miércoles, 30 de enero de 2013

CUMPLES DE XANEIRO

Aquí están o neno e a nena que primeiro cumpliron os 5 anos. Qué maiores son!!
Xaneiro remata mañá, pero como estes nen@s xa celebraron o seu cumple, xa podemos amosarvos as súas fotos.
Neste caso trátase dun caracol e dunha tartaruga. As xirafas tardarán un pouquiño máis en comezar a cumplir 5 anos.
Dende aquí queremos felicitar a Alex da clase dos caracois:

ALEX

E moitas felicidades tamén para Lamiae Z. da clase das tartarugas:

LAMIAE Z.

Un bico moi grande para os maiores das nosas clases!!
Rematamos bailando un pouco...

domingo, 27 de enero de 2013

PETICION DE COLABORACIÓN ÁS FAMILIAS

Durante a pasada semana os nenos/as levaron para casa unhas notas (que podedes consultar aquí) para pedir a colaboración das familias na celebración do día da paz e no entroido. Tamén queremos utilizar este blogue como medio para pedirvos o mesmo, unha vez máis.

DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz. Entre outras actividades, sairemos ao patio para cantar cancións sobre a paz e para formar xuntos, todos os nenos e nenas do colexio, un gran lazo da paz, do que procuraremos sacar unha imaxe "dende arriba".

Esta fotografía do CEIP El Sol, pode darvos unha idea do que pretendemos facer (só que no noso caso, a figura que formaremos será un lazo da paz).

Para que isto sexa máis vistoso, procuraremos ir vestidos todos iguais: cunha camiseta branca.
Por iso vos pedimos que colaboredes enviándolle aos vosos fillos/as unha camiseta branca metida dentro dunha bolsa (a bolsa deberá ir marcada co nome do neno/a). Para realizar esta actividade, ese día poñerémoslles a camiseta por riba do mandilón.


DÍA DO ENTROIDO

O venres 8 de febreiro celebraremos o entroido no noso colexio. Este ano, os diferentes niveis irán disfrazados de diversos contos populares. No noso caso, o nivel de 5º de Educación Infantil, disfrazarémonos do "Gato con botas"

Nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que ese día os nenos e nenas veñan todos vestidos de negro e cunhas botas; a poder ser, botas de caña alta e lisas (sen debuxos nin estampados), por exemplo, unhas botas de auga.

Para o resto dos complementos do disfraz, xa estamos traballando na súa elaboración nas clases.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!



martes, 22 de enero de 2013

Excursión ao cine

Como sabedes, o 11 de xaneiro fixemos a nosa primeira excursión deste ano: fomos todos xuntos ao cine. Tiñamos moitas ganas de facer esta saída xa que, por cuestións metereolóxicas, tivera que ser adiada. E a espera valeu a pena; os nenos e nenas difrutaron un montón da película "Brave". A continuación deixamos unha presentación de fotos que vos amosa este día. 
Esperamos que sexa do voso agrado.

domingo, 20 de enero de 2013

E por fin... Festival de Nadal!!

Estivemos recopilando as fotos que fixemos o día do festival de Nadal para poder facer unha montaxe e amosarvos o ben que o pasamos ese día. E, por fin, aquí temos o resultado!!
Visita do paxe real, ao que lle dimos as nosas cartas, merenda con produtos navideños e o festival propiamente dito... todo isto formou parte dunha mañá moi divertida.
Aquí vos deixamos o vídeo que fixemos coas fotos, esperamos que vos guste:

viernes, 11 de enero de 2013

DESPEDIDA DE NOELIA

Este primeiro trimestre a clase das tartarugas tivo como titora á profe Noelia.
Agora que neste segundo trimestre se reincorporou a súa profe Salvia, as tartarugas tiveron que despedirse de Noelia.
Dende aquí queremos enviarlle unha aperta e un bico moi grande!!
Ata sempre, Noelia!!

miércoles, 9 de enero de 2013

NOVA DATA EXCURSIÓN AO CINE: 11 DE XANEIRO

Como recordaredes, o pasado 14 de decembro tiñamos prevista a primeira saída do curso. Por mor da alerta laranxa que houbo ese día, a consellería de educación suspendeu todas actividades que tivesen que ser realizadas no exterior do centro e vímonos na obriga de ter que pospoñer esa saída.
Xa temos nova data para realizala: será o vindeiro venres día 11.

O horario das clases será o mesmo de sempre, a saída non o modificará en absoluto.
Ademais, podemos adiantarvos que a película que veremos no cine (Espacio Coruña) será "Brave (Indomable)".
Deixámosvos aquí a súa banda sonora para que poidades ir abrindo boca.

martes, 8 de enero de 2013

CUMPLES DE DECEMBRO

Despois dun longo descanso retomamos a actividade poñéndonos as pilas.

Para comezar, o primeiro que vos imos amosar son as fotos dos cumpleañeir@s de decembro. É dicir, eses nenos e nenas que foron os últimos en cumplir os 4 anos.
Agora sí que podemos dicir que as clases dos caracois, xirafas e tartarugas son as clases de 4 anos xa que por fin todos e todas os cumplimos!!

En concreto nesta ocasión hai que felicitar a...

- Ricardo da clase dos caracois
RICARDO


- Adrián e Alberto da clase das xirafas
ADRIÁN e ALBERTO


- Lola e Iván da clase das tartarugas
LOLA e IVÁN


Moitísimas felicidades a tod@s!!

E, para non perder o costume, dedicámosvos unha canción para mover o esquelete!!