domingo, 29 de septiembre de 2013

Cumple desta semana: Adrián

Unha semana máis tivemos que celebrar que un dos nosos cativos cumpliu os 5 anos.
Nesta ocasión foi a quenda de Adrián, da clase das tartarugas.
O pasado mércores Adri convidounos a rico biscoito de chocolate, moitas grazas!! 
E moitas felicidades para el!!
ADRIÁN

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Mesa redonda sobre a LOMCE

O xoves 26 ás 19:00 horas no Auditorio do CCC de Arteixo terá lugar unha mesa redonda que pode resultar do voso interese, sobre a nova lei educativa: a LOMCE.


domingo, 22 de septiembre de 2013

Cumples celebrados esta semana: Marta, Sofía, Ariadna, Daniela e Paula

Sen dúbida, esta semana foi de celebración na clase das xirafas. 
Nada máis e nada menos que 5 nenas celebraron o seu cumpleanos.

Dous destes aniversarios xa os felicitáramos neste blogue porque se tratan de dúas nenas que cumpliron anos no mes de agosto. Pero como nese tempo non tiñamos cole, non o puideran celebrar cos seus compis, polo que decidiron convidalos a biscoito esta semana. Así que... moitas felicidades para Marta e para Sofía!!
MARTA

SOFÍA




Por outra parte, houbo outras tres nenas da clase das xirafas que cumpliron anos nestas primeiras semanas de setembro e tamén decidiron celebralo xuntas. Nesta ocasión trátase de Daniela (que cumpliu a comezos deste mes) e de Ariadna e Paula (que os cumpliron esta semana). E elas tamén nos convidaron a rico biscoito para celebrar os seus 5 anos, moitas felicidades a todas!!
DANIELA


ARIADNA


PAULA


domingo, 15 de septiembre de 2013

Cumples desta semana: Sergio e Sira

Este curso trae novidades en canto á celebración dos cumples. 
Ao contrario que o curso pasado, este ano os cumpleanos celebraranse o mesmo día que cumpla o neno/a e non de forma mensual, tal e como viñamos facendo.
Por outra parte, no blogue iremos felicitando semanalmente a aqueles que estivesen de cumple, desta forma non terán que esperar a fin de mes para poder ver as fotos dese día.
Así que rematada a primeira semana do curso xa podemos comezar coas felicitacións.
Nesta ocasión houbo festa na clase das tartarugas, xa que nada máis empezar o curso celebramos o cumple de dúas tartarugas: Sergio e Sira. Os dous cumpliron 5 anos o día 10 de setembro, vaia coincidencia!!
Moitas felicidades para os dous!!

SERGIO


SIRA