miércoles, 16 de mayo de 2012

Unidos somos máis fortes

A entrada de hoxe é un pouco diferente ás que facemos habitualmente pero a causa merece a pena.
Onte pola tarde celebrouse no salón de actos do noso cole unha charla para explicarnos ó profesorado e ás familias en qué consiste a doazón de médula ósea, xa que estamos a vivir no noso entorno varios casos de nenos/as afectados por leucemia, e desta forma podemos prestarlles axuda.
Nesta ocasión quixemos apoiar a Manu, un neno de 11 anos que padece esta enfermidade e que está buscando un doador que sexa compatible.

Aquí vos deixamos unha nova en La Voz de Galicia e outra no Ideal Gallego que tamén fan referencia ó mesmo:
Esta tarde explicóusenos detalladamente cómo é o proceso de doazón de médula ósea. Todas aquelas persoas que desexen entrar a formar parte do banco de doadores só precisan facer unha extracción de sangue para saber se existe algún receptor compatible. Se isto fose así, comezaría o proceso de doazón. Neste vídeo explícasenos con claridade en qué consiste todo isto:


Se clicades aquí poderedes visitar a web da Fundación Josep Carreras, onde atoparedes máis información sobre a doazón de médula ósea e sobre o REDMO (Rexistro de Donantes de Médula Ósea).

E se clicades aquí entraredes na páxina web de AEAL, a Asociación Española de Afectados de Leucemia.

Debemos reflexionar acerca do importante que é sensibilizarnos cara a doazón, tanto sexa de sangue, órganos ou, neste caso, a de médula ósea, xa que probablemente poucas veces nos paramos a pensar que temos nas nosas mans a posibilidade de darlle a outras persoas, coñecidas ou non, o regalo máis especial que se pode facer: a vida.

Mediante esta entrada do blogue queremos aportar un pequeno gran de area á causa de Manu e aproveitamos para enviarlle todo o noso apoio e cariño tanto a el como a súa familia e, por extensión, a todas aquelas familias que están pasando por unha situación semellante. 

Queremos rematar con enerxía positiva, así que vos deixamos a versión dunha canción actual, "What doesn't kill you makes you stronger" de Kelly Clarkson, realizada polos nenos e nenas da planta de oncoloxía do hospital de Seattle (Estados Unidos).
Todos somos Manu!!



1 comentario:

  1. decir que es un video emotivo es poco decir...Animo a Manu y a la familia, vamos a salir de esto!!!

    ResponderEliminar