miércoles, 25 de enero de 2012

Preparando o Día da Paz

O próximo luns día 30 celebramos o Día da Paz.
No cole imos realizar un acto simbólico con globos blancos e, tamén, cantaremos esta canción da que vos deixamos a letra por se a queredes practicar na casa 
(a música é a da canción popular "Tengo una muñeca vestida de azul"):

Los peques del cole
queremos cantar
para que en el mundo 
reine la igualdad.

Para que en el mundo
siempre exista Paz
debemos querernos 
conocernos más.

Blancos, negros, chinos,
indios, ¿qué más da?
si nos abrazamos
traeremos Paz.

lunes, 16 de enero de 2012

Celebrando o nadal no cole

Nas entradas anteriores poidestes comprobar cómo celebramos o nadal no cole, pero ainda nos queda por ensinarvos o día no que os Reis Magos nos visitaron.
Foi unha mañá moi especial, xa que primeiro fomos botar as nosas cartas nas caixas de correo de Melchor, Gaspar e Baltasar, que estaban colocadas na entrada do cole.
Despois tomamos unha merenda especial, xa que nos corredores había unhas mesas cos alimentos navideños que trouxéramos das nosas casas: turrón, polvoróns, mazapán, trufas, noces, améndoas, figos... Un montonazo de cousas deliciosas!!
Pero non rematou aí a cousa, xa que todos os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ao pavillón, onde recibimos a visita dos Reis Magos que viñan recoller as nosas cartas, comprobar qué tal nos portáramos durante o ano e regalarnos caramelos.
Ademais de todo isto, como xa vos contamos, bailamos a canción de Rodolfo para o resto dos nosos compañeiros/as.
Vaia mañá máis completa que tivemos!!
E para que poidades facervos unha mellor idea de cómo foi, vos deixamos estas presentacións de fotos. Esperamos que vos gusten!

domingo, 15 de enero de 2012

Máis Rodolfo

Na entrada de onte puidestes ver qué ben se nos da bailar a ritmo de Rodolfo.
Nesta ocasión queremos deixarvos unhas cantas fotos "de familia" para que as teñades de recordo.
Aquí están os renos da clase dos caracois coa súa profe Charo.

Aquí temos os renos da clase das xirafas coa súa profe Mane.

Aquí vedes aos renos da clase das tartarugas coa súa profe Salvia.

E para rematar, aquí estamos todos xuntos: caracois, xirafas, tartarugas, Charo, Mane, Salvia e Nuria.


sábado, 14 de enero de 2012

Rodolfo el reno

Xa sabedes de sobra que a nosa canción favorita deste nadal foi "Rodolfo el reno". No cole, cada unha das clases interpretouna para o resto dos seus compañeiros/as de 4º de E.I. e, despois, todos xuntos para os compañeiros/as de 5º e 6º de E.I.
Aquí vos deixamos unha montaxe de cada unha das clases para que as familias poidades comprobar como estes cativos/as están feitos uns verdadeiros artistas!!



A clase dos caracois interpreta "Rodolfo el reno"

A clase das xirafas interpreta "Rodolfo el reno"





A clase das tartarugas interpreta "Rodolfo el reno"


miércoles, 11 de enero de 2012

Preparando o Nadal

Agora mesmo xa remataron estas festas pero, antes de que empezasen, no cole estivémonos preparando como é debido.
A continuación deixámosvos cunhas presentacións de fotos para que vexades qué cousas fixeron os caracois, as xirafas e as tartarugas para decorar as súas clases para o Nadal.

miércoles, 4 de enero de 2012

Cumples decembro

Qué tal estades pasando as vacacións?
Seguro que estades disfrutando cada momento!!
Aproveitamos para desexarvos un bo ano 2012 e esperamos que entrárades nel con bo pé e sen atragantarvos coas uvas!!
Pouquiño a pouco imos ir retomando a actividade no blog e hoxe comezamos por felicitar a todos aqueles cativos/as máis pequenos do noso cole: aqueles que cumpliron os 3 anos no mes de decembro.
Así que moitas felicidades para Ricardo, da clase dos caracois, para Alberto e Adrián, da clase das xirafas, e para Lola e Iván, da clase das tartarugas.




E, como tódolos meses, deixámosvos un pouco de música para celebralo e, nesta ocasión, aproveitamos tamén para ambientar a época que estamos rematando...