lunes, 27 de agosto de 2012

Rematando o verán

Comezamos xa coa última semana do mes de agosto e temos setembro á volta da esquina.
En pouco máis de dúas semanas voltaremos ao cole; para axudar aos cativos/as a ir collendo pouco a pouco o ritmo de traballo, imos recordarvos unha serie de tarefas que xa vos propuxemos no seu momento e que pretenden refrescar aquelo que aprenderon no seu primeiro ano de cole.

Hoxe comezamos por recomendarvos que traballedes con eles/elas unha serie de tarefas relacionadas co bo comportamento, a atención e os hábitos saudables.

Por exemplo, podedes facer fincapé en:

- Sentar correctamente:


- Coller os útiles con presión:


- Ter obrigas e cumplilas (vestirse, espirse, recoller, poñer a mesa, facer pequenos recados...). Traballamos así a responsabilidade:


- Facer unha cousa de cada vez: ler contos, ver a tele, xogar, comer... Traballando desta forma a atención e a concentración:



Nota: se picades nas imaxes, tedes links a outras páxinas nas que se amplía a información.

jueves, 23 de agosto de 2012

Aviso: Material para o curso 2012-2013


Queridas familias:
Cada vez vai quedando menos para o remate das vacacións; tan só en 3 semanas estaremos de volta ao cole.
Este ano coincide que por estas datas temos que contar cunha novidade que a ninguén lle fai moita ilusión: a subida do IVA. 
Somos conscientes de que este é un tema que preocupa a moitos e por iso decidimos facer esta entrada no blogue. Recibimos xa varias consultas sobre o material escolar para o vindeiro curso, para poder ir adiantando a súa compra e así evitar que afecte a subida do IVA. Cremos que isto pode facer que a volta ao cole sexa costa arriba para moitos, por iso as profes deste nivel (o dos nenos/as que comezan 5º de Educación Infantil) decidimos que non vamos pedir un listado de material por cada alumno/a. Aínda conservamos algún material do que pedimos ao comezo do curso pasado e imos administralo ben para que, de momento, non teñamos que pedir máis. 
Se segundo vaia avanzando o curso vemos que precisamos algunha cousa (por exemplo, se rematamos cos folios, cos pegamentos, etc.) pedirémosvos a cada familia que contribuades mercando unha cousa determinada (o mesmo que facemos cando rematamos coas toalliñas ou cos panos de papel).

Resumindo: de momento non é necesario que merquedes ningún material para o curso 2012-2013.

Por outra banda, queremos recordarvos que a subida impositiva do IVA non afecta aos libros de texto, que seguirán pertencendo ao grupo superreducido (4% de IVA).
A subida afecta aos outros artículos de material escolar (cadernos, cartolinas, folios, etc.); pero prácticamente todos os asociados á Federación de Libreiros de Galicia van retrasar esta subida do IVA ata o 15 de outubro, para favorecer desta forma ás familias.

Isto último que vos comentamos podédelo leer nos xornais. Aquí vos deixamos un par de enlaces, de entre os moitos que fixeron eco desta nova:


Para rematar, deixámosvos o enlace á entrada na que publicamos o listado de libros de texto para o curso 2012/2013:


miércoles, 8 de agosto de 2012

Actuación fin de curso 2012

Non foi sen tempo, pero por fin temos editado o vídeo do baile de fin de curso!!
Aquí podedes ver ás clases dos Caracois, Xirafas e Tartarugas bailando ao ritmo da canción "Sube las manos parriba".
Despois de facer esta actuación na clase, bailamos xunto cos outros nenos e nenas de Educación Infantil diante de todo o cole e fixémolo estupendísimamente.
Estamos feitos todos e todas uns verdadeir@s artistas!!

miércoles, 1 de agosto de 2012

Cumples xullo

Que tal van esas vacacións? Esperamos que moi ben!!
Despois duns días de descanso no blogue imos ir engadindo pouco a pouco novas entradas.
E, como de costume, xa que rematou o mes de xullo temos de desexarlles feliz cumpleanos a todos aqueles nenos e nenas que cumpliron 4 anos durante este mes.
Así que.. alá imos!!
Moi feliz cumple para...

Laura e Sabela F.F. da clase dos caracois.



Sara da clase das xirafas.



E Irene, Óscar, Sofía, Uxía e Javi da clase das tartarugas.







Moitísimas felicidades a todos e todas!! Cando nos voltemos ver xa vos tiraremos das orellas como é debido. E, mentres chega ese momento, deixámosvos cun pouco de música para celebralo.