lunes, 16 de enero de 2012

Celebrando o nadal no cole

Nas entradas anteriores poidestes comprobar cómo celebramos o nadal no cole, pero ainda nos queda por ensinarvos o día no que os Reis Magos nos visitaron.
Foi unha mañá moi especial, xa que primeiro fomos botar as nosas cartas nas caixas de correo de Melchor, Gaspar e Baltasar, que estaban colocadas na entrada do cole.
Despois tomamos unha merenda especial, xa que nos corredores había unhas mesas cos alimentos navideños que trouxéramos das nosas casas: turrón, polvoróns, mazapán, trufas, noces, améndoas, figos... Un montonazo de cousas deliciosas!!
Pero non rematou aí a cousa, xa que todos os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ao pavillón, onde recibimos a visita dos Reis Magos que viñan recoller as nosas cartas, comprobar qué tal nos portáramos durante o ano e regalarnos caramelos.
Ademais de todo isto, como xa vos contamos, bailamos a canción de Rodolfo para o resto dos nosos compañeiros/as.
Vaia mañá máis completa que tivemos!!
E para que poidades facervos unha mellor idea de cómo foi, vos deixamos estas presentacións de fotos. Esperamos que vos gusten!

No hay comentarios:

Publicar un comentario