miércoles, 31 de octubre de 2012

CUMPLES OUTUBRO

Hoxe remata outubro así que toca felicitar aos que cumpliron neste mes. Nesta ocasión hai que dicir ás que cumpliron este mes, xa que todas foron nenas!!

Moitas felicidades para...

MARA da clase dos caracois


LAURA e YLENIA da clase das xirafas


SHEILA da clase das tartarugas


Moitos bicos para todas e un pouco de música para celebrar que xa tedes 4 anos!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Concurso de cabazas

Como ben sabedes, fai uns días pedimos a vosa colaboración para decorar na casa cos vosos fillos/as unha cabaza e traela ao cole para facer unha exposición con todas elas.
O resultado está sendo espectacular e dende aquí queremos darvos a noraboa polo voso traballo.
Este mércores 31 por fin se escollerá a cabaza gañadora do concurso que organizamos para este Samaín.
Para que vos fagades unha idea do difícil que o vai ter o xurado para escoller a mellor cabaza, aquí vos deixamos un vídeo con todas as que se presentaron para o concurso por parte do alumnado de Educación Infantil. 
Esperamos que o disfrutedes!!


viernes, 26 de octubre de 2012

Máis Samaín

Xa queda menos e xa case temos todo preparado.
Menos dunha semana para que chegue o Samaín!!
Moita xente pensa que estamos a copiar esta festa do Halloween dos americanos, pero en realidade case se podería dicir que o que ocorreu foi o contrario.
Os americanos festexan Halloween pola influencia dunha festa que antigamente celebraban os celtas, un pobo co que os galegos estamos moi relacionados.
Esta festa, precisamente, era o Samaín, ou a noite na que se cría que se abrían as portas do outro mundo e saían as pantasmas, esqueletes e bruxas, que os celtas trataban de asustar e espantar con cabazas que metían medo!!
Na nosa terra esta celebración estaba caendo no esquecemento, por iso tratamos de reavivala traballando sobre ela e ensinándolles aos nenos e nenas en qué consiste.
Unha das actividades que vimos realizando estes días é aprender esta canción do grupo Mamá Cabra. Deixámosvos a transcripción debaixo do vídeo para que vos resulte máis fácil aprendela.



Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a metros.

Óese dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo!!!

 Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

 Bailan, bailan as pantasmas,
 monstros, bruxas e curuxas.
 Bule, bule que aínda é cedo
 e hoxe toca pasar medo!!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

Xogando na clase de psicomotricidade

Un dos momentos favoritos da semana é a hora de psicomotricidade. Nesta clase aprendemos a mellorar as capacidades motoras do corpo (saltos, xiros, equilibrio...), facemos coreografías (coordinación, esquema corporal...) e tamén temos tempo para xogar. Un dos que máis lles gusta a todos é poder xogar cos diferentes tipos de "colchonetas" que temos. E aquí vos deixamos unha pequena mostra disto. Nestes collages de fotos podedes ver unha sesión de cada unha das clases xogando na aula de psicomotricidade.

CLASE DOS CARACOIS

CLASE DAS XIRAFAS

CLASE DAS TARTARUGAS



sábado, 20 de octubre de 2012

Bonecos de outono

Esta semana levamos para casa un traballiño que viñemos facendo durante estes últimos días.
Trátase dos bonecos de outono.
O corpo fixémolo con follas de outono que fomos recollendo e traendo para o cole e a cara, patas e brazos coloreámolas, picámolas e pegámolas para formar gatos, coellos e ras.
Nestas presentacións de imaxes poderedes ver o proceso de realización destes bonecos en cada unha das clases.
Esperamos que vos gusten!!




miércoles, 17 de octubre de 2012

Obradoiro sobre Vivaldi

Como xa vos contamos, en música estamos traballando sobre Vivaldi e queremos informarvos, por se vos interesa, de que na Fnac de Coruña (Plaza de Lugo) este fin de semana teñen organizado un obradoiro para nen@s menores de 7 anos precisamente sobre este autor que estamos traballando.
Así que se non tiñades plans para este sábado ás 12:30, animámosvos a que vos acheguedes ata alí, xa que consideramos que pode estar interesante.

Resumindo:

Obradoiro sobre Vivaldi
Lugar: Fnac A Coruña (Plaza de Lugo)
Día: 20 de outubro 2012
Hora:12:30
Gratuíto
Para máis información, chamar ao teléfono 981 215 000

miércoles, 10 de octubre de 2012

Coñecendo a Vivaldi

Este curso imos ir aprendendo cousas sobre diferentes autores importantes na historia da música.

Como fai pouco que empezou o outono aproveitamos para coñecer cousas sobre o compositor que escribiu música para as catro estacións do ano: Vivaldi.

Así, en cada unha das clases, fomos apuntando qué cousas queremos saber, aprender, investigar... sobre Vivaldi.

Non fixemos máis que empezar con este proxecto, e imos ir pouquiño a pouco avanzando nel. Pero para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades qué queren descubrir os nenos/as de cada clase sobre Vivaldi.

Esto é o que queren saber os caracois:

 

Esto é o que queren saber as xirafas:

E esto é o que queren saber as tartarugas:


Comezamos a investigar sobre Vivaldi!!


sábado, 6 de octubre de 2012

Cumples de agosto e setembro

Como sabedes, este ano decidimos celebrar os cumpleanos de forma conxunta por parte dos que naceron dentro dun mesmo mes.

Así que nesta entrada traémosvos aos cumpleañeiros/as de agosto e setembro.

Comezamos cunhas nenas da clase das xirafas que cumpliron os 4 anos en agosto e decidiron celebralo co resto dos seus compañeir@s da clase.

Moitas felicidades para Sofía e Marta!!


E, por outra parte, queremos felicitar tamén aos cumpleañeir@s do mes de setembro.

Da clase das xirafas cumpliron 4 anos Ariadna P, Paula e Daniela.



E da clase das tartarugas: Adrián, Sergio e Sira.



Moitísimas felicidades para todos e todas!!!

E agora, coma sempre, a bailar!!

miércoles, 3 de octubre de 2012

Despedida de compañeiras do curso pasado

Onte dábamos a benvida a dúas nenas que comezaron no noso cole, pero hoxe, pola contra, temos que despedir a outras dúas nenas que este curso xa non van estar con nós.
Trátase de Cora da clase das Xirafas e de Laura da clase dos Caracois.
Imos botarvos moito de menos e desexámosvos moita sorte nos vosos novos coles.
Un bico moi grande para as dúas!!
CORA



LAURA

martes, 2 de octubre de 2012

Presentámosvos a dúas novas compañeiras

Xa levan connosco dende principios de curso, pero aínda non tiveramos ocasión de presentarvos a dúas cativas que se uniron este curso a nós.
Trátase de Ylenia e Triana, da clase das Xirafas e dos Caracois, respectivamente.
Dende aquí queremos darlles a benvida como se merecen: alegrámonos moito de que poder compartir este curso en Arteixo con vós!!

YLENIA


TRIANA