miércoles, 30 de noviembre de 2011

Merenda de mañá xoves: LÁCTEOS

Os xoves tomamos de merenda produtos lácteos.
O leite, e todos aqueles produtos derivados del, son ricos en calcio.
O calcio axuda a que os nosos ósos crezan fortes.
Algunhas suxerencias para traer merendas deste tipo poden ser as seguintes:

- Liscas ou taquiños de queixo
- Queixo cremoso (pode ser acompañado de picos de pan)
- Queixo fresco
- Queixiños en porcións
- Iogures
- Iogures bebibles
- Batidos
- Natillas
- Leite callado
- Etc.

E todos aqueles outros productos derivados do leite que queirades.

martes, 29 de noviembre de 2011

Merenda de mañá mércores: BOCADILLO ou SÁNDWICH

Os mércores merendamos bocatas e sándwiches. 
É dicir, o que pretendemos é que os nenos e nenas tomen algo de fiambre ou embutido (tamén patés) acompañados dun pouco de pan.
 O fiambre e os embutidos, así como a carne en xeral, son alimentos ricos en proteínas, que son as que axudan a que medren os nosos músculos.
Por iso é importante tomar tamén este tipo de alimentos, xa que teñen os compoñentes axeitados para axudarnos a medrar fortes.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Merenda de mañá martes: FROITA

Os martes traemos froita para merendar.
A froita é un compoñente moi importante da dieta xa que, entre outras cousas, aporta vitaminas que axudan a crecer sans e fortes.
Tanto nenos como adultos deben tomar 5 racións de froita e verdura cada día.
Por iso, para axudar a conseguilo, os martes tomamos froita á hora da merenda.
Por cuestión de tempo e organización, ésta deberá vir xa lavada e mondada (no caso de que o neno/a non sexa capaz de mondala por sí mesmo).

Algunhas suxerencias para merendar froita poden ser as seguintes:

- Mazá ou pera (cortada, no caso de que o nen@ esté acostumado a comela así; podémoslle botar unhas pingas de zume de limón para evitar que se oxide)
- Plátano
- Uvas
- Mandarina
- Fresas
- Cereixas
- Sandía
- Macedonias (nun recipiente poden traer anaquiños de froitas diferentes para alternar sabores; ademais das que xa mencionamos, outras opcións poden ser: melocotóns, pexegos, kiwis, piña...)
- Cenoria (aínda que non sexa exactamente unha froita é unha opción compatible)
- Noces, améndoas, avelás... (tampouco son exactamente froitas, pero ocasionalmente podemos recurrir a elas, xa que se trata de froitos secos)

domingo, 27 de noviembre de 2011

Merendas

Ola familias!!
Hoxe vos traemos unha entrada un pouco distinta, xa que non vos imos ensinar o que traballamos no cole, senón que decidimos falarvos dun tema moi importante para os pequenos/as: a alimentación.
Como xa sabedes, este curso decidiuse establecer un calendario de merendas para que os cativos/as aprendan a comer de forma variada.
Tódolos días, a media mañá, tomamos un pequeno tentempé para coller forzas antes de sair ao recreo. Cada día da semana vos pedimos que os nenos/as traian un tipo de merenda diferente para que vaian comprendendo a importancia de tomar diferentes tipos de alimentos.
Tedes o calendario de merendas na columna da dereita de forma permanente, por se algún día queredes consultalo. Hoxe, volo deixamos aquí en grande para axudarvos a facer memoria:
Como xa sabedes, mañá luns é día libre e podedes traer a merenda que queirades xa que, despois da fin de semana, pensamos que vos pode resultar un pouco máis complicado ter na casa algo específico que toque para o día seguinte.
Así que mañá elexides vos. E para o resto dos días da semana imos ir dando suxerencias de qué cousas poden traer os nenos e nenas como merenda. Esperamos que vos sexa útil.

jueves, 24 de noviembre de 2011

Cumples de novembro

Esta semana celebramos o último dos cumples deste mes, así que xa podemos deixarvos unha foto de todos os cumpleañeir@s de novembro.
Aquí tedes a Lucía e África, da clase dos caracois; a Alén e Víctor, da clase das xirafas; e a Paula da clase das tartarugas.


 
 

Cumpliron tod@s 3 anos: moitísimas felicidades!!

E, para celebralo... algo de música e a bailar!!!


Na barra da dereita do blog temos de forma permanente unha presentación de fotos de cada mes cos nenos e nenas que estiveron de cumple para que poidades recordalos.

Canción dos piratas

Dende comezo de curso aprendemos esta canción na clase de música e, pouco a pouco, foise convertendo nunha das nosas favoritas.
Así que decidimos gravala en vídeo para poder compartila con tod@s vós.
Esperamos que vos guste!!

martes, 22 de noviembre de 2011

Árbore de outono

Fai algúns días que vos pedimos colaboración ás familias para realizar as nosas árbores de outono.
Enviamos un modelo de folla de outono para casa e vos pedimos que axudárades aos vosos fillos/as a decoralas para despois traelas de novo ao cole.
Queremos darvos a nosa máis sincera noraboa xa que o traballo que fixestes foi espectacular!!
Colocamos todas as follas xunto as árbores que decoran o noso pasillo e agora, cada vez que pasamos diante delas, quedamos como hipnotizados mirando para o resultado tan chulo.
A continuación vos deixamos unhas cantas imaxes para que vos poidades facer unha idea do resultado.
E, de novo, felicidades polo voso traballo!!





lunes, 21 de noviembre de 2011

Merenda de outono

A pasada semana aprendemos cales son os frutos e as froitas máis características de outono.
Para iso, en cada unha das clases, celebramos unha deliciosa merenda para poder probar un pouquiño de todo isto.
Había algunhas froitas ou froitos secos que xa coñecíamos como a mazá, a pera, a laranxa, a mandarina, as uvas, as noces, os cacahuetes... Pero tamén houbo outros que moitos probamos por primeira vez: a granada, o kaki, as avelás, as améndoas...
Todo estaba riquíííííííííísimo!!
Para que vos fagades unha idea de canto disfrutamos desta merenda, aquí vos deixamos estas presentacións de fotos:


CLASE DOS CARACOIS




CLASE DAS XIRAFAS




CLASE DAS TARTARUGAS

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Cumples outubro

Tal e como vos prometemos onte, seguimos ensinándovos as fotos dos cumples que xa celebramos no cole.
Nesta ocasión, aquí tedes os cumples do mes de outubro:
Sheila, unha tartaruga; Laura, unha xirafa; e Mara, unha caracol.




As tres cumpliron tres anos. Moitas felicidades!
E, para celebralo, un pouco de música...

martes, 15 de noviembre de 2011

Cumples setembro

Dende que comezou o cole xa levamos celebrado uns cantos cumples pero como aínda non tiñamos o blogue en funcionamento non vos puidemos ensinar as fotos d@s cumpleañeir@s. 
Para poñer solución a isto durante esta semana iremos subindo as fotos dos cumples que xa celebramos cos compañeiros/as no cole. E, posteriormente, crearemos un apartado na columna da dereita cunha presentación de fotos de todos os nenos e nenas que cumplen cada mes.
Para empezar, aí vos deixamos a Paula, da clase das xirafas, e a Adrián, da clase das tartarugas, que xa cumpliron os 3 anos.


 E como agasallo, aínda que un pouco atrasado... deixámosvos unha canción que seguro que vos sabedes!!

domingo, 13 de noviembre de 2011

Animádevos a deixar un comentario

Hoxe decidimos facer esta entrada un pouco diferente ás que estades habituados para explicarvos un pouco o funcionamento do blogue a aquelas familias que non esteades moi habituadas.
En concreto, hoxe imos explicar cómo hai que facer para deixar un comentario.
Para nós é importante coñecer a vosa opinión e o que pensades sobre o traballo que facemos e que vos mostramos aquí. Por iso resúltanos útil que nos deixedes algunha mensaxe sobre o que pensades, as vosas impresións, suxerencias, aclaracións, etc.
Ademais, semanalmente lemos na aula estas mensaxes cos nenos/as e failles ilusión atopar aquí os vosos comentarios.
Moitos de vós xa vos animastes a deixarnos algunha mensaxe pero pensamos que pode haber alguén que non teña moi claro cómo facelo, polo que volo imos explicar.

Hai tres formas de poñervos en contacto con "Cativadas de Arteixo":

1ª- Podedes deixar un comentario debaixo dunha entrada que vos resulte interesante.


É moi sinxelo: só hai que clicar enriba do texto, tal e como se indica na imaxe.

Despois de clicar, ábrese un cadro de texto onde poderemos escribir o que queiramos. Posteriormente é necesario escoller un perfil para poder comentar. Aqueles que teñades unha conta aberta en google (xa sexa con gmail, blogger, youtube, etc.) podedes escoller o perfil que xa tedes creado. De non ser así, non é necesario que o creedes nin que vos rexistredes, tan só con escoller a opción "Nombre/URL" xa poderedes comentar.


2º- Outra opción para deixar un comentario máis xeral, sen que teña que ver directamente con algunha das entradas do blogue, é escribilo na caixa de chat que hai na columna da dereita.


Tamén é sinxelo escribir aquí xa que só hai que deixar un nome e, opcionalmente, una dirección de e-mail. A mensaxe que se pode escribir contén poucos caracteres, pero podedes deixar cantas queirades. Despois de pulsar "Ok", o que escribades aparecerá na parte superior do chat.


3º- A última opción para poñervos en contacto con nós é a través do correo electrónico:


Isto está pensado para aquelas mensaxes que nos queirades enviar de forma máis privada, ou por se queredes compartir algún arquivo con nós.
Sempre nos atoparedes na dirección cativadas.arteixo@gmail.com

Esperamos que vos resultase interesante esta información


lunes, 7 de noviembre de 2011

Magosto 2011

Como xa sabedes, o pasado venres celebramos a festa do magosto no noso cole.
Estábamos moi emocionados porque tiñamos moitas ganas de que chegase este día.
Pola mañá cedo fomos as 3 clases a ver cómo hai que facer para asar as castañas para tantos nenos e nenas. Incluso lle cantamos unha canción ao "castiñeiro" para animalo no seu traballo.
Máis tarde, cando xa estaban todas asadas, volvemos coa nosa caixa portacastañas para que nola enchesen e así poder celebrar o magosto como é debido!!
Deixámosvos dúas presentacións de imaxes para que poidades ver os momentos máis importantes desta celebración.




miércoles, 2 de noviembre de 2011

MÁIS SAMAÍN...

Hoxe traemos unhas pouquiñas máis cousas sobre o Samaín.
Aquí vos deixamos unha presentación con máis imaxes sobre o que traballamos para esta celebración.
Podedes ver cómo baleiramos a cabaza, cómo decoramos as clases, maquillámonos, cantamos, bailamos...
Esperamos que vos guste!!