martes, 27 de noviembre de 2012

MANDALAS DE OUTONO

Esta entrada é froito da petición popular. Nas clases estivemos traballando con mandalas e os nenos/as pedíronnos se podíamos poñer algunha máis no blogue para que as poidesen facer dende a casa. E aquí están!!

En primeiro lugar, imos comezar por explicarvos brevemente que son as mandalas e para que serve traballar con elas. As mandalas son figuras de disposición circular orixinarias das culturas orientais. Son moitos os beneficios que obtemos cando as coloreamos: melloran a concentración, a memoria, a creatividade... favorecen o reequilibrio persoal e a harmonización colectiva, axudan a combatir a fatiga e o estrés... E como éstas, aínda máis cousas.

Así foi que coa chegada do outono coloreamos nas clases algunha mandala de esta temática. Se picades aquí poderedes descargar estas mandalas que vedes a continuación, que son unha pequena recopilación das que atopamos en internet que están relacionadas co outono:

 


Para conseguir a relaxación e concentración mentres as coloreamos acompañamos esta actividade con música que contribúe a tal fin. Se buscades en youtube "música para mandalas" atoparedes infinidade de resultados. Moitos deles, con vídeos de imaxes caleidoscópicas, que case nos deixan hipnotizados cando as miramos, xa veredes....


Así que se vos animades a traballar na casa coas mandalas, xa nos contaredes qué tal foron os resultados da experiencia!!

2 comentarios:

  1. y Alén diciendome que Nuria le mandara unas mandalas a papa al ordenador.. y yo pensando que se volviera loco...menos mal q veo algo escrito aqui...q sino... jejej. y por cierto.. suena interesante.. haremos alguna..

    ResponderEliminar
  2. Non ía moi desencamiñado Alén!! jajajaja
    Esperamos que vos sirvan para sacarlles proveito.
    Graciñas polo comentario.
    Un saúdo

    ResponderEliminar