sábado, 30 de junio de 2012

Cumples xuño

Aínda que xa acabou o curso, non podemos perder as boas costumes, así que como viñemos facendo cada fin de mes, toca felicitar a todos os nenos/as que durante xuño cumpliron 4 anos.

Moitas felicidades para...

Jorge, Pablo B. e Sabela da clase dos caracois:





Ariadna E., Cora e Marco da clase das xirafas:





E Anxo e Carlota da clase das tartarugas:





 Moi feliz cumple para todos/as e a celebralo cun pouco de música!!

viernes, 29 de junio de 2012

LIBROS PARA O CURSO 2012/2013

Que tal van esas vacacións?
Esperamos que esteades disfrutando!
Hoxe traémosvos o listado de material para o próximo curso académico.


CUADERNILLOS 5º EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2012/2013

LIBROS DE LECTOESCRITURA:
-       -  LETRAS DE COLORES CON ENLACE INICIAL.
Editorial Santillana:

o   Lectoescritura 2 (versión pauta).
ISBN: 978-84-294-8782-4
o   Lectoescritura 3 (versión pauta).
ISBN: 978-84-294-9094-7
o   Lectoescritura 4 (versión pauta).
ISBN: 978-84-294-8902-6

MATEMÁTICAS:
-       -  APRENDO MATEMÁTICAS . Editorial Santillana:

o   Primer trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8457-1
o   Segundo trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8458-8
o   Tercer trimestre. 4 años. ISBN: 978-84-294-8460-1

INGLÉS

-        - Oxford playschool. A class book. Editorial Oxford.
  ISBN: 9780194734080 Ano: 2008

Se queredes descargar este listado nun arquivo para poder imprimilo, podedes facelo directamente clicando AQUÍ e levaravos á páxina web do centro.

Se tedes algunha dúbida, recordade que podedes poñervos en contacto con nós na seguinte dirección de correo electrónico:

cativadas.arteixo@gmail.com

martes, 26 de junio de 2012

MICA E PATO

Este curso tivemos un par de novos amigos que nos axudaron a aprender un montón de cousas.
 Incluso, acompañáronnos a cada un de nós ata as nosas casas.
Esta experiencia foi recollida nun libro viaxeiro.
E agora deixámosvos aquí as imaxes do que cada familia nos contastes sobre a vosa experiencia con Mica e Pato.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración, que fixo posible esta enriquecedora actividade.

Superlibro da clase dos CARACOIS:
 
Superlibro da clase das XIRAFAS:
 
Superlibro da clase das TARTARUGAS:
 
 

domingo, 24 de junio de 2012

Felices vacacións

Xa rematou o curso e tod@s @s profes queremos desexarvos unhas felices vacacións.
Pero non vos preocupedes que continuaremos actualizando este blogue con cousiñas varias durante todo o verán.
E, para comezar, aquí tedes unhas fotos de grupo do último día de cole.
Qué ben o pasamos!! Foi un día xenial!!



lunes, 18 de junio de 2012

A Saia de Carolina

Moit@s de vós xa saberedes que unha das nosas cancións favoritas é A Saia de Carolina.
Traballamos con ela para a celebración do Día das Letras Galegas, pero a cousa non quedou aí xa que como resultou gustarnos tanto, decidimos facer a actividade que agora vos presentamos.
Buscamos uns pictogramas, coloreámolos, escribimos a letra da canción, cantámola e gravamos todo isto para que os demais poideses ver qué ben se nos da.
E aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!!

A Saia de Carolina interpretada pola clase dos CARACOIS:

A Saia de Carolina interpretada pola calse das XIRAFAS:

A Saia de Carolina interpretada pola clase das TARTARUGAS:

domingo, 17 de junio de 2012

Reunión coas familias


Este luns haberá unha reunión para informar de diversos detalles deste fin de curso, así como adiantar algúns aspectos do curso que vén.
Aquelas familias que non poidan acudir poderán manterse informadas a través do que vaiamos publicando neste blogue.

viernes, 15 de junio de 2012

Primavera nos corredores

A semana pasada ensinámosvos o nosos traballos de primavera e hoxe tócalle a quenda á decoración de primavera dos nosos corredores.
Esta decoración primaveral foi posible grazas á colaboración das familias, estades feitos uns verdadeiros artistas!!
Mirade que bolboretas, xoaniñas e flores tan bonitas podemos ver polo noso cole...


sábado, 9 de junio de 2012

Traballos de primavera

Xa case está chegando o verán e nós aínda non vos ensinamos os nosos traballos de primavera... qué desastre!!
Imos poñer solución a isto agora mesmo!!
Aquí vos deixamos unha presentación para que vexades cantas cousas primaverais fomos facendo para decorar as nosas aulas: flores, bolboretas, xoaniñas, paxaros, caracois...
Mirade que cousas tan chulas fixemos:

jueves, 7 de junio de 2012

Lista de reproducción en youtube

Moi boas!!
Hoxe traémosvos algo distinto. Decidimos crear en youtube unha lista de reproducción recopilando os vídeos e cancións que máis lles gustan aos nos@s cativ@s para que, se queredes, poidades escoitalas tamén na casa.
Para ver esta lista de reproducción podedes buscar en youtube a nosa canle, ou podedes pinchar directamente neste enlace:
http://www.youtube.com/playlist?list=PL65863E578EB35CC5&feature=plcp
Un dos últimos vídeos que engadimos a esta lista foi este que lles axuda aos pequenos/as a repasar o nome das cores.
Procuraremos ir engadindo periódicamente novas cancións ou vídeos cos que traballemos nas clases.
Esperamos que vos guste!!

domingo, 3 de junio de 2012

Excursión a Marcelle

O pasado luns 21 de maio por fin chegou o ansiado día da excursión de fin de curso.
O ciclo de Educación Infantil tivemos a oportunidade de gozar dun día inesquecible todos xuntos.
Xogando e cantando no bus pasouse a viaxe bastante rápido e chegamos ao parque zoolóxico de Marcelle onde nos acompañou un día bastante bo para facer unha excursión.
Vimos moitos animais coñecidos e descubrimos outros moitos que non víramos nunca.
Encantounos comer no chiringuito e colorear debuxos dos animais que acabáramos de ver.
Na viaxe de volta estabamos agotadísimos/as e moitos/as de nós quedamos durmidos.
Se queredes ver un resumo de todo isto.... Aí vos queda este vídeo!!
Esperamos que vos guste!!