lunes, 30 de abril de 2012

Ata pronto, Salvia!!

Hola mis niños!!!
Me acuerdo mucho de vosotros y os echo muchísimo de menos… Todos los días os mando los besitos que os prometí y ¿sabéis que? Estoy muy contenta porque también a mi me llegan los vuestros! De chocolate, de fresa, de piruleta…  Muchas gracias por mandármelos!
Además tengo aquí en mi casita todos los dibujos y regalitos que me hicisteis, y los miro muchas veces. Me gustaron mucho!!!
Ya me contó un pajarito que os estáis portando muy bien en el cole, como chicos mayores!!!  Estoy muy pero que muy contenta por eso…
A vuestros papás, mamás, familias… decirles que agradezco muchísimo todo su apoyo, colaboración e interés para conmigo  en este curso. Os deseo lo mejor a todos  este tiempo hasta volver a vernos.
Siento que mi marcha fuera tan precipitada, y no haber podido despedirme mejor de todo el mundo, pero bueno, para el año volvemos a vernos, y a lo mejor antes, si puedo, procuraré ir algún día de visita!
Bueno tortugas, os quiero mucho y os mando muchos besitos, los más ricos del mundo!
Un besito también para las jirafas, los caracoles y todas sus profes!
Hasta pronto!
Con cariño,Salvia.

sábado, 28 de abril de 2012

Visita aos Bombeiros

Esta semana foi moi intensa en canto a excursións: o luns tocoulle á clase das xirafas, o martes á das tartarugas e o mércores á dos caracois.
Todos fomos de visita ao parque de Bombeiros. Pasámolo xenial!!
Poidemos ver un montón de camións de bombeiros, as súas luces e as súas sereas e incluso entramos dentro dun!! Despois baixamos pola cucaña, igual que fan os bombeiros de verdade. E, para rematar, deixáronnos probar o casco de bombeiros e comprobar cánto pesa a súa roupa. Foi una visita estupenda!!
Aquí tedes a demostración do que vos estamos contando.
Así foi a visita das xirafas:




O martes foi o turno da clase das tartarugas. Así foi a súa visita:



E, o mércores, os caracois tamén foron coñecer aos bombeiros:




Para rematar, queremos enviarlle de parte de todos os nenos, nenas e mestras de 4º de Educación Infantil do CEIP Arteixo unha aperta e un bico moi grande para o bombeiro Jose, que nos tratou xenial durante todas as visitas. 
Un millón de gracias!!

martes, 17 de abril de 2012

Visita á Biblioteca Central de Arteixo

Esta mañá fixemos a nosa segunda excursión deste curso: visitamos a Biblioteca Central de Arteixo.

Pasámolo estupendamente porque escoitamos dous contos que nos fixeron rir a esgalla: "Buuuu" e "Os tres osos". Os contos eran moi divertidos e incluso nós e as nosas profes poidemos participar facendo de personaxes.

Para que vos fagades unha idea de cómo foi, aquí tedes esta presentación de fotos, onde podedes ver diferentes momentos desta visita ao contacontos. Esperamos que vos guste!!

lunes, 16 de abril de 2012

Cocicontos e Titiricontos


Recordámosvos que hoxe luns 16 e mañá martes 17 de abril son os últimos días para poder anotarse nas actividades que a Biblioteca Central Henrique Rabuñal oferta para este mes.
As actividades ás que podedes apuntar aos vosos fillos/as son:

-          Minicontos: actividade de cociña creativa con contos para nenos/as de entre 3 e 6 anos, que terá lugar o 23 de abril.

-        Titiricontos: actividade para nenos/as de entre 3 e 11 anos que terá lugar o 25 de abril.

O número de prazas é limitado, polo que aqueles que queiran asistir deberán anotarse na Biblioteca Central Henrique Rabuñal entre hoxe e mañá.

Aproveitamos para recordarvos que mañá martes 17 todas as clases de 4º de Infantil iremos de excursión á Biblioteca para coñecela mellor e escoitar un conto.
Próximamente poderedes ver que ben o pasamos!!

domingo, 15 de abril de 2012

"Cousas de avós": Carrapuchiña vermella.

"Cousas de avós" pertence a un proxecto de voluntariado desenvolvido polas persoas maiores de 60 anos que viven en Arteixo. Entre outras actividades, estes "avós" tratan de achegar á comunidade escolar as vivencias acumuladas ao longo de toda a súa vida.
Durante esta semana tivemos a ocasión de disfrutar deste proxecto no noso cole. Viñeron a contarnos o conto de Carrapuchiña vermella. Quedamos abraiados ao ver os personaxes en acción e despois tivemos a ocasión de xogar e cantar todos xuntos.
Pasámolo de marabilla!!
Deixámosvos unhas fotos da sesión do conto coa clase dos caracois e das tartarugas. Queremos pedir disculpas porque non temos fotos da sesión coa clase das xirafas debido a un problema técnico, pero podemos asegurarvos que tamén disfrutaron un montón.











miércoles, 11 de abril de 2012

Cumples marzo

Xa estamos de volta das vacacións e despois deste longo paréntese de actividade no blogue, ímonos poñer de novo ao día para ensinarvos cousiñas que facemos no cole.
Nesta ocasión, e aínda que o mes de marzo xa fai días que rematou, vos traemos as fotos dos cumpleañeiros e cumpleañeiras deste mes.

 Aquí tedes aos caracois que cumpliron 4 anos en marzo: Alain, Celia, Xiana e Daniela.


Na clase das xirafas celebramos os cumples de Icía, Jose e Loreto.


E, na clase dos caracois, cumpliu 4 anos durante o mes de marzo: Jimena.

A tod@s moitas felicidades. E, coma sempre, para celebralo vos deixamos unha canción que seguro vos sona: