viernes, 26 de octubre de 2012

Máis Samaín

Xa queda menos e xa case temos todo preparado.
Menos dunha semana para que chegue o Samaín!!
Moita xente pensa que estamos a copiar esta festa do Halloween dos americanos, pero en realidade case se podería dicir que o que ocorreu foi o contrario.
Os americanos festexan Halloween pola influencia dunha festa que antigamente celebraban os celtas, un pobo co que os galegos estamos moi relacionados.
Esta festa, precisamente, era o Samaín, ou a noite na que se cría que se abrían as portas do outro mundo e saían as pantasmas, esqueletes e bruxas, que os celtas trataban de asustar e espantar con cabazas que metían medo!!
Na nosa terra esta celebración estaba caendo no esquecemento, por iso tratamos de reavivala traballando sobre ela e ensinándolles aos nenos e nenas en qué consiste.
Unha das actividades que vimos realizando estes días é aprender esta canción do grupo Mamá Cabra. Deixámosvos a transcripción debaixo do vídeo para que vos resulte máis fácil aprendela.



Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a metros.

Óese dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo!!!

 Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

 Bailan, bailan as pantasmas,
 monstros, bruxas e curuxas.
 Bule, bule que aínda é cedo
 e hoxe toca pasar medo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario