martes, 25 de septiembre de 2012

Zapatos con cordón??

Estamos intentando aprender a atar os cordóns dos nosos zapatos, pero as nosas capacidades motrices aínda non están suficientemente maduras para ser capaces de desenvolver esta tarefa.
Para atar os cordóns é necesario realizar unha secuencia de pasos e movementos que resultan complicados para os nenos e nenas desta idade debido a que o seu desenvolvemento motor aínda non está non punto óptimo para poder facer todo isto adecuadamente.


Por iso queremos pedirvos que, mentres non adquiran esta capacidade, lles enviedes calzado que non teña cordóns, xa que resulta contraproducente estar interrumpindo o ritmo da clase constantemente cada vez que se desata un cordón.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

sábado, 22 de septiembre de 2012


Queridas familias:
Detectamos algún caso de piollos entre o alumnado así que vos pedimos que, por favor, este fin de semana revisedes as cabezas dos vosos fillos/as e que, de ser necesario, adoptedes as medidas necesarias para eliminalos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

lunes, 17 de septiembre de 2012

Primeiros días de cole

Andamos estrenando novo curso con moita ilusión e ganas de traballar.
Aínda estamos coñecendo as novas aulas e, nalgún caso, novas compañeiras (que pronto vos presentaremos).
Hai que recoñecelo, no fondo tod@s tiñamos ganas de volver ó cole.
Aquí vos deixamos unhas imaxes destes primeiros días...



miércoles, 12 de septiembre de 2012

Reunión coas familias

Como xa saberedes, hoxe tivemos a reunión inicial do curso coas familias.
Por se algún de vós non puido asistir, reproducimos a continuación a información que se comentou:




  • O horario das clases é de 9.30h-14.30h. (o alumnado de E. Infantil sairá 10 min antes que o resto). Rogamos puntualidade tanto na entrada como na saída.
  • Se é necesario entrar máis tarde ou saír antes, só se poderá facer na hora do recreo de 12:00-12:25, sempre avisando á titora previamente e cubrindo un xustificante.
  • Igual que o curso pasado, os nenos/as continúan precisando un mandilón de cadros vermellos e brancos que leve o seu nome e unha cinta de cor verde. É importante que teña unha cinta para colgalo.
  • Asimesmo é importante que cada neno/a teña unha gorra co seu nome marcado. Recomendamos que ademais lles enviedes unha muda, tamén co seu nome.
  • Continuamos co calendario de merendas do curso pasado. Recordade que cada día deberán traer unha bolsa de tea coa merenda que corresponda e unha botella de auga. Tanto a bolsa como a botella de auga tamén deben levar o nome do neno/a. A fruta deberá vir mondada e non deberá traerse nada que leve vidro.
  • O día que teñan clase de psicomotricidade  deberán traer chándal e tenis:
      • Clase dos caracois (5º A):  LUNS
      • Clase das xirafas (5º B): MÉRCORES
      • Clase das tartarugas (5º C): XOVES
  • A celebración dos cumpleanos será diferente este curso. O último venres de cada mes farase en cada clase unha celebración conxunta de todos os nenos e nenas que cumplisen anos ese mes (consultar folla adxunta para saber cales son). Para esta celebración deberedes poñervos de acordo coas demais familias dos nenos/as que estean de cumple. Como norma xeral, o que recomendamos que traiades será un biscoito para poder soplar a vela.
  • Libro das vacacións: faremos unha actividade conxunta para falar das nosas vacacións. Para iso pedímosvos que cada neno/a pegue 2 fotos das vacacións nun folio, que o decore e escriba un pequeno texto como máis vos guste. Desta forma lle servirá  para mostrar aos seus compañeiros/as qué foi o que fixo durante as vacacións. Antes de traer o folio á clase, falade na casa sobre qué cousas están pegadas, debuxadas ou escritas no folio para que, despois, llo poidan explicar aos demais compañeiros/as.


Por outra parte, aproveitamos para recordarvos que os libros que empregaremos durante este curso son os seguintes:

LECTOESCRITURA: LETRAS DE COLORES CON ENLACE INICIAL. (Editorial Santillana)

    •          Lectoescritura 2 (versión pauta). ISBN: 978-84-294-8782-4
    •      Lectoescritura 3 (versión pauta). ISBN: 978-84-294-9094-7
    •          Lectoescritura 4 (versión pauta). ISBN: 978-84-294-8902-6
MATEMÁTICAS: APRENDO MATEMÁTICAS ( Editorial Santillana)
    •           Primer trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8457-1
    •          Segundo trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8458-8
    •          Tercer trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8460-1

INGLÉS:  Oxford playschool. A class book. Editorial Oxford.  ISBN: 9780194734080


Ademais disto, precisamos pedirvos que cada neno/a traia o seguinte material:
    •       5 cartulinas tamaño A4 de cor branca
    •       2 paquetes de toalliñas húmidas
    •       2 rolos de papel de cociña
    •       3 caixas de panos de papel

Tamén queremos recordarvos que o horario das titorías é os luns de 16:00 a  17:00 e que é necesario pedir cita previa.  Para algunha consulta puntual que queirades facer, podedes empregar a dirección de correo cativadas.arteixo@gmail.com

Ademais dos festivos nacionais, non haberá clase o 2 de novembro de 2012 (Día do Ensino), 7 de decembro de 2012 e 20 de maio de 2013 (non lectivos neste centro) e os periodos de vacacións serán os seguintes:
  •       Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.
  •       Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.
  •       Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.


No caso de estar interesados en descargar esta información para imprimila en forma de díptico, tal e como se entregou na reunión, podedes picar aquí.


A parte disto, para poder consultar os cumpleanos e o horario de cada clase, picade onde corresponda:

martes, 4 de septiembre de 2012

AVISOS IMPORTANTES


A entrada de hoxe ten información que consideramos vos pode resultar moi interesante.

Por unha parte, queremos informarvos de que onte se publicaron no B.O.P. as bases para poder solicitar axudas para material educativo para o segundo ciclo de Educación Infantil do Concello de Arteixo. 

Se picades AQUÍ levaravos directamente ao documento que vos da toda a información.

E, por outra parte, tamén vos queremos informar das reunións de inicio de curso.

O noso nivel, 5º de Educación Infantil, terá a reunión inicial conxunta con todas as familias o día 12 de setembro ás 11 da mañá. 

Aconsellámosvos que, na medida do posible, a esta reunión non veñan os vosos fillos/as.

As clases comezarán con normalidade o xoves 13 de setembro. 

lunes, 3 de septiembre de 2012

sábado, 1 de septiembre de 2012

Cumples agosto

Rematado o mes de agosto, e como foi costume durante todo este curso, traémosvos aos cumpleañeir@s que este mes estrenaron os seus 4 anos.

Moitas felicidades para...

Fátima e Zoe da clase dos caracois:




Marta, Sofía e Sofyan da clase das xirafas:




E Diego e Lamyae Salki da clase das tartarugas:



Feliz cumple a todos/as!!!

E, agora, a bailar un pouco para celebralo!!!