domingo, 27 de enero de 2013

PETICION DE COLABORACIÓN ÁS FAMILIAS

Durante a pasada semana os nenos/as levaron para casa unhas notas (que podedes consultar aquí) para pedir a colaboración das familias na celebración do día da paz e no entroido. Tamén queremos utilizar este blogue como medio para pedirvos o mesmo, unha vez máis.

DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz. Entre outras actividades, sairemos ao patio para cantar cancións sobre a paz e para formar xuntos, todos os nenos e nenas do colexio, un gran lazo da paz, do que procuraremos sacar unha imaxe "dende arriba".

Esta fotografía do CEIP El Sol, pode darvos unha idea do que pretendemos facer (só que no noso caso, a figura que formaremos será un lazo da paz).

Para que isto sexa máis vistoso, procuraremos ir vestidos todos iguais: cunha camiseta branca.
Por iso vos pedimos que colaboredes enviándolle aos vosos fillos/as unha camiseta branca metida dentro dunha bolsa (a bolsa deberá ir marcada co nome do neno/a). Para realizar esta actividade, ese día poñerémoslles a camiseta por riba do mandilón.


DÍA DO ENTROIDO

O venres 8 de febreiro celebraremos o entroido no noso colexio. Este ano, os diferentes niveis irán disfrazados de diversos contos populares. No noso caso, o nivel de 5º de Educación Infantil, disfrazarémonos do "Gato con botas"

Nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que ese día os nenos e nenas veñan todos vestidos de negro e cunhas botas; a poder ser, botas de caña alta e lisas (sen debuxos nin estampados), por exemplo, unhas botas de auga.

Para o resto dos complementos do disfraz, xa estamos traballando na súa elaboración nas clases.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario