da clase das tartarugas.
Dende aquí lle mandamos un bico moi grande a Fredo, que marchou para outro cole.
Esperamos que todo che vaia moi ben!!
Una aperta moi grande
FREDO

lunes, 12 de noviembre de 2012

CABAZAS GAÑADORAS

Aínda non vos ensinamos as cabazas gañadoras de Educación Infantil, así que hai que poñer remedio a isto inmediatamente!!
En primeiro lugar, queremos felicitar a tod@s os participantes polo traballo feito e pola vosa implicación co que vos pedimos. Noraboa!! Mereciades gañar tod@s, pero non tiñamos premios para tantos... así que en cada ciclo houbo 4 cabazas premiadas, as de Educación Infantil foron as seguintes:
























As dúas cabazas de abaixo son obra de dúas cativas das nosas, así que dende aquí queremos felicitar a:

- Sabela Fr. da clase dos caracois pola cabaza de Chum-chum
- Loreto da clase das xirafas pola cabaza da bruxa verde

A continuación deixámosvos unhas imaxes do día da entrega dos premios. Na biblioteca do cole hai unha exposición coas fotos de todas as cabazas gañadoras e alá fomos para velas e para entregarlles o seu premio ás gañadoras.





Moitas felicidades a todos e todas os que participastes!!

SEMANA DA CIENCIA

A entrada de hoxe será breve, aínda que se trate de informarvos dalgo que consideramos moi interesante:
Esta semana que comeza é a semana da ciencia nos Museos Científicos Coruñeses e, para celebralo, a entrada aos mesmos será gratuíta.
É dicir, dende o luns 12 de novembro ata o domingo 18 de novembro, entrar na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae é gratis.
Para máis información sobre o programa de actividades que haberá durante esta semana en cada un dos museos, picade na imaxe.



domingo, 4 de noviembre de 2012

E POR FIN... CELEBRAMOS SAMAÍN!!

Xa nos tardaba, pero por fin chegou o día!!
O pasado mércores 31, como indica a tradición, celebramos a festa do Samaín.
Houbo sorpresas terroríficas!! Profes e nenos/as caracterizados para a ocasión, contos de medo, cancións que asustan, películas de pantasmas...
E, a pesares de todo isto, foi un día moi divertido!!
Como mostra, deixámosvos estas fotos nas que saímos terroríficamente guap@s!!






E tamén vos deixamos un conto que lles gustou moito aos nen@s.
A celebración do Samaín ou Halloween sérvenos para traballar sobre os medos infantís e tratar de superalos. No colexio, fixemos unha sesión de contacontos con "O gato Guille e os monstros", que podedes atopar en calqueira libraría ou biblioteca. Unha versión deste conto é esta de youtube:


Ademais disto, atopamos uns contos nunha páxina de internet (que podedes consultar aquí) e escollemos para contarlles "El país de tus miedos" porque consideramos que pode axudar a vencer moitos dos temores que os nenos e nenas teñen a estas idades. Para levar a cabo esta actividade fixemos unha versión adaptándoa ao galego. Así que se queredes descargar e imprimir este conto titulado "O país dos teus medos", picade na imaxe.



Por último, durante a última semana vimos a pelicula de Casper, un fantasma bo. Se queredes, podedes ver online este clásico picando na imaxe.



Esperamos que disfrutárades desta ponte!!

miércoles, 31 de octubre de 2012

CUMPLES OUTUBRO

Hoxe remata outubro así que toca felicitar aos que cumpliron neste mes. Nesta ocasión hai que dicir ás que cumpliron este mes, xa que todas foron nenas!!

Moitas felicidades para...

MARA da clase dos caracois


LAURA e YLENIA da clase das xirafas


SHEILA da clase das tartarugas


Moitos bicos para todas e un pouco de música para celebrar que xa tedes 4 anos!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Concurso de cabazas

Como ben sabedes, fai uns días pedimos a vosa colaboración para decorar na casa cos vosos fillos/as unha cabaza e traela ao cole para facer unha exposición con todas elas.
O resultado está sendo espectacular e dende aquí queremos darvos a noraboa polo voso traballo.
Este mércores 31 por fin se escollerá a cabaza gañadora do concurso que organizamos para este Samaín.
Para que vos fagades unha idea do difícil que o vai ter o xurado para escoller a mellor cabaza, aquí vos deixamos un vídeo con todas as que se presentaron para o concurso por parte do alumnado de Educación Infantil. 
Esperamos que o disfrutedes!!


viernes, 26 de octubre de 2012

Máis Samaín

Xa queda menos e xa case temos todo preparado.
Menos dunha semana para que chegue o Samaín!!
Moita xente pensa que estamos a copiar esta festa do Halloween dos americanos, pero en realidade case se podería dicir que o que ocorreu foi o contrario.
Os americanos festexan Halloween pola influencia dunha festa que antigamente celebraban os celtas, un pobo co que os galegos estamos moi relacionados.
Esta festa, precisamente, era o Samaín, ou a noite na que se cría que se abrían as portas do outro mundo e saían as pantasmas, esqueletes e bruxas, que os celtas trataban de asustar e espantar con cabazas que metían medo!!
Na nosa terra esta celebración estaba caendo no esquecemento, por iso tratamos de reavivala traballando sobre ela e ensinándolles aos nenos e nenas en qué consiste.
Unha das actividades que vimos realizando estes días é aprender esta canción do grupo Mamá Cabra. Deixámosvos a transcripción debaixo do vídeo para que vos resulte máis fácil aprendela.



Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a metros.

Óese dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo!!!

 Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

 Bailan, bailan as pantasmas,
 monstros, bruxas e curuxas.
 Bule, bule que aínda é cedo
 e hoxe toca pasar medo!!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

Xogando na clase de psicomotricidade

Un dos momentos favoritos da semana é a hora de psicomotricidade. Nesta clase aprendemos a mellorar as capacidades motoras do corpo (saltos, xiros, equilibrio...), facemos coreografías (coordinación, esquema corporal...) e tamén temos tempo para xogar. Un dos que máis lles gusta a todos é poder xogar cos diferentes tipos de "colchonetas" que temos. E aquí vos deixamos unha pequena mostra disto. Nestes collages de fotos podedes ver unha sesión de cada unha das clases xogando na aula de psicomotricidade.

CLASE DOS CARACOIS

CLASE DAS XIRAFAS

CLASE DAS TARTARUGAS



sábado, 20 de octubre de 2012

Bonecos de outono

Esta semana levamos para casa un traballiño que viñemos facendo durante estes últimos días.
Trátase dos bonecos de outono.
O corpo fixémolo con follas de outono que fomos recollendo e traendo para o cole e a cara, patas e brazos coloreámolas, picámolas e pegámolas para formar gatos, coellos e ras.
Nestas presentacións de imaxes poderedes ver o proceso de realización destes bonecos en cada unha das clases.
Esperamos que vos gusten!!




miércoles, 17 de octubre de 2012

Obradoiro sobre Vivaldi

Como xa vos contamos, en música estamos traballando sobre Vivaldi e queremos informarvos, por se vos interesa, de que na Fnac de Coruña (Plaza de Lugo) este fin de semana teñen organizado un obradoiro para nen@s menores de 7 anos precisamente sobre este autor que estamos traballando.
Así que se non tiñades plans para este sábado ás 12:30, animámosvos a que vos acheguedes ata alí, xa que consideramos que pode estar interesante.

Resumindo:

Obradoiro sobre Vivaldi
Lugar: Fnac A Coruña (Plaza de Lugo)
Día: 20 de outubro 2012
Hora:12:30
Gratuíto
Para máis información, chamar ao teléfono 981 215 000

miércoles, 10 de octubre de 2012

Coñecendo a Vivaldi

Este curso imos ir aprendendo cousas sobre diferentes autores importantes na historia da música.

Como fai pouco que empezou o outono aproveitamos para coñecer cousas sobre o compositor que escribiu música para as catro estacións do ano: Vivaldi.

Así, en cada unha das clases, fomos apuntando qué cousas queremos saber, aprender, investigar... sobre Vivaldi.

Non fixemos máis que empezar con este proxecto, e imos ir pouquiño a pouco avanzando nel. Pero para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades qué queren descubrir os nenos/as de cada clase sobre Vivaldi.

Esto é o que queren saber os caracois:

 

Esto é o que queren saber as xirafas:

E esto é o que queren saber as tartarugas:


Comezamos a investigar sobre Vivaldi!!


sábado, 6 de octubre de 2012

Cumples de agosto e setembro

Como sabedes, este ano decidimos celebrar os cumpleanos de forma conxunta por parte dos que naceron dentro dun mesmo mes.

Así que nesta entrada traémosvos aos cumpleañeiros/as de agosto e setembro.

Comezamos cunhas nenas da clase das xirafas que cumpliron os 4 anos en agosto e decidiron celebralo co resto dos seus compañeir@s da clase.

Moitas felicidades para Sofía e Marta!!


E, por outra parte, queremos felicitar tamén aos cumpleañeir@s do mes de setembro.

Da clase das xirafas cumpliron 4 anos Ariadna P, Paula e Daniela.



E da clase das tartarugas: Adrián, Sergio e Sira.



Moitísimas felicidades para todos e todas!!!

E agora, coma sempre, a bailar!!

miércoles, 3 de octubre de 2012

Despedida de compañeiras do curso pasado

Onte dábamos a benvida a dúas nenas que comezaron no noso cole, pero hoxe, pola contra, temos que despedir a outras dúas nenas que este curso xa non van estar con nós.
Trátase de Cora da clase das Xirafas e de Laura da clase dos Caracois.
Imos botarvos moito de menos e desexámosvos moita sorte nos vosos novos coles.
Un bico moi grande para as dúas!!
CORA



LAURA

martes, 2 de octubre de 2012

Presentámosvos a dúas novas compañeiras

Xa levan connosco dende principios de curso, pero aínda non tiveramos ocasión de presentarvos a dúas cativas que se uniron este curso a nós.
Trátase de Ylenia e Triana, da clase das Xirafas e dos Caracois, respectivamente.
Dende aquí queremos darlles a benvida como se merecen: alegrámonos moito de que poder compartir este curso en Arteixo con vós!!

YLENIA


TRIANA

martes, 25 de septiembre de 2012

Zapatos con cordón??

Estamos intentando aprender a atar os cordóns dos nosos zapatos, pero as nosas capacidades motrices aínda non están suficientemente maduras para ser capaces de desenvolver esta tarefa.
Para atar os cordóns é necesario realizar unha secuencia de pasos e movementos que resultan complicados para os nenos e nenas desta idade debido a que o seu desenvolvemento motor aínda non está non punto óptimo para poder facer todo isto adecuadamente.


Por iso queremos pedirvos que, mentres non adquiran esta capacidade, lles enviedes calzado que non teña cordóns, xa que resulta contraproducente estar interrumpindo o ritmo da clase constantemente cada vez que se desata un cordón.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

sábado, 22 de septiembre de 2012


Queridas familias:
Detectamos algún caso de piollos entre o alumnado así que vos pedimos que, por favor, este fin de semana revisedes as cabezas dos vosos fillos/as e que, de ser necesario, adoptedes as medidas necesarias para eliminalos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!