miércoles, 14 de marzo de 2012

Concerto Mamá Oca

Temos pendientes varias cousiñas que contarvos.
Entre outras, queremos ensinarvos a nosa primeira excursión.
Estábamos todos e todas moi emocionados e nerviosos, pero portámonos estupendísimamente!!
Encantounos ir en bus, chegar ao Palacio da Ópera (había unha cascada chulísima que nos deixou abraiados), entramos no auditorio e vimos moitos, moitíiiisimo instrumentos!!
Cando comezou o concerto estivemos moi atentos e atentas e escoitamos os contos que os músicos ían interpretando cos seus instrumentos.
A continuación vos deixamos estas presentacións de fotos para que poidades ver todo isto que vos estamos contando.



E aquí podedes vernos a todos no bus:



Xa temos ganas de facer outra excursión e dentro de pouco vos informaremos de cando será a proxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario