miércoles, 29 de febrero de 2012

Cumples febreiro

Hoxe rematamos o mes de febreiro, o mes máis curto do ano.
E neste mes tan pequeno, 5 pequenos/as cumpliron 4 anos.
Temos que darlle moitas felicidades a Alejandro, Iria e Claudia da clase dos caracois, a Valeria da clase das xirafas e a Carlos da clase das tartarugas.
E, como sempre, para celebralo, aquí vos deixamos unha canción que esperamos que vos guste!!

lunes, 27 de febrero de 2012

Imos de excursión!!

O vindeiro mércores 29 de febreiro temos a nosa primeira excursión!! 
Asisteremos a un concerto didáctico no Palacio da Ópera de A Coruña.
- Esta saída non variará o horario habitual.

- Os nenos e nenas deberán vir vestidos con roupa cómoda.

- Ese día retrasaremos a hora da merenda polo que é importante que almorcen ben antes de saír da casa.

Ímolo pasar moi ben!!

domingo, 12 de febrero de 2012

Preparando o entroido

Cada vez falta menos para unha festa que nos encanta a todos e todas: o entroido!!
A temática dos disfraces de este ano son os Pitufos.
Como sabedes, somos uns nenos e nenas que nos gusta moito cantar, por iso xa estamos preparando esta canción para ese día:

Aquí vola deixamos para que poidades ir ensaiando na casa!!
Sé bienvenido al país de los Pitufos
Ven con nosotros al país de los Pitufos
Sé bienvenido a un país maravilloso
Sé bienvenido, ven y canta con nosotros

Con Papá Pitufo y la Pitufina
El pitufo Charlatán y el pitufo Fortachón
Siempre ríen todos juntos los pitufos
Pero no te olvides del malvado Gargamel

Sé bienvenido al país de los Pitufos
Ven con nosotros al país de los Pitufos
Sé bienvenido a un país maravilloso
Sé bienvenido, ven y canta con nosotros.

sábado, 11 de febrero de 2012

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz.
Durante a semana anterior fomos ambientando o cole, decorándoo con pombas da paz. O corredor das aulas de 3 anos quedou súper chulo!!
Ademais, para ese día, escribimos nun globo blanco unha palabra bonita e máis tarde colgámolos no patio, para poder velos e recordalas todos os días.
A parte disto, todos os nenos e nenas do cole liberamos unha pomba, que saíu voando para levar a Paz a todo o mundo.
E para rematar, os nenos e nenas de 3 anos cantamos a nosa canción da paz.
Para que poidades facervos unha idea de cómo foi o noso día, aquí vos deixamos unha presentación de fotos. Esperamos que vos guste!!

lunes, 6 de febrero de 2012

Cumples xaneiro

Xa levamos uns cantos días do mes de febreiro e aínda non felicitamos aos dous cumpleañeiros do mes pasado. Hai que poñerlle remedio a isto rápidamente!!
Así que aquí vos deixamos as fotos do neno e da nena máis maiores das tres clases: Alex, da clase dos caracois e Lamiae, da clase das xirafas.

Xa teñen 4 anos... que maiores!!!
E, como sempre, unha canción que vos sabedes para celebralo.