martes, 29 de octubre de 2013

Cabazas para o Samaín 2013

Hoxe queremos amosarvos as cabazas que elaboraron as familias do noso alumnado para o Samaín 2013 que se celebrará o día 30 de outubro no noso centro.

Queremos agradecervos a vosa colaboración e, sobre todo, felicitarvos polo voso marabilloso traballo. Noraboa, sodes uns artistas!!

domingo, 27 de octubre de 2013

Proxecto "Os Dinosaurios": Continuamos traballando

Hai uns días que vos ensinamos as primeiras cousiñas sobre o noso proxecto dos dinosaurios. Hoxe traemos unhas cantas fotos máis para que comprobedes cómo imos traballando e avanzando neste proxecto. Esperamos que vos guste!!

Clase dos caracois

Na clase dos caracois construiron un dino xigante en cartón que quedou chulísimo!! 
E teñen un recuncho con mooooitas cousas sobre dinos que os cativos/as trouxeron da casa.



Clase das xirafas

Na clase das xirafas tamén fabricaron o seu propio dino para ambientar o recuncho cos materiais que trouxeron da casa. E ata fabricaron un meteorito!! Coidado, non vos vaia extinguir!!



Clase das tartarugas

As tartarugas fixeron de detectives para atopar agochada a mascota do seu proxecto. E, ademais de construir o seu propio dino, tamén fabricaron un volcán que ata entrou en erupción!! Qué perigo!!


sábado, 12 de octubre de 2013

Proxecto "Os dinosaurios": comezando co proxecto

Xa sabedes que este primeiro trimestre estamos a traballar nun proxecto que nos axudará a aprender moitas cousas sobre os dinosaurios.
Como sempre, pedimos axuda ás familias para que aportárades o que tivesedes pola casa sobre este tema. E dende aquí queremos aproveitar para agradecervos a vosa colaboración e implicación.
Nesta entrada de hoxe empezaremos a amosarvos algunhas imaxes sobre cómo deu comezo este proxecto en cada unha das clases. En posteriores entradas poderedes ir vendo cómo avanzamos no noso traballo.
Esperemos que vos guste!!

Clase dos caracois



Clase das xirafas



Clase das tartarugas



domingo, 6 de octubre de 2013

Cumples desta semana: Sheila, Laura e Mara

De novo tivemos celebración nas diferentes aulas ao longo desta semana pasada.
Nesta ocasión festexamos un cumple en cada unha das clases, así que... comezamos co repaso e as súas correspondentes felicitacións!!

En primeiro lugar, o 1 de outubro foi Sheila da clase das tartarugas a que cumpliu 5 anos. Soplamos a vela nun biscoito súper chulo!! Moitas gracias, Sheila!!

SHEILA




Ao día seguinte houbo festa na clase das xirafas, nesta ocasión foi Laura a cumpleañeira. Estaba pletórica de alegría, non é para menos... 5 anos non se cumplen tódolos días!! Moitas felicidades!!

LAURA



E para rematar a semana celebramos o cumpleanos de Mara, da clase dos caracois, que tamén se une ao clube dos 5 anos. O biscoito con chocolate ao que nos convidou estaba riquísimo!! Feliz cumple!!


MARA

jueves, 3 de octubre de 2013

NOTAS INFORMATIVAS

Tal e como faciamos durante o pasado curso, continuaremos colgando aquí as notas informativas que os cativos/as levan para casa. Así poderedes consultalas no caso de que se perdan, extravíen ou deterioren.
Na columna da dereita hai un enlace permanente no que, se picades, poderedes acceder a esta entrada.