viernes, 26 de abril de 2013

Concerto "Los colores de las cuerdas" de Arcos Iris

A semana pasada tivemos a oportunidade de gozar no colexio dunha actividade diferente e moi enriquecedora. O grupo Arcos Iris, formado por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia deleitounos co seu espectáculo "Los colores de las cuerdas".
Foi un concerto marabilloso, onde nenos e nenas poideron familiarizarse cos instrumentos da familia da corda e descubrir pezas musicais clásicas dunha forma divertida.

A continuación deixámosvos unha presentación de imaxes da actividade, cunha base musical de varias pezas que os nenos/as poideron escoitar ese día.



E, para rematar, aquí tedes este vídeo recompilatorio de pequenos fragmentos dalgunhas das obras que interpretaron os integrantes de Arcos Iris.



Esperamos que vos gusten!!

domingo, 21 de abril de 2013

MÁIS COUSAS SOBRE O ACUARIO

Durante esta semana amosámosvos as fotos que sacamos durante a visita ao Acuario.
Hoxe tócalle a quenda aos vídeos. A continuación deixámosvos con dúas montaxes que recollen momentos da visita.
Para facer o percorrido polas diferentes partes do Acuario, as monitoras dividíronnos en dous grupos para, desta forma, poder explicarnos mellor todos aqueles aspectos salientables sobre os animais que alí viven.
Os dous grupos fixeron a visita de forma alterna, polo que poderedes ver cousas diferentes en cada un dos vídeos. Esperamos que vos gusten!!

VISITA AO ACUARIO (GRUPO 1)




VISITA AO ACUARIO (GRUPO 2)



sábado, 13 de abril de 2013

VISITA AO ACUARIO FINISTERRAE

Xa temos lista a recopilación de imaxes e vídeos da nosa visita ao Acuario Finisterrae (A Coruña) do pasado 4 de abril. Esperamos que vos guste!!

miércoles, 10 de abril de 2013

DETALLES SOBRE DÚAS ACTIVIDADES

Este trimestre temos previstas moitas actividades complementarias. Como sabedes, xa visitamos o Acuario Finisterrae e a próxima semana temos prevista a seguinte actividade.

Nesta ocasión non temos que desplazarnos, xa que a actividade vaise realizar no salón de actos do centro o vindeiro venres 19. Trátase dun concerto do grupo "Arcos Iris", formado por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Mediante o espectáculo que nos presentará este grupo os nenos/as disfrutarán dunha selección de pezas de distintos xéneros musicais e aprenderán aspectos relacionados cos instrumentos e o modo no que se tocan.
Lamentablemente, esta actividade non é gratuíta. Todos os que estean interesados en participar deberán facer unha aportación de 2,50€ para custeala. Evidentemente, é unha actividade voluntaria e os que non desexen asistir estarán debidamente atendidos polo equipo docente do centro.
Dende aquí queríamos animarvos a que non perdades a oportunidade de asistir a un espectáculo coma este, xa que consideramos que ten un alto valor educativo e didáctico.
Para que os vaiades coñecendo, a continuación vos deixamos cun vídeo deste grupo, "Arcos Iris":



A seguinte actividade da que vos queremos falar é a excursión de fin de curso
O ano pasado fomos ao parque natural de Marcelle e este curso visitaremos a Granxa Escola de Belelle
Está previsto que no noso nivel (5º de Educación Infantil) a excursión se realice o mércores 8 de maio
En Belelle os nenos e nenas participarán en diferentes obradoiros nos que poderán interactuar con aves e mamíferos da granxa; elaborarán pan; coñecerán diferentes tipos de flores e plantas, aprenderán como conservalas... e un montón de cousas máis!!
De novo temos que lamentar que a actividade non sexa gratuíta. O custo da entrada á granxa son 11€, ao que hai que sumar o prezo do bus. Éste variará en función de cantos nenos/as asistan, xa que o prezo total do mesmo dividirase entre todos os participantes. Para poder calcular isto de forma exacta e facer as pertinentes reservas, tanto do bus como da granxa, precisamos saber con antelación cantos alumnos/as estarían interesados en acudir. Para iso, durante esta semana enviamos para casa unha nota que podedes consultar AQUÍ, a modo de reserva de praza. 
O último día para poder reservar praza para a excursión de fin de cursó é o venres 12 de abril. Por iso rogámosvos encarecidamente que entreguedes a nota dentro de plazo, xa que despois dese día non se poderán facer máis reservas.
En canto teñamos o número exacto de participantes, calcularemos o importe total da excursión e volo comunicaremos. Somos conscientes de que vai supoñer un esforzo económico considerable, pero se vos propoñemos facer esta saída é porque estamos convencidas de que o valor educativo compensa o valor económico.
Se queredes coñecer un pouco máis cómo é esta granxa, podedes consultar a súa páxina web clicando sobre o logotipo:

No caso de que teñades algunha dúbida en relación a estas dúas actividades que acabamos de comentar, falade coas titoras. E, de novo, repetimos que lamentamos que o centro non poida custear este tipo de actividades e teñamos que pedirvos ás familias que fagades unha aportación económica para poder levalas a cabo. Pero, como tamén dixemos máis arriba, simplemente se tratan de oportunidades que vos ofrecemos para que os cativos e cativas aprendan cousas dunha forma diferente á que facemos todos os días na clase e, no caso daqueles que non cheguen a realizar as actividades, seguirán estando atendidos/as polo persoal docente do centro.

martes, 2 de abril de 2013

Recordatorio da saída ao Acuario Finisterrae

Recordámosvos que o XOVES día 4 imos de excursión ao
AQUARIUM FINISTERRAE de A Coruña.
 

A saída terá lugar en horario lectivo, polo que non se modificará en absoluto a hora de entrada e saída do colexio.

lunes, 1 de abril de 2013

CUMPLES DE MARZO

Hoxe comezamos o mes de abril, así que toca felicitar a todos aqueles nenos e nenas que cumpliron 5 anos durante o mes de marzo.
Nesta ocasión temos moitos cativ@s que felicitar, así que comezamos!!!


Da clase dos caracois estiveron de cumple Daniela, Xiana, Alain e Celia:
DANIELA, XIANA, ALAIN e CELIA



Da clase das xirafas cumpliron 5 anos Loreto, Jose e Icía:
LORETO, JOSE e ICÍA



Da clase das tartarugas, hai que felicitar a Jimena polo seu cumple:

JIMENA



Moitísimas felicidades a tod@s!!! Esperamos que o pasárades xenial!!!

E, para rematar, coma sempre, un pouco de música: