sábado, 31 de agosto de 2013

CUMPLES AGOSTO

Remata xa outro mes do verán e dende Cativadas de Arteixo seguimos tendo presentes aos que cumpliron anos durante este mes de agosto.

Por iso queremos felicitar por ter cumplido 5 anos a...


Fátima e Zoe da clase dos caracois:





Marta, Sofía e Sofyan da clase das xirafas:






Diego e Lamyae S. da clase das tartarugas:





Esperamos que disfrutárades moito do voso cumple e, agora, a celebralo con música!!

sábado, 24 de agosto de 2013

FIN DE CURSO 2012-2013

Quedan poucas semanas para dar comezo a un novo curso académico pero, mentres tanto, seguimos botando atrás a ollada para recordar algúns momentos do curso que xa rematou.

Nesta ocasión queremos amosarvos unha montaxe de fotos da actuación de fin de curso.

Tamén temos gravado un vídeo do baile para que poidades ver qué ben o fixeron os cativos e cativas, pero por motivos de privacidade non o podemos publicar neste blogue (xa que non temos a autorización de todos @s menores que se poden ver nel). Polo tanto, se algunha familia está interesada en ver de forma privada este vídeo, que se poña en contacto coa titora cando comece o curso.

Mentres tanto, para ir abrindo boca, aquí tedes estas imaxes da actuación.
Esperamos que vos guste!!