miércoles, 25 de diciembre de 2013

BO NADAL

Tod@s @s que formamos Cativadas de Arteixo queremos desexarvos moi bo Nadal!!


CLASE DOS CARACOIS


CLASE DAS XIRAFAS



CLASE DAS TARTARUGAS

domingo, 22 de diciembre de 2013

Cumples desta semana: Ricardo, Alberto, Adrián, Lola e Iván

Esta última semana do ano e do trimestre tivemos moito que celebrar.
Ademais de festexar o nadal, estes días houbo varias festas de cumple en cada unha das clases.
Algúns nenos/as cumpliron esta semana e outros farano durante as vacacións, pero dende aquí queremos felicitalos a todos/as nesta ocasión. Así que imos aló!

Na clase dos caracois tivemos de cumple a Ricardo o día 17. O biscoito que compartiu con nós estaba tan rico, que non quedaron nin as migallas!! Felicidades!!

RICARDO


Na clase das xirafas celebramos dous cumples.

O cumple de Alberto foi o 19 e xa lle tardaba que chegase o seu día, estaba moi emocionado. Moitas grazas polo biscoito que nos trouxeches!!

ALBERTO


O cumple de Adrián celebrámolo durante esta semana, aínda que en realidade é o día 22. Convidounos a un biscoito súper chulo. Agora sí que xa lle podemos dar as felicidades por eses 5 anos!!

ADRIÁN


Na clase das tartarugas tamén houbo dous cumples.

Lola cumpliu o día 19 e convidounos a unha saborosa lapeira. Estaba toda contenta e non era para menos!! Moitas grazas e moitas felicidades!!

LOLA


E o pequeno de todos os cativos/as deste blogue cumple anos o día 28, pero como a data nos colle de vacacións, tamén o celebramos durante esta semana. Trátase de Iván, quen nos convidou a un biscoito moi orixinal. Feliz cumple, Iván!!

IVÁN


Moi feliz cumple a todos/as e que disfrutedes dos vosos 5 anos.

Agora sí que sí, xa todos os cativos e cativas teñen 5 anos!!

En nada comezarán a cumplir 6... cómo pasa o tempo!! Verdade?

sábado, 21 de diciembre de 2013

Unha proposta de ocio para estas vacacións: "Bacteria Mutante"

O planetario da Casa das Ciencias de A Coruña vén de estrear unha nova proxección que se poderá  ver durante estas vacacións.
Trátase do programa "Bacteria Mutante", unha historia que comeza nos confíns da nosa galaxia, a Vía Láctea, e na que unha morea de microorganismos vivirán un montón de aventuras.
Este programa pode resultar unha forma amena de introducir aos cativos/as no proxecto no que comezaremos a traballar á volta das vacacións, ou, simplemente, unha boa excusa para pasar un bo rato en familia.
As proxeccións realízanse todos os días ás 12:00 (en galego) e ás 17:00 (en castelán) no planetario da Casa das Ciencias.

Para máis información, clicade na imaxe.

martes, 17 de diciembre de 2013

Proxecto "Os dinosaurios": Rematamos co proxecto

A piques estamos de rematar o primeiro trimestre, así que rematamos tamén co primeiro proxecto no que traballamos este curso: "Os dinosaurios".
Xa vos amosamos anteriormente algunhas actividades que fomos realizando e, nesta ocasión, poderedes ver nas seguintes fotos cómo elaboramos dinos de plastilina, ovos con pasta de papel, fabricamos un volcán e fixémolo erupcionar, buscamos fósiles e "fabricamos" os nosos propios, construimos un T-rex... 
Este é un pequeno recopilatorio de tantas e tantas cousas que levamos feito durante estes primeiros meses de cole. Tantas e tantas foron, que non nos chegou cunha presentación de fotos, tivemos que facer dúas!!
Esperamos que vos guste e que disfrutedes véndoo tanto coma nós vivíndoo:

domingo, 15 de diciembre de 2013

Canción do outono

Está a piques de comezar o inverno, pero nestes últimos días do outono vimos amosarvos unha canción que aprendimos durante esta estación e que resultou ser todo un éxito.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!


Clase dos caracois interprentando a canción do outono



Clase das xirafas interpretando a canción do outono



Clase das tartarugas interpretando a canción do outono 

viernes, 13 de diciembre de 2013

Peticións varias e convite ao Festival de Nadal 2013

Queridas familias:

Tal e como vos comunicamos onte por medio de dúas notas que o alumnado levou para casa queremos, por unha parte, convidarvos ao "Festival de nadal 2013" de Educación Infantil que terá lugar o 20 de decembro ás 10:30 (consultar AQUÍ para máis detalles) e, por outra parte, precisamos pedirvos varias cousas para continuar traballando o nadal. Así que aproveitamos de novo este medio de comunicación para facer un recordatorio:

- Para a actuación do festival, necesitamos que o venres 20 os cativ@s veñan vestid@s de blanco pola parte de arriba, cun pantalón vaqueiro e cun gorro vermello de Papá Noel.

- Fainos falla, tamén, un selo de Correos para España (37 céntimos de euro)

- Precisamos unha actualización dos datos do alumnado, polo que teredes que cubrir o que se pide na nota enviada para casa (clicar AQUÍ para vela) e traelo de volta coa maior brevidade posible

Moitísimas grazas de novo pola vosa colaboración!! 




(as imaxes son orientativas)




miércoles, 4 de diciembre de 2013

Actuación musical gratuíta do grupo Arcos Iris

Lembrades que o curso pasado asistimos ao concerto do grupo Arcos Iris da Orquestra Sinfónica de Galicia? Se vos falla a memoria, podedes refrescala picando AQUÍ.

Pois nesta ocasión queremos informarvos dunha actuación pública que realizarán o próximo xoves 5 de decembro a partir das 17:00 no centro comercial Espacio Coruña.

Cremos que pode ser unha oportunidade enriquecedora para os cativos e cativas de poder disfrutar de novo dunha actuación deste quinteto de corda.


domingo, 1 de diciembre de 2013

Cumples desta semana: Víctor

Esta semana só houbo celebración na clase das xirafas, pero non por iso foi menos importante.
Víctor cumpliu 5 anos e festexouno cos seus compañeiros/as por todo o alto.
Aquí o tedes coa súa coroa de cumple.
Moi feliz cumple, Víctor!!

VÍCTOR