domingo, 31 de agosto de 2014

DESPEDIDA

Ata aquí chegamos.
Neste último día de agosto damos por finalizado o ciclo que comezou fará mañá 3 anos.
Foron 3 cursos inesquecibles, que de seguro tanto cativ@s como mestras levaremos para sempre no noso recordo.
Por iso hoxe queremos deixarvos unha imaxe nosa a modo de despedida. 
Salvia, Nuria, Mane e Charo fomos as mestras que formamos parte de Cativadas de Arteixo. Sentímonos desbordadas polo cariño que recibimos durante este tempo, tanto por parte dos nen@s como polo das familias, e non temos palabras que expresen todo o noso agradecemento.
E como non nos gustan moito as despedidas, non imos alongar isto moito máis... simplemente grazas e ata sempre!!


jueves, 28 de agosto de 2014

TIBURÓN

Outra das pequenas sorpresas que vos tiñamos gardadas era esta: o baile do tiburón!!

Se na ocasión anterior botabamos a vista atrás para recordar a coreografía do curso 2012-2013, nesta ocasión amosámosvos a coreografía estrela do curso 2013-2014. Como poderedes comprobar, os cativos e cativas xa son uns profesionais do baile e desfrutan moito del!!

Deixámosvos cun videoclip conxunto das clases dos caracois, xirafas e tartarugas bailando a canción do tiburón. Esperamos que vos guste!!

(de novo recordamos que poderedes velo con maior calidade se en Youtube picades na roda da barra gris de abaixo e seleccionades 720p ou 1080p)




E se queredes descargar o arquivo para telo no voso ordenador, picade AQUÍ

lunes, 25 de agosto de 2014

GANGNAM STYLE (curso 2012-2013)

Pensabades que isto xa rematara? Pois ainda non!!

Nesta última semana de agosto queremos traervos unhas pequenas sorpresas a modo de despedida.

E a primeira delas trátase destes vídeos, rescatados do curso 2012-2013, cando os nenos e nenas estaban en 5º de Educación Infantil.

Durante ese ano púxose de moda a canción "Gangnam style" e nas clases de psicomotricidade bailamos unha coreografía deste tema. Así foi que nalgunha desas clases gravamos uns fragmentos do baile, que hoxe traemos nesta entrada a modo de "videoclip". Desafortunadamente, durante o proceso de gravación, algún cativo/a estaba enfermo/a e non formou parte destes vídeos, aínda que esperamos que igualmente gosten de ver aos seus compañeiros/as e desfruten da coreografía (que de seguro aínda lembran!).

Ademais poderedes ver algúns nenos ou nenas que remataron o ciclo noutro colexio; é a nosa maneira de renderlles homenaxe a eses alumnos/as que tamén formaron parte de "Cativadas" no seu día.

Se nos axustes de Youtube subides a calidade do vídeo, poderedes velo mellor (na barra gris de abaixo, picar na roda e seleccionar calidad - 720p). Esperamos que vos guste!!