jueves, 15 de diciembre de 2011

Música para o Nadal

A partir de hoxe engadimos un reproductor de música ao blog para amenizar un pouco as vosas visitas.
Estará de forma permanente na columna da dereita do blog. Ten este aspecto:
Tan só con clicar no play poderedes escoitar diferentes cancións que lles resultarán familiares aos nosos cativos e cativas.
Nesta ocasión deixámosvos a do famoso "Reno Rodolfo", "Mi burrito sabanero" (panxoliña que están preparando os de 4 anos) e "Llega la Navidad" (preparada polos de 5 anos).
Esperamos que vos guste!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

A revisar cabezas!!

Familias, temos noticias de que nalgunhas das nosas cabezas temos uns inquilinos chamados piollos.
Así que vos queremos pedir que revisedes as nosas cabezas e, se os atopades, que poñades as medidas necesarias para eliminalos.
Deixámosvos uns enlaces a unhas páxinas nas que tedes máis información sobre os piollos clicando aquí e sobre o seu tratamento aquí.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Venres de cine

Temos o costume de xuntarnos as tres clases durante a última sesión dos venres para ir todos xuntos ao "cine".
Cada semana vemos algo distinto grazas ó proxector que temos nunha das aulas e este venres vimos a peli de Rudolph, é dicir, o noso amigo o reno Rodolfo ao que estamos adicando varias das nosas actividades navideñas.
Queremos agradecer á familia que nos facilitou poder ver esta película.
E grazas tamén a todas as demais que nos estades axudando a preparar a celebración do nadal do cole: recortando os cornos do reno Rodolfo, ensaiando o villancico na casa... Moitas grazas!!

viernes, 2 de diciembre de 2011

DECEMBRO

Onte comezou o último mes deste ano 2011.
É un mes que nos gusta moito, xa que celebramos o Nadal.
E co Nadal rematará o primeiro trimestre do curso.
Por iso decidimos deixarvos este calendario para que vos sirva como referencia para saber qué días imos ter cole (sinalados cun lápis) e cales podemos quedar descansando (sinalados cunha casa).
Mañá sábado empeza a ponte de decembro, que durará ata o martes (o luns non hai clase por ser un dos días non lectivos escollidos por este centro).
O mércores haberá clase, o xoves non (por ser festivo nacional) e o venres de novo teremos que vir ó cole.
A partir de aí continuaremos con normalidade ata o día 22, primeiro día das vacacións de Nadal.
Pero non vos preocupedes, que xa vos iremos dando máis detalles de todo isto.
Polo momento, que disfrutedes destes días de descanso!!


jueves, 1 de diciembre de 2011

Merenda de mañá venres: GALLETAS e ZUME

Os venres traemos para merendar galletas (ou similares) e zume.
Este tipo de alimentos son ricos en hidratos de carbono, que son os encargados de aportarnos enerxía para traballar toda a mañá.
Algunhas suxerencias para traer de merenda alimentos deste tipo poden ser os seguintes ou todos aqueles que se vos ocorran:

- Galletas de tódalas clases
- Picos de pan
- Barquillos
- Biscoitos
- Pan torrado
- Zumes de calquer tipo
- Etc.