jueves, 29 de noviembre de 2012

Seguimos precisando cartóns de ovos

Decembro vai comezar e o nadal xa se achega.
Fai uns días que vos pedimos se podiades contribuir cuns cartóns de ovos, xa fosen de ducia ou media, para axudarnos a facer a decoración de nadal do colexio. A vosa resposta foi moi positiva e dende aquí volo queremos agradecer.
Pero aínda seguimos a precisar máis cartóns e queremos desvelarvos para qué.
Este curso decidimos facer os adornos de nadal con material reciclado ou reutilizado.
En internet atopamos esta imaxe dunha árbore de nadal...

(os dereitos desta imaxe non pertencen ao noso blogue)

... e puxémons mans á obra para poder reproducila e así decorar os nosos corredores.
Como estades a ver, precisamos moitos cartóns de ovos, así que agradeceríamos se poidésedes continuar enviando algún que teñades pola casa.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

martes, 27 de noviembre de 2012

MANDALAS DE OUTONO

Esta entrada é froito da petición popular. Nas clases estivemos traballando con mandalas e os nenos/as pedíronnos se podíamos poñer algunha máis no blogue para que as poidesen facer dende a casa. E aquí están!!

En primeiro lugar, imos comezar por explicarvos brevemente que son as mandalas e para que serve traballar con elas. As mandalas son figuras de disposición circular orixinarias das culturas orientais. Son moitos os beneficios que obtemos cando as coloreamos: melloran a concentración, a memoria, a creatividade... favorecen o reequilibrio persoal e a harmonización colectiva, axudan a combatir a fatiga e o estrés... E como éstas, aínda máis cousas.

Así foi que coa chegada do outono coloreamos nas clases algunha mandala de esta temática. Se picades aquí poderedes descargar estas mandalas que vedes a continuación, que son unha pequena recopilación das que atopamos en internet que están relacionadas co outono:

 


Para conseguir a relaxación e concentración mentres as coloreamos acompañamos esta actividade con música que contribúe a tal fin. Se buscades en youtube "música para mandalas" atoparedes infinidade de resultados. Moitos deles, con vídeos de imaxes caleidoscópicas, que case nos deixan hipnotizados cando as miramos, xa veredes....


Así que se vos animades a traballar na casa coas mandalas, xa nos contaredes qué tal foron os resultados da experiencia!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Esta fin de semana... entrada gratuíta aos museos coruñeses

Xa vos anunciamos que a semana pasada podíase entrar de forma gratuíta ao Aquarium Finisterrae, á Casa das Ciencias e á Domus.
Pois ben, o sábado 24 e o domingo 25 a entrada volve ser gratuíta con motivo da XXV entrega dos Premios Prismas.
Para máis información, picade na imaxe.


Boa fin de semana!!


miércoles, 21 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

O pasado venres celebramos no cole a festa do magosto.
Un ano máis, vimos como se asan as castañas, utilizamos os nosos portacastañas para comelas e xogamos a xogos tradicionais.
Nesta presentación de imaxes podedes ver un resumo de como foi o día.

Encántannos estas celebracións e xa estamos a pensar na seguinte!!

lunes, 19 de noviembre de 2012

Despedida de Fredo

A semana pasada tivemos que despedir a un compañeiro da clase das tartarugas.
Dende aquí lle mandamos un bico moi grande a Fredo, que marchou para outro cole.
Esperamos que todo che vaia moi ben!!
Una aperta moi grande
FREDO

lunes, 12 de noviembre de 2012

CABAZAS GAÑADORAS

Aínda non vos ensinamos as cabazas gañadoras de Educación Infantil, así que hai que poñer remedio a isto inmediatamente!!
En primeiro lugar, queremos felicitar a tod@s os participantes polo traballo feito e pola vosa implicación co que vos pedimos. Noraboa!! Mereciades gañar tod@s, pero non tiñamos premios para tantos... así que en cada ciclo houbo 4 cabazas premiadas, as de Educación Infantil foron as seguintes:
























As dúas cabazas de abaixo son obra de dúas cativas das nosas, así que dende aquí queremos felicitar a:

- Sabela Fr. da clase dos caracois pola cabaza de Chum-chum
- Loreto da clase das xirafas pola cabaza da bruxa verde

A continuación deixámosvos unhas imaxes do día da entrega dos premios. Na biblioteca do cole hai unha exposición coas fotos de todas as cabazas gañadoras e alá fomos para velas e para entregarlles o seu premio ás gañadoras.





Moitas felicidades a todos e todas os que participastes!!

SEMANA DA CIENCIA

A entrada de hoxe será breve, aínda que se trate de informarvos dalgo que consideramos moi interesante:
Esta semana que comeza é a semana da ciencia nos Museos Científicos Coruñeses e, para celebralo, a entrada aos mesmos será gratuíta.
É dicir, dende o luns 12 de novembro ata o domingo 18 de novembro, entrar na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae é gratis.
Para máis información sobre o programa de actividades que haberá durante esta semana en cada un dos museos, picade na imaxe.



domingo, 4 de noviembre de 2012

E POR FIN... CELEBRAMOS SAMAÍN!!

Xa nos tardaba, pero por fin chegou o día!!
O pasado mércores 31, como indica a tradición, celebramos a festa do Samaín.
Houbo sorpresas terroríficas!! Profes e nenos/as caracterizados para a ocasión, contos de medo, cancións que asustan, películas de pantasmas...
E, a pesares de todo isto, foi un día moi divertido!!
Como mostra, deixámosvos estas fotos nas que saímos terroríficamente guap@s!!






E tamén vos deixamos un conto que lles gustou moito aos nen@s.
A celebración do Samaín ou Halloween sérvenos para traballar sobre os medos infantís e tratar de superalos. No colexio, fixemos unha sesión de contacontos con "O gato Guille e os monstros", que podedes atopar en calqueira libraría ou biblioteca. Unha versión deste conto é esta de youtube:


Ademais disto, atopamos uns contos nunha páxina de internet (que podedes consultar aquí) e escollemos para contarlles "El país de tus miedos" porque consideramos que pode axudar a vencer moitos dos temores que os nenos e nenas teñen a estas idades. Para levar a cabo esta actividade fixemos unha versión adaptándoa ao galego. Así que se queredes descargar e imprimir este conto titulado "O país dos teus medos", picade na imaxe.



Por último, durante a última semana vimos a pelicula de Casper, un fantasma bo. Se queredes, podedes ver online este clásico picando na imaxe.



Esperamos que disfrutárades desta ponte!!