Temos un montón de cousas pendientes de contarvos e ensinarvos, así que preparádevos porque estes días haberá movemento polo blogue.
Comezamos por mostrarvos cómo celebramos no cole o Día das Letras Galegas.
Este ano adicouse ao autor Valentín Paz Andrade.
Todos os nenos e nenas do cole celebrámolo xuntos cantando e bailando ao son dun grupo de gaiteiros que nos deleitaron coa súa música. Incluso algunha profe se animou a acompañalos coa pandeireta!!
Aquí vos deixamos unha presentación de fotos para que vexades qué atentos/as estábamos e qué ben o pasamos.
Os nenos e nenas levan semanas expectantes por unha excursión moi especial e por fin xa case chegou o ansiado día. Este próximo luns 21 de maio visitaremos Marcelle.
A entrada no cole será á hora habitual, ás 9:30, e o regreso está previsto para as 17:30. A esta hora as familias deberán esperar aos seus fillos á porta da súa respectiva aula, como de costume.
Aquí vos deixamos unha presentación na que podedes ver qué animais viven en Marcelle:
Aproveitamos para recordarvos que mañá é festivo debido á celebración do Día das Letras Galegas e que o venres é día non lectivo neste centro. Polo tanto a próxima vez que haberá cole será o luns, cando iremos de excursión.
A entrada de hoxe é un pouco diferente ás que facemos habitualmente pero a causa merece a pena.
Onte pola tarde celebrouse no salón de actos do noso cole unha charla para explicarnos ó profesorado e ás familias en qué consiste a doazón de médula ósea, xa que estamos a vivir no noso entorno varios casos de nenos/as afectados por leucemia, e desta forma podemos prestarlles axuda.
Nesta ocasión quixemos apoiar a Manu, un neno de 11 anos que padece esta enfermidade e que está buscando un doador que sexa compatible.
E se clicades aquí veredes á súa nai falando do caso.
Esta tarde explicóusenos detalladamente cómo é o proceso de doazón de médula ósea. Todas aquelas persoas que desexen entrar a formar parte do banco de doadores só precisan facer unha extracción de sangue para saber se existe algún receptor compatible. Se isto fose así, comezaría o proceso de doazón. Neste vídeo explícasenos con claridade en qué consiste todo isto:
Se clicades aquí poderedes visitar a web da Fundación Josep Carreras, onde atoparedes máis información sobre a doazón de médula ósea e sobre o REDMO (Rexistro de Donantes de Médula Ósea).
E se clicades aquí entraredes na páxina web de AEAL, a Asociación Española de Afectados de Leucemia.
Debemos reflexionar acerca do importante que é sensibilizarnos cara a doazón, tanto sexa de sangue, órganos ou, neste caso, a de médula ósea, xa que probablemente poucas veces nos paramos a pensar que temos nas nosas mans a posibilidade de darlle a outras persoas, coñecidas ou non, o regalo máis especial que se pode facer: a vida.
Mediante esta entrada do blogue queremos aportar un pequeno gran de area á causa de Manu e aproveitamos para enviarlle todo o noso apoio e cariño tanto a el como a súa familia e, por extensión, a todas aquelas familias que están pasando por unha situación semellante.
Queremos rematar con enerxía positiva, así que vos deixamos a versión dunha canción actual, "What doesn't kill you makes you stronger" de Kelly Clarkson, realizada polos nenos e nenas da planta de oncoloxía do hospital de Seattle (Estados Unidos).
Todos somos Manu!!
Hoxe celebramos que é o Día da Familia e, ademais de levarlles moitos bicos para as nosas nais, pais, irmás, irmáns, avós, avoas, tíos/as, curmáns..., tamén recordamos que as mascotas forman parte da nosa familia.
Por iso hoxe recibimos nas nosas clases a visita de dúas tartarugas un tanto sorprendidas por atoparse con tantos nenos e nenas. Foi unha auténtica sorpresa!! Coidámolas moi ben, así que seguro que lles gustará voltar outro día a facer outra visita.
Para que vexades cómo disfrutamos hoxe, aquí vos deixamos esta presentación...
E, para rematar, unha canción que cantamos moito últimamente xa que fala sobre algúns dos animais que pronto imos ir ver a Marcelle; entre eles, por suposto, as tartarugas: